Remove ads
grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI)[1] ou Daesh (داعش),[2] é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo.[3][4] Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental,[5] seguida da captura de Mosul[6] e o masacre de Sinjar.[7]
O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. EI é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións[8] a militares e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural.[9] As Nacións Unidas consideran a Estado Islámico responsable de violar os dereitos humanos e de crimes de guerra. EI tamén realizou limpeza étnica a grande escala no norte de Iraq.[10]
Estado Islámico naceu como Jama'at al-Tawhid wal-Jihad en 1999, prometendo lealdade a al-Qaeda e participaron na insurxencia iraquí despois da invasión do país de 2003 por forzas occidentais e principalmente polos Estados Unidos. O grupo proclamouse a si mesmo califato mundial[11][12] e comezou a referirse a si mesmo como Estados Islámico (en árabe: الدولة الإسلامية ad-Dawlah al-Islāmiyah) ou IS[13] en xuño de 2014. Como califato, reclamou autoridade relixiosa, política e militar sobre tódolos musulmáns do mundo.[14] A adopción do nome de Estado Islámico e a idea dun califato foron amplamente criticados, polo cal as Nacións Unidas, varios gobernos e representantes mundiais musulmáns rexeitaron a súa calidade de estado.[15]
En Siria, o grupo levou a cabo ataques contra as forzas do goberno e ás forzas da oposición, e en decembro de 2015 controlaban unha grande área do oeste de Iraq e o leste de Siria, cunha poboación estimada de 2,8 a 8 millóns de persoas,[16][17][18] onde cumprían a súa propia interpretación da xaria. Crese que EI está operativo en 18 países en todo o mundo, incluíndo Afganistán e Paquistán, con "pólas aspirantes" en Malí, Exipto, Somalia, Bangladesh, Indonesia e Filipinas.[19][20][21][22] En 2015, estimouse o orzamento anual de EI en máis de $1 billón de dólares estadounidenses e unha forza de máis de 30 000 soldados.[23]
En xullo de 2017, o grupo perdeu o control da súa meirande cidade, Mosul, en prol do exército iraquí.[24] Despois da súa meirande derrota, EI continuou a perder territorio en varios estados e fronte a forzas aliadas, chegando a non controlar ningún territorio significativo en novembro de 2017.[25] Os oficiais militares dos Estados Unidos e outras análises militares reportaron en decembro de 2017 que o grupo só mantiña o 2% do territorio que tiña anteriormente.[26] O 10 de decembro de 2017, o Primeiro Ministro iraquí Haider al-Abadi dixo que as forzas iraquí eliminaron os últimos restos do Estado Islámico no país, tres anos despois de que o grupo militante capturase preto dun terzo do territorio iraquí.[27]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.