From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXI Festival da Canción de Eurovisión celebrouse no Globen Arena da cidade de Estocolmo, Suecia os días 10, 12 e 14 de maio de 2016, logo de que o seu representante Måns Zelmerlöw obtivese a vitoria coa canción «Heroes» na edición de 2015.[4][5] Foi a sexta vez que Suecia organizou un Festival de Eurovisión, sendo a anterior ocasión a edición de 2013. Foi por outra banda a terceira vez de Estocolmo como cidade anfitrioa tras os festivais de 1975 e 2000.[6] O evento foi presentado de novo pola anfitrioa da edición de 2013, Petra Mede, e o gañador da edición anterior Måns Zelmerlöw.
Festival de Eurovisión 2016 | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 10 de maio |
Semi-final 2 | 12 de maio |
Final | 14 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Globen Arena Estocolmo, Suecia |
Presentador(es) | Måns Zelmerlöw Petra Mede |
Participantes | |
Participantes | 42 [1][2] |
Países que retornan | Bosnia e Hercegovina Bulgaria Croacia Ucraína |
Países que se retiran | Portugal Romanía |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "1944", Jamala Ucraína [3] |
Festival de Eurovisión | |
◄2015 2017► |
Nesta edición participaron 42 países. Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia e Ucraína regresaron ao festival, e Australia volveu despois de debutar como país invitado na edición pasada; por outra banda, Portugal foi o único país retirado respecto da edición anterior. Nun primeiro momento ía participar Romanía porén, trala expulsión da TVR da Unión Europea de Radiodifusión, o país perdeu o dereito a participar nesta edición.[2]
O festival foi notable por ser a primeira vez desde 1975 na que o procedemento de votación cambiou de xeito considerable: cada país outorgou 1-8, 10 e 12 puntos en dúas ocasións, unha polo xurado profesional e outra polo televoto. Na final, as votacións do televoto de todos os países anunciáronse de forma conxunta, unha vez que os portavoces de todos os países anunciaron os votos do xurado do xeito tradicional. O peso do xurado e televoto foi do 50% respecto ao resultado global respectivamente.[7]
As datas provisionais do certame foron anunciadas o 16 de marzo en Viena, Austria. As semifinais tiveron lugar o 10 e o 12 de maio de 2016, e a final o día 14 de maio de 2016.
Unha vez finalizado o festival de 2015, a televisión sueca SVT comezou cos preparativos para a seguinte edición. O 24 de maio de 2015, a SVT expresou que a primeira opción para albergar o Festival do 2016 era o Tele2 Arena de Estocolmo. Porén, tamén anunciou que se abriría un prazo en semanas sucesivas para recibir propostas doutras cidades e estadios.[8] O Scandinavium en Gotemburgo, ademais do Friends Arena no distrito de Solna, e o Globen Arena en Estocolmo optaron a ser a sede para albergar o Festival. Pola outra banda, o Malmö Arena de Malmö, que acolleu a edición de 2013, anunciou a súa negativa a optar a ser sede para 2016.[9] A decisión final sería comunicada pola SVT a mediados do xullo o principios de agosto.[8]
Cidade | Sede | Capacidade | Información |
---|---|---|---|
Estocolmo | Friends Arena | 65.000 | Sede da final do Melodifestivalen 2013, 2014 e 2015. |
Tele2 Arena | 45.000 | Recibiu o Rebel Heart Tour de Madonna ou o True Tour de Avicii. | |
Globen Arena | 16.000 | Sede do Festival de Eurovisión 2000. | |
Gotemburgo | Scandinavium | 14.000 | Sede do Festival de Eurovisión 1985. |
O 8 de xullo de 2015, deuse a coñecer o resultado do proceso de licitación e con el a cidade sede do festival, Estocolmo; informándose ademais que o recinto sede sería o estadio Globen Arena que conta cunha capacidade de 16.000 espectadores. Así mesmo, o Holvet albergaría as diferentes delegacións de periodistas dos diversos países, mentres que o Annexet aloxaría ás delegacións dos países participantes e convidados[10]. Esta foi a terceira ocasión en que a capital sueca acolleu o Festival de Eurovisión (tras as edicións 1975 e 2000), e a segunda vez que se celebra no Globen Arena (tras a edición 2000).[5]
A cadea de televisión estatal SVT fixo público o presuposto co que conta para realizar o certame desta edición. O tope máximo imposto pola cadea son 125 millóns de coroas suecas, que ao cambio son aproximadamente 13 millóns de euros.[11]
A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 26 de novembro de 2015 sumando en total 43 países inscritos, co cal iguálase o récord de participantes establecido nos festivais de 2008 e 2011. Cabe destacar o retorno de Bosnia e Hercegovina, ao confirmar a BHRT a súa participación recorrendo a patrocinios externos, así como os regresos de Bulgaria, Croacia e Ucraína, e a continuación no concurso de Australia, que debutara na anterior edición nun principio como participante excepcional para celebrar o 60º aniversario do festival. Pola contra, a cadea de televisión lusa RTP anunciou a súa retirada, sendo a terceira ocasión consecutiva na que o país se retira do festival cando este se celebra en territorio sueco. Porén, comprometeuse a retornar para o 2017.[12]
A poucos días de finalizar o festival de 2015, o Gran Ducado de Luxemburgo, por medio da cadea RTL, anunciou un ano máis a súa ausencia no Festival.[13] Pouco despois Andorra fixo o mesmo, seguido por Mónaco; países que están ausentes desde 1993, 2009 e 2006 respectivamente.[14][15]
Existieron rumores acerca do retorno de Eslovaquia, país ausente desde a edición de 2012. Porén, a cadea de televisión RTVS confirmou que non regresarían nesta edición.[16] A TRT, a cadea de Turquía, informou que non regresarían ao festival debido ao actual sistema de votación e a clasificación directa do coñecido como "Big Five".[17] Líbano, pola súa banda, deu a sorpresa este ano afirmando que estaban valorando debutar no certame, unha posibilidade que finalmente non puido concretarse.[18]
Por outra banda, delegacións de Kosovo e China anunciaron a súa intención de participar.[19][20] Porén, a UER descartou un probable debut do primeiro por non ser considerado como un Estado con recoñecemento internacional á vez que a súa empresa de radiotelevisión, a RTK non é un membro activo ou asociado. Respecto á China, a UER respondeu que a posibilidade está aberta e sempre están na busca de novos elementos, existindo a posibilidade dun debut en edicións sucesivas á presente.[21].
O 17 de novembro de 2015, na cidade de Glasgow, Escocia, o supervisor executivo do Festival, Jon Ola Sand, anunciou que o Grupo de Referencia da UER, o órgano reitor do Festival de Eurovisión, votou por unanimidade a favor da participación de Australia. A invitación a participar non é só para este ano e esténdese para facelo de xeito continuado e pasando polas semifinais ao igual que o resto de países, coa excepción do Big Five.[22]
País e TV | Título orixinal da canción | Artista | Proceso e data de selección |
---|---|---|---|
Tradución ao galego | Linguas | ||
Albania[23] RTSH |
"Fairytale love " | Eneda Tarifa | Festivali i Këngës 54, 27-12-2015 |
Amor de conto de fadas | inglés | ||
Alemaña[24][25] NDR |
"Ghost" | Jamie-Lee Kriewitz | Unser Lied für Stockholm , 25-02-2016 |
Pantasma | Inglés | ||
Armenia[26] AMPTV |
"LoveWave" | Iveta Mukuchyan[27] | Presentación canción, ??-01-2016 (cantante elixido internamente, 13-10-2015)[28] |
Onda de amor | Inglés | ||
Australia[29] SBS |
"Sound of Silence" | Dami Im | - |
Son do silencio | Inglés | ||
Austria[30] ORF |
"Loin d'ici" | Zoë | Wer singt für Österreich?, 12-02-2016 |
Lonxe de aquí | Francés | ||
Acerbaixán[31] Ictimai |
"Miracle" | Samra | - |
Milagre | Inglés | ||
Bélxica[32] VRT |
"What's the pressure?" | Laura Tesoro | Eurosong 2016, 17-01-2016 |
Que présa hai? | Inglés | ||
Belarús[33] BTRC |
"Help you fly" | Ivan | Eurofest 2016, 22-01-2016 [34] |
Axudarte a voar | Inglés | ||
Bosnia e Hercegovina[35] BHRT |
"Ljubav je" | Deen, Dalal Midhat y Ana Rucner[36] | Presentación canción, 19-02-2016 (cantante elixido internamente, 25-11-2015) |
O amor é | Bosníaco | ||
Bulgaria[37] BNT |
"If Love Was a Crime" | Poli Genova | Presentación canción, ??-03-16 (cantante elixido internamente, 19-02-16) |
Se o amor fose un crime | Inglés, búlgaro | ||
Chipre[38] CyBC |
"Alter Ego" | Minus One[39] | Presentación canción, 01-02-2016 |
O outro eu | inglés | ||
Croacia[37] HRT |
"Lighthouse" | Nina Kraljić | - |
Faro | Inglés | ||
Dinamarca[40] DR |
"Soldiers of love" | Lighthouse X | Dansk Melodi Grand Prix 2016, 13-02-2016 |
Soldados do amor | Inglés | ||
Eslovenia[41] RTVSLO |
"Blue and red" | ManuElla | EMA 2016, 27-02-2016 [42] |
Azul e vermello | Inglés | ||
España[43] TVE |
Sai yay! | Barei | Objetivo Eurovisión, 01-02-2016 |
Di hurra! | Inglés | ||
Estonia[44] ERR |
"Play" | Jüri Pootsmann | Eesti Laul 2016, 05-03-2016[45] |
- | - | ||
Finlandia[46] YLE |
"Sing it away" | Sandhja | Uuden Musiikin Kilpailu 2016, 27-02-2016[47] |
Desquítate cantando | Inglés | ||
Francia[48] France 2 |
"J'ai cherché" | Amir Haddad | Elección interna, 29-02-2016 |
Busquei | Francés e inglés | ||
Xeorxia[49] GPB |
"Midnight gold" | Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz | Elección da Canción, 15-02-2016 (cantante elixido internamente, 15-12-2015) |
Ouro de medianoite | Inglés | ||
Grecia[50] ERT |
"Utopian land" | Argo[51] | Elección da Canción, 03-2016 (cantante elixido internamente, 09-02-2015) |
Terra utópica | Grego, grego póntico e inglés | ||
Hungría[52] MTV |
"Pioneer" | Freddie | A Dal 2016, 27-02-2016 |
Pioneiro | Inglés | ||
Irlanda[53] RTÉ |
"Sunlight" | Nicky Byrne | Elección Interna, 13-01-2016 |
Luz do sol | Inglés | ||
Islandia[54] RÚV |
"Hear them calling" | Gréta Salóme | Söngvakeppni Sjónvarpsins 2016, 20-02-2016 |
Escóitaos chamar | Inglés | ||
Israel[55] IBA |
"Made of Stars" | Hovi Star | The Next Star, ??-??-2016 |
Feito de estrelas | Inglés | ||
Italia[56] RAI |
"No Degree of Separation" | Francesca Michielin[57] | Festival de San Remo, 13-02-2016[Nota 1] (cantante elixido internamente, 14-02-2016) |
Ningún grao de separación | Inglés, Italiano | ||
Letonia[59] LTV |
"Heartbeat" | Justs | Supernova 2016, 28-02-2016 |
Latido | Inglés | ||
Lituania[60] LRT |
"I've Been Waiting for This Night" | Donny Montell | Eurovizijos 2016, 27-02-2016 [61] |
Estiven agardando por esta noite | Inglés | ||
República de Macedonia [62] MKRTV |
"Dona" | Kaliopi | Presentación canción, 07-03-2016 (cantante elixido internamente, 24-11-2015) |
- | Macedonio | ||
Malta[63] PBS |
"Walk on Water" | Ira Losco | Malta Eurovision Song Contest 2016, 23-01-2016 [64] |
Camiñando sobre a auga | Inglés | ||
Moldavia[65] TRM |
"Falling stars" | Lidia Isac | O Melodie pentru Europa, 27-02-2016 |
Estrelas fugaces | Inglés | ||
Montenegro[66] RTCG |
"Real thing" | Highway[67] | Presentación canción, ??-??-2016 (cantante elixido internamente, 02-10-2015)[68] |
Cousa real | Inglés | ||
Noruega[69] NRK |
"Icebreaker" | Agnete | Melodi Grand Prix 2016, 27-02-2016 [70] |
Quebraxeos | Inglés | ||
Países Baixos[71] AVROTROS |
"Slow Down" | Douwe Bob[72] | Presentación canción, 02-03-2016 [73] (cantante elixido internamente, 22-09-2015)[74] |
Desacelerar | Inglés | ||
Polonia[75] TVP |
"Color of Your Life" | Michał Szpak | Elección Interna ??-02-2016[76] |
A cor da túa vida | Inglés | ||
Reino Unido[77] BBC |
"You're not alone" | Joe & Jake | Eurovision: You Decide, 26-02-2016 |
Non estás soa | Inglés | ||
República Checa[78] ČT |
"I Stand" | Gabriela Gunčíková | Elección Interna ??-02-2016 |
Estou | Inglés | ||
Romanía[79] TVR |
"Moment of Silence" | Ovidiu Anton | - |
Momento do silencio | Inglés | ||
Rusia[80] RTR |
"You Are the Only One" | Sergey Lazarev[81] | Presentación canción, ??-??-2016 (cantante elixido internamente, 10-12-2015) |
Ti es a única | Inglés | ||
San Marino[82] SMRTV |
"I Didn't Know" | Serhat | Presentación canción, ??-??-2016 (cantante elixido internamente, 12-01-2016) |
Non sei | Inglés | ||
Serbia[83] RTS |
"Goodbye (Shelter)" | Sanja Vučić ZAA | - |
Adeus | Inglés | ||
Suecia[84] SVT |
"If I Were Sorry" | Frans | Melodifestivalen 2016, 12-03-2016[85] |
Se eu estivese triste | Inglés | ||
Suíza[86] SRG SSR |
"The last of our kind" | Rykka | Die Grosse Entscheidungsshow, 13-02-2016[86] |
Os últimos da nosa especie | Inglés | ||
Ucraína[87] NTU |
"1994" | Jamala | Final Nacional, 20-02-2016[88][90] |
- | Inglés e tártaro de Crimea | ||
Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido) e o anfitrión Suecia teñen garantido o seu pase á final de Eurovisión 2016 que se celebrará o 14 de maio.
Os outros 37 países terán que gañar este posto nas semifinais. Os dez máis votados de cada semifinal conseguirán o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuará cada candidatura e en que metade (primeira ou segunda), levarase a cabo o 25 de xaneiro de 2016. Para o sorteo, os participantes serán repartidos en cinco bombos en razón ao seu lugar xeográfico e tendencia nas votacións. Cabe destacar que Israel solicitou a UER participar na segunda semifinal para que a súa participación non coincida coa festividade do Yom Hazikarón, día nacional dos caídos.[91] Do mesmo xeito, Alemaña votará na segunda semifinal debido a razóns de estrita programación.[92]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
---|---|---|---|---|---|
1.ª semifinal 10 de maio de 2016 |
2.ª semifinal 12 de maio de 2016 | ||
---|---|---|---|
Croacia Finlandia Moldova Armenia Grecia Hungría Rusia Países Baixos San Marino |
Acerbaixán Chipre Malta Bosnia e Hercegovina Estonia República Checa Montenegro Islandia Austria |
Letonia Belarús Irlanda Suíza República de Macedonia Australia Lituania Polonia Israel Serbia |
Albania Bulgaria Dinamarca Xeorxia Romanía Eslovenia Noruega Ucraína Bélxica |
Con dereito a voto: Suecia Francia España |
Con dereito a voto: Alemaña Italia Reino Unido |
A primeira semifinal tivo lugar o 10 de maio e a segunda o 12 de maio de 2016. Os clasificados de ambas as semifinais uniranse na final do 14 de maio co país anfitrión, Suecia e os do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido).
Durante unha reunión do Grupo de Referencia da UER en Berlín, acordouse que a partir da presente edición os países do chamado Big Five presentarían as súas cancións na semifinal na que lles correspondese votar, pero mantendo o seu pase directo á Gran Final. Esta norma tamén se aplicará ao país anfitrión, neste caso Suecia.[93]
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
Primeira metade | |||||
01 | Finlandia | Sandhja | "Sing It Away" | 15 | 51 |
02 | Grecia | Argo | "Utopian Land" | 16 | 44 |
03 | Moldova | Lidia Isac | "Falling Stars" | 17 | 33 |
04 | Hungría | Freddie | "Pioneer" | 04 | 197 |
05 | Croacia | Nina Kraljić | "Lighthouse" | 10 | 133 |
06 | Países Baixos | Douwe Bob | "Slow Down" | 05 | 197 |
07 | Armenia | Iveta Mukuchyan | "LoveWave" | 02 | 243 |
08 | San Marino | Serhat | "I Didn't Know" | 12 | 68 |
09 | Rusia | Sergey Lazarev | "You Are the Only One" | 01 | 342 |
Segunda metade | |||||
10 | República Checa | Gabriela Gunčíková | "I Stand" | 09 | 161 |
11 | Chipre | Minus One | "Alter Ego" | 08 | 164 |
12 | Austria | Zoë | "Loin d'ici" | 07 | 170 |
13 | Estonia | Jüri Pootsmann | "Play" | 18 | 24 |
14 | Acerbaixán | Samra | "Miracle" | 06 | 185 |
15 | Montenegro | Highway | "The Real Thing" | 13 | 60 |
16 | Islandia | Gréta Salóme | "Hear them calling" | 14 | 51 |
17 | Bosnia e Hercegovina | Deen, Dalal Midhat e Ana Rucner | "Ljubav je" | 11 | 104 |
18 | Malta | Ira Losco | "Walk on Water" | 03 | 209 |
A Romanía asignóuselle orixinalmente actuar no posto 12º, pero tras ser expulsado do certame por débedas coa UER, aos países que debían actuar tras o posto 13º asignóuselles o posto anterior na orde de saída.[2]
Nº | País | Intérprete(s) | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
Primeira metade | |||||
01 | Letonia | Justs | "Heartbeat" | 08 | 132 |
02 | Polonia | Michał Szpak | "Color of Your Life" | 06 | 151 |
03 | Suíza | Rykka | "The last of our kind" | 18 | 28 |
04 | Israel | Hovi Star | "Made of Stars" | 07 | 147 |
05 | Belarús | Ivan | "Help you fly" | 12 | 84 |
06 | Serbia | Sanja Vučić ZAA | "Goodbye (Shelter)" | 10 | 105 |
07 | Irlanda | Nicky Byrne | "Sunlight" | 15 | 46 |
08 | República de Macedonia | Kaliopi | "Dona" (Дона) | 11 | 88 |
09 | Lituania | Donny Montell | "I've Been Waiting for This Night" | 04 | 222 |
10 | Australia | Dami Im | "Sound of Silence" | 01 | 330 |
Segunda metade | |||||
11 | Eslovenia | ManuElla | "Blue and Red" | 14 | 57 |
12 | Bulgaria | Poli Genova | "If Love Was a Crime" | 05 | 220 |
13 | Dinamarca | Lighthouse X | "Soldiers of love" | 17 | 34 |
14 | Ucraína | Jamala | "1944" | 02 | 287 |
15 | Noruega | Agnete | "Icebreaker" | 13 | 67 |
16 | Xeorxia | Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz | "Midnight Gold" | 09 | 123 |
17 | Albania | Eneda Tarifa | "Fairytale" | 16 | 45 |
18 | Bélxica | Laura Tesoro | "What's the pressure?" | 03 | 247 |
Nº | País | Intérprete(s) | Canción |
---|---|---|---|
Expulsado | Romanía | Ovidiu Anton | "Moment of Silence" |
Nº | País | Intérprete | Canción | Lugar | Pts. |
---|---|---|---|---|---|
01 | Bélxica | Laura Tesoro | "What's the pressure?" | 10 | 181 |
02 | República Checa | Gabriela Gunčíková | "I stand" | 25 | 41 |
03 | Países Baixos | Douwe Bob | "Slow down" | 11 | 153 |
04 | Acerbaixán | Samra Rahimli | "Miracle" | 17 | 117 |
05 | Hungría | Freddie | "Pioneer" | 19 | 108 |
06 | Italia | Francesca Michielin | "No degree of separation" | 16 | 124 |
07 | Israel | Hovi Star | "Made of stars" | 14 | 135 |
08 | Bulgaria | Poli Genova | "If love was a crime" | 4 | 307 |
09 | Suecia | Frans | "If I were sorry" | 5 | 261 |
10 | Alemaña | Jamie-Lee Kriewitz | "Ghost" | 26 | 11 |
11 | Francia | Amir Haddad | "J'ai cherché" | 6 | 257 |
12 | Polonia | Michał Szpak | "Color of your life" | 8 | 229 |
13 | Australia | Dami Im | "Sound of silence" | 2 | 511 |
14 | Chipre | Minus One | "Alter Ego" | 21 | 96 |
15 | Serbia | Sanja Vučić | "Goodbye (Shelter)" | 18 | 115 |
16 | Lituania | Donny Montell | "I've Been Waiting for This Night" | 9 | 200 |
17 | Croacia | Nina Kraljić | "Lighthouse" | 23 | 73 |
18 | Rusia | Sergey Lazarev | "You are the only one" | 3 | 491 |
19 | España | Barei | "Say Yay!" | 22 | 77 |
20 | Letonia | Justs | "Heartbeat" | 15 | 132 |
21 | Ucraína | Jamala | "1944" | 1 | 534 |
22 | Malta | Ira Losco | "Walk on water" | 12 | 153 |
23 | Xeorxia | Nika Kocharov & Young Georgian Lolitaz | "Midnight gold" | 20 | 104 |
24 | Austria | Zoë | "Loin d'ici" | 13 | 151 |
25 | Reino Unido | Joe & Jake | "You're not alone" | 24 | 62 |
26 | Armenia | Iveta Mukuchyan | "LoveWave" | 7 | 249 |
A UER deu un ultimato á cadea pública romanesa, TVR, para que efectuase o pago da súa débeda acumulada de aproximadamente 15 millóns de euros, baixo risco de perder a subministración de contidos e servizos que esta lle proporciona, entre os que se encontra o Festival de Eurovisión. A rede europea expresou á canle de xeito verbal que a súa participación no certame deste ano podía ser a súa primeira penalización, negando ademais o sinal por satélite. Tamén se puxo en contacto co goberno do país, o Ministerio de Economía e o parlamento romanés para que se comprometese formalmente ao pago o antes posible.
A pesar disto, tras a crise financeira pola que atravesa a cadea estatal e ante o silencio do goberno romanés ao pago da débeda, a UER decidiu o 22 de abril de 2016 a expulsión de Romanía da competición. Este país ía estar representado por Ovidiu Anton e a canción "Moment of silence", estando previsto que actuase no posto 12.º da segunda semifinal, logo de Eslovenia e antes de Bulgaria[94]. A directora xeral da UER, Ingrid Deltenre, expresou o seguinte: "Parécenos lamentable vernos obrigados a tomar esta medida. Estamos decepcionados, porque todos os nosos intentos de resolver este asunto non tiveron ningunha resposta por parte do goberno romanés. Durante as últimas semanas, contactamos co Ministerio de Economía para suxerir que a televisión pública romanesa inicie un proceso de insolvencia, que derive nunha profunda reestruturación da cadea. A UER é unha asociación sen ánimo de lucro que representa a 73 organismos de radiodifusión en 56 países, e o continuo endebedamento da TVR pon en perigo a nosa propia estabilidade financeira".[95]
Con esta medida, Romanía tamén perde o acceso e emisión non só de grandes eventos como Eurovisión, a Eurocopa 2016 ou os Xogos Olímpicos de 2016, senón tamén outras retransmisións deportivas, intercambio de imaxes de informativos, lexislación e normativa europea do sector, coproduccións, formación e reunións profesionais, entre outras vantaxes.[96]
Para evitar mensaxes de contido político entre o público asistente do Globen Area, o 28 de abril de 2016 a organización do festival (SVT) emitiu un comunicado prohibindo utilizar bandeiras que non sexan de Estados Soberanos, así como calquera tipo de bandeira rexional, provincial ou local. A modo de exemplo, difundiuse unha lista entre as cales se atopaban as de Kosovo, o Estado Islámico, Palestina e o País Vasco. Isto orixinou que o Goberno Vasco protestase ante o embaixador de Suecia en España pola equiparación da ikurriña á bandeira do Estado Islámico (tamén coñecida como organización terrorista ISIS) e propuxo unha posible retirada de España do concurso como forma de protesta; de igual xeito o presidente do Congreso dos Deputados de España, Patxi López, cualificou a prohibición da ikurriña como algo "inadmisible" e a Vicepresidenta do Goberno en funcións, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmou en roda de prensa tras unha reunión do Consello de Ministros, que a ikurriña é unha bandeira "constitucional, legal e lexítima" e que o Executivo "defenderaa onde faga falta"[97][98][99] . Pola súa banda Televisión Española (TVE) solicitou unha explicación inmediata á UER do motivo da decisión adoptada polo país anfitrión.
Por outra banda, o Goberno de Kosovo e Radio e Televisión de Kosovo (RTK) fixeron o propio manifestando a súa desconformidade con esta medida, alegando que son unha nación pacífica, actualmente recoñecida como estado independente por 102 países, dos cales 30 participarán na competencia, considerando incluso a prohibición como un insulto ao seu país e os seus cidadáns; así mesmo, os executivos da canle estatal indicaron que isto lles xera preocupación, máis aínda se se produce a poucos días da reunión co Grupo de Referencia da UER onde se debatería o seu probable debut na edición 2017.[100]
Ás poucas horas, a UER ordenou á SVT que eliminase inmediatamente o documento que incluía os exemplos de bandeiras e que publicase no seu lugar o documento oficial sen os exemplos, rectificando deste xeito o erro cometido e pedindo desculpas ás nacións e territorios que se sentiron ofendidos por parte dos organizadores deste ano, agregando que nos próximos días se realizaría unha conferencia de prensa explicando detalladamente os incidentes ocorridos.[101]
Pese a iso, Palestina emitiu un comunicado de protesta a través do Ministerio de Cultura, indicando que: "A decisión do país organizador debe ser considerada como unha humillación á historia, a cultura e os dereitos do pobo palestino, que ten o dereito a izar a súa bandeira en eventos e festivais internacionais, como o fan todos os países do mundo. Esta decisión vai en contra dos esforzos internacionais para lograr a estabilidade e a xustiza para o noso pobo, que ten o dereito a vivir en paz e con dignidade, sobre todo despois de que Palestina se unise oficialmente ás Nacións Unidas e a súa bandeira se eleve fronte á súa sede"; instando á UER a que ofreza unha desculpa pública.[102]
Finalmente, o 6 de maio, o Grupo de Referencia da UER decidiu relaxar a política de bandeiras e permitir as bandeiras rexionais e provinciais dos artistas participantes (como a bandeira de Laponia pola orixe saami da representante de Noruega, ou a de Gales pola orixe galesa dun dos representantes británicos), así como tomar un enfoque máis tolerante co resto de bandeiras, sempre que a audiencia asistente respecte a "natureza non política" do certame e non obstrúa a visión das cámaras "deliberadamente".[103]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.