Festival de Eurovisión 2017
LXII Festival de música sonado celebrado de xeito anual en Europa From Wikipedia, the free encyclopedia
O LXII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar en Ucraína os días 9, 11 e 13 de maio de 2017[9][10] trala vitoria de Jamala na edición de 2016 coa canción "1944".[11] Esta foi a segunda vez que Ucraína acolleu o festival, sendo a primeira en 2005.[12]
Festival de Eurovisión 2017 Celebrate Diversity | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 9 de maio |
Semi-final 2 | 11 de maio |
Final | 13 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | CEI, Kíiv, Ucraína |
Presentador(es) | Oleksandr Skichko Volodymyr Ostapchuk Timur Miroshnychenko |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | ![]() |
Acto(s) intermedio(s) | |
Participantes | |
Participantes | 42[3] |
Países que retornan | Portugal[4] |
Países que se retiran | Bosnia e Hercegovina[6] Rusia[7] |
Mapa
| |
Votacións | |
Sistema de votación | Primeiro preséntanse os votos dos xurados nacionais de maneira individual, que outorgan 1-8 e 10 puntos, (aparecen automaticamente nas pantallas) e 12 puntos no formato tradicional, dicindo en voz alta a que país lle corresponden.
En segundo lugar preséntanse os resultados do televoto no que cada país entrega 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións preferidas. Todos eses voto súmanse e son entregados a cada país de menor a maior puntuación, de maneira conxunta. |
Canción gañadora | Portugal "Amar pelos dois"[8] |
Festival de Eurovisión | |
◄2016 2018► |
O evento tivo lugar no Centro Internacional de Exposicións[13] e foi conducido por Oleksandr Skichko, Volodymyr Ostapchuk e Timur Miroshnychenko (este último como presentador nas conexións coa denominada "Green room"). Foi a segunda ocasión, ademais da edición inaugural de 1956 conducida por un home en solitario, na que os presentadores foron exclusivamente homes.[14]
O gañador foi Salvador Sobral, que representaba a Portugal co tema "Amar pelos dois".[8] A canción gañou ambas votacións; obtivo 382 puntos do xurado e 376 do televoto.[15] Este territorio foi o país en permanecer máis tempo sen gañar (48 edicións), xa que, desde o seu debut en 1964, non gañara ningunha vez.[8]
O lema desta edición foi Celebrate Diversity ("Celebrade a diversidade"). Este viña acompañado dun logotipo baseado nos colares tradicionais ucraínos coñecidos como namysto, que ao empregar contas con distintos deseños simbolizan "tanto a diversidade como a individualidade", segundo palabras dos organizadores.[16]
O 31 de outubro de 2016 confirmouse a listaxe de países participantes no festival, cun total de 43, igualando o récord de participantes alcanzado en 2008 e 2011.[3] Portugal e Romanía volveron despois dun ano de ausencia.[4][5] Pola súa parte, Bosnia e Hercegovina, que regresara na edición anterior, decidiu retirarse debido a problemas financeiros.[6] Así mesmo, Rusia retirouse despois de que o país organizador prohibise a entrada á súa cantante, co que o número de participantes finalmente foi de 42.[7]
Italia foi a gran favorita do festival seguida por Portugal, Bulgaria e Suecia, e en menor medida, Bélxica, Australia, Armenia e Francia.[17] Despois das semifinais e pouco antes da final, Portugal e Moldova subiron nas apostas. Ao final, Portugal declarouse campión de Eurovisión 2017, seguido de Bulgaria, Moldova, Bélxica e Suecia. O único veciño de Portugal, España, quedou en última posición.
O 22 de marzo, o goberno ucraíno prohibiu a entrada á representante rusa Yuliya Samoylova. Segundo o mesmo, a artista entrou a Ucraína sen autorización cando actuou en Crimea— territorio que Ucraína considera seu— tras a anexión rusa,[18] co cal se lle prohibiu a entrada ao país a Yuliya por 3 anos.[18] O 23 de marzo, a Unión Europea de Radiodifusión permitiu a Samóylova participar por satélite desde fóra do país anfitrión, un feito sen precedentes na historia do festival.[19] Con todo, devandita posibilidade foi descartada por Rusia, que considera que todos os países deben participar obrigatoriamente sobre o mesmo escenario e que as normas estabelecen que "o país organizador do festival debe garantir a todos os participantes a posibilidade de obter un visado para o período de celebración do evento".[20] Do mesmo xeito, devandita posibilidade foi descartada por Ucraína, país organizador, que considera que a simple retransmisión da actuación da cantante pola súa televisión nacional, viola as súas leis na mesma medida que se permitise a súa entrada no país.[21] Finalmente, o 13 de abril, Rusia confirmou a súa retirada do festival, afirmando que regresarían na edición de 2018.[7]
Organización
Sede do festival
As seguintes cidades manifestaron o seu interese en acoller o Festival (en verde, a infraestrutura gañadora).
Cidades finalistas Cidade sede
Cidade | Sede | Capacidade | Información |
---|---|---|---|
Dnipro | DniproEuroArena | 6.000-9.500 | A proposta incluía a reconstrución do Estadio Meteor, renomeado como «DniproEuroArena», e incluía a construción dun teito As obras terminarían en marzo de 2017.[22] |
Khárkiv | Estadio Metalist | 40.000 | Sede da Eurocopa 2012. Requiría obras de remodelación significativas, incluíndo a construción dun teito.[23] |
Khersón | Sala de concertos «Yubileyniy» | 1.600 | A proposta incluía a expansión e reconstrución do recinto, traballos que requirisen 7-8 meses.[24] |
Kíiv | Palacio dos Deportes | 10.000 | Sede do Festival de Eurovisión 2005 e o Festival de Eurovisión Júnior 2009. |
Centro Internacional de Exposicións | 13.000[25] | Incluído na proposta como reserva no caso de que o Palacio dos Deportes non estea dispoñible.[26][27] Kíiv confirmou o 24 de agosto de 2016 que preferiría organizar o concurso neste recinto se era elixido como cidade sede.[28] | |
Lviv | Arena Lviv | 35.000 | Sede da de Eurocopa 2012. Requiriría traballos de construción significativos, incluíndo a adición dun teito.[29] |
Arena por construír | Por determinar | Espazo inacabado orixinalmente planeado para o EuroBasket 2015 cuxas obras estaban ao 25% cando se pararon.[29] | |
Odesa | Estadio Chernomorets | 34.164 | Requiría obras de remodelación significativas, incluíndo a construción dun teito.[30] |
Condicións impostas pola NTU de Ucraína
O 23 de xuño de 2016, a NTU anunciou as condicións que debían cumprir as cidades que quixesen acoller a celebración do Festival:[31]
- Os lugares escollidos polas cidades deben superar os 7000 espectadores. Un espazo ideal debería ter polo menos cabida para 10000 espectadores.
- Os lugares escollidos polas cidades deben ter un teito pechado.
- Os lugares escollidos polas cidades deben ter salas de prensa como mínimo coa capacidade de 1550 periodistas.
- As cidades deben contar cun Aeroporto internacional, para ofrecer un transporte fluído.
- Os lugares escollidos polas cidades deben ter unha capacidade de 3000 persoas para os actos de benvida, recepción e despedida.
- As cidades deben desenvolver programas sociais que ofrezan actividades para coñecer mellor e reforzar a cultura e a identidade de Ucraína.
Proceso de selección por parte da UER e da NTU
O proceso de selección foi anunciado pola UER o 24 de xuño de 2016, comezando ese mesmo día e finalizando o 1 de agosto. Constará de 4 etapas:[32]
- 1ª etapa (24 de xuño - 8 de xullo 2016): Presentación de candidaturas por parte das cidades de Ucraína.
- 2ª etapa (8 de xullo - 15 de xullo 2016): o equipo de traballo anuncia as cidades preferidas para acoller o festival, dado que cumpren tódolos requisitos xa citados.
- 3ª etapa (15 de xullo - 22 de xullo 2016): as cidades poden presentar as súas propostas ante o Comité de Organización Local; dúas cidades serán aceptadas e a UER analizará e escollerá á mellor.
- 4ª etapa (22 de xullo - 9 de setembro 2016): a UER e o COL viaxarán as cidades finalistas e analizarán as súas posibilidades (transporte, calidade do lugar para acoller ao Festival...). O 1 de agosto, a UER dixo que este plazo era orientativo. Tras atrasar o anuncio da cidade sede en catro ocasións, o 26 de agosto de 2016, a UER estableceu o mes de setembro para facer o anuncio, sen fixar un día concreto[33].
A rolda de prensa tivo lugar o día 9 de setembro de 2016, dous voceiros do goberno ucraíno anunciaron Kíiv[34] como cidade sede, e tamén deron o resultado da votación:
Cidade | Votos |
---|---|
Kíiv | 19 |
Odesa | 2 |
Houbo unha abstención.
Debate a seis televisado na NTU
O 20 de xullo de 2016, a NTU organizara un debate a seis (cun representante por cada cidade candidata a albergar o Festival. Ás 17:30 (hora galega), os espectadores da UA 1 puideron seguir o debate en ucraíno, o resto do mundo fíxoo a través de YouTube con comentarios en inglés. No plató tamén houbo público e intervencións de eurofans, periodistas e músicos.[35]
Conclave da UER-NTU para decidir as cidades finalistas
O primeiro atraso da NTU chegou cando a presentación oficial das seis cidades e a votación (a porta cerrada) para decidir as finalistas non se produciu ao día seguinte, tal e como anunciara a UER, senón dous días despois, o día 22 de xullo.
A presentación das cidades ía durar hora e media, mais a emisión especial prolongouse outra hora debido á ausencia de límite de tempo na presentación de cada cidade. Alcaldes, concelleiros e mesmo a gañadora do Festival de Eurovisión 2016, Jamala, interviron e responderon ante os periodistas. A emisión foi íntegra en ucraíno.
Ás 17:50 (hora galega) as tres cidades finalistas (nun principio ían ser só dúas) foron anunciadas cun atraso de máis de tres horas. As escollidas foron: Kíiv, Odesa e Dnipro.[36]
Lista de participantes
A lista oficial de participantes deuse a coñecer o 31 de outubro de 2016, totalizando 43 países inscritos e igualando o récord de participantes estabelecido nos festivais de 2008 e 2011. Cómpre destacar os retornos de Portugal e Romanía tras a súa ausencia na edición de 2016, mentres que Bosnia e Hercegovina retirouse por problemas financeiros.[3] Rusia retirouse máis tarde, o 13 de abril de 2017, tras a prohibición imposta ao seu representante, Yulia Samóilova, de entrar no país ucraíno, deixando a lista de países en 42.[7][37]
País | Título orixinal da canción | Artista(s) | Proceso e data de selección |
---|---|---|---|
Tradución ao galego | Idioma(s) | ||
![]() RTSH |
Botë
Mundo |
Lindita
Inglés |
Festivali i Këngës LV[39]
23-12-2016 |
![]() ARD |
Perfect Life
A vida perfecta |
Isabella Levina[41] Inglés |
09-02-2017
Under Song für[42] |
![]() AMPTV |
Fly With Me[44]
Voa canda min |
Artsvik Inglés |
24-12-2016 |
![]() ORF |
Running On Air[48]
Correndo no aire |
Nathan Trent[49]
Inglés |
19-12-2016
Elección Interna |
![]() SBS |
Don't Come Easy
Non vén fácil |
Isaiah Firebrace
Inglés |
3-03-2017
EuroAustralia Awards 3[51] |
![]() İctimai TV |
Skeletons
Esqueletos |
Diana Hajiyeva[53]
Inglés |
05-12-2016
Elección interna |
![]() RTBF |
City Lights
As luces da cidade |
Blanche (Ellie Delvaux)
Inglés |
22-11-2016
Elección interna[55] |
![]() BRTC |
Historyja majho žyccia
A historia da miña vida |
NAVI[57] Belaruso |
20-01-2017
Eurofest[58] |
![]() BNT |
Beautiful Mess
Fermoso desastre |
Kristian Kostov
Inglés |
13-03-2017
Elección interna[59] |
![]() CyBC |
Gravity
Gravidade |
Hovig
Inglés |
21-10-2016
Elección interna[61] |
![]() HRT |
My Friend
Meu amigo[63] |
Jaques Houdek
Inglés e italiano |
17-02-2017
Elección interna[64] |
![]() DR |
Where I am
Onde estou |
Anja[66]
Inglés |
25-02-2017
Dansk Melodi Grand Prix 2017[67] |
![]() ERR |
Verona | Laura e Koit Toome[69]
Inglés |
4 de marzo de 2017 [70] Eesti laul |
![]() RTVSLO |
On My Way
No meu camiño |
Omar Naber
Inglés |
24-02-2017 EMA 2017[72] |
![]() TVE |
Do It for Your Lover
Faino por quen queres |
Manel Navarro[74] Español e Inglés |
01-02-2017
Final de 'Objetivo Eurovisión'[75] |
![]() Yle |
Blackbird
Merlo |
Norma John Inglés |
28-01-2017 |
![]() France 2 |
Requiem | Alma[81] Francés e inglés |
09-02-2017
Elección Interna |
![]() ERT |
This Is Love
Isto é amor[83] |
Demy
Inglés |
07-03-2017
Elección interna e Final Nacional |
![]() MTVA |
Origo | Joci Pápai
Húngaro |
18-02-2017
A DAL 2017[85] |
![]() RTÉ |
Dying To Try
Morrendo por tentalo |
Brendan Murray
Inglés |
16-12-2016
Elección interna[87] |
![]() RAI |
Occidentali's karma
O karma de occidente |
Francesco Gabbani[89] Italiano |
Festival de San Remo 2017
11-02-2017[90] |
![]() IBA |
I Feel Alive
Síntome vivo |
Imri Ziv
Inglés |
13-02-2017
Final Nacional[92] |
![]() RÚV |
Paper
Papel |
Svala
Inglés |
11-03-2017
Söngvakeppnin 2017[93] |
![]() LTV |
Line
Liña |
Tiana Park
Inglés |
26-02-2017
Supernova[95] |
![]() LRT |
Rain of Revolution
Choiva de revolución |
Fusedmarc
Inglés |
25-02-2017
Eurovizijos[97] |
![]() MRT |
Dance Alone
Bailar soa |
Jana Burčeska
Inglés |
21-11-2016
Elección interna[99] |
![]() PBS |
Breathlessly
Sen alento |
Claudia Fanniello
Inglés |
18-02-2017
Malta Eurovision Song Contest 2017[101] |
![]() RTGC |
Space
Espazo |
Slavko Kalezić
Inglés |
29-12-2016
Elección Interna[103] |
![]() TRM |
Hey, Mamma! | Sunstroke Project[104]
Inglés |
25-02-2017
O Melodie Pentru Europa[105] |
![]() NRK |
Grab The Moment
Colle o momento |
JOWST
Inglés |
11-03-2017
Melodi Grand Prix |
![]() AVROTROS |
Lights and Shadows
Luces e sombras |
O'G3NE
Inglés |
29-10-2016
Elección interna[108] |
![]() TVP |
Flashlight
Luzada |
Kasia Moś
Inglés |
11-02-2017
Krajowe Eliminacje 2017[110] |
![]() RTP |
Amar pelos dois
Amar polos dous |
Salvador Sobral
Portugués |
05-03-2017
Festival RTP da Canção XLIX[112] |
![]() BBC |
Never Give up on You
Nunca te rindas |
Lucie Jones[114] Inglés |
27-01-2017
Eurovision: You Decide (emitido na BBC 2)[115] |
![]() ČT |
My Turn
A miña quenda |
Martina Bárta
Inglés |
15-02-2017
Elección interna[117] |
![]() TVR |
Yodel it! | Illinca e Alex Florea
Inglés |
05-03-2017[119]
Selectiei Nationale 2017 |
![]() C1R |
Flame Is Burning
O lume está ardendo |
Yulia Samoylova
Inglés |
12-03-2017
Elección interna[121] |
![]() SMRTV |
Spirit Of The Night
Espírito da noite |
Valentina Monetta e Jimmie Wilson
Inglés |
12-03-2017
Elección interna |
![]() SVT |
I Can't Go On
Non podo seguir |
Robin Bengtsson
Inglés |
11-03-2017 |
![]() RTS 1 |
In too deep
No fondo |
Tijana Bogićević
Inglés |
27-02-2017
Elección interna |
![]() |
Apollo | Timebelle Inglés |
04-02-2017
Livecheck[128] |
![]() NTU |
Time
Tempo |
O. Torvald
Inglés |
25-02-2017
Final Nacional[129] |
![]() GBP |
Keep the faith
Mantén a confianza |
Tako Gachechiladze[130] Inglés |
20-01-2017
Final Nacional[131] |
Artistas que regresaron
Diana Hajiyeva: Participou como corista na posta en escena do seu país na edición anterior coa canción «Miracle» de Samra Rahimli, que quedou en 17º posto.
Omar Naber: Representou a Eslovenia no Festival de Eurovisión no ano 2005, quedando en 12° lugar na semifinal.
Koit Toome e Laura Põldvere: Representaron a Estonia en 1998 e 2005, respectivamente; a primeira vez en solitario quedando en 12ª posición e a segunda como integrante do grupo feminino Suntribe, que non logrou o pase á final.
Tamara Gachechiladze: Foi elixida como representante de Xeorxia no festival de 2009 como integrante do grupo Stephane & 3G coa canción «We Don't Wanna Put In», pero se retiraron da competencia ao non querer cambiar a canción, a cal foi descualificada por conter contido político.
Imri Ziv: Participou como corista na posta en escena do seu país en 2015 e 2016.[132]
SunStroke Project: Representaron a Moldova no festival de 2010 xunto con Olia Tira, quedando en 22ª posición na final.
O'G3NE: O trío representou aos Países Baixos no Festival de Eurovisión Júnior 2007 como Lisa, Amy e Shelley coa canción «Adem it, adem uit», que quedou no 11º posto.
Valentina Monetta: Representou a San Marino en 3 ocasións consecutivas. Participou en 2012 coa canción «The Social Network Song (Oh Oh Uh Oh Oh)», logo en 2013 coa canción «Crisalide (Vola)», a portas da Gran Final, e en 2014 coa canción «Maybe», que clasificou ao seu país na final por primeira vez, quedando en 24° lugar con 14 puntos. É a terceira intérprete solista que acode por cuarta vez ao festival, despois do belga Fud Leclerc (1956, 1958, 1960 e 1962) e a sueconoruega Elisabeth Andreassen (1982, 1985, 1994 e 1996). Ademaiss, Monetta é a segunda artista feminina en facelo, así como a segunda intérprete en realizalo en representación dun mesmo país.
Tijana Bogićević: Participou como corista na posta en escena do seu país no Festival de Eurovisión 2011.
Países que non participaron
Eslovaquia: RTVS explicou o 12 de abril de 2016 a ausencia de Eslovaquia no concurso desde 2012, o cal debeuse aos "custos que se derivaban do concurso". Juraj Kadas, indica que, se ben o concurso é un proxecto atractivo, "RTVS ten a súa propia estratexia de programación" e o financiamento da produción da televisión é prioritaria por riba da participación no concurso. RTVS indicou que discutirán a súa participación en 2017 durante o 2016. Finalmente, non apareceu na lista oficial de participantes.
Turquía: A Corporación de Radio e Televisión Turca (TRT) emitiu unha petición por escrito á UER sobre a competición no concurso de 2017, pero non se sabe se esta declaración permanecerá. Nos últimos dous anos houbo varios informes sobre o retorno de Turquía a Eurovisión , pero ningún se concretou. O último ano de presenza turca no festival foi en 2012, pero a continuación, retirouse da competición argumentando a súa discordancia co uso do xurado e o "Big Five" no concurso.
Andorra: Ràdio i Televisió d'Andorra (RTVA) dixo o día 19 de maio que non pensan retornar en 2017, concretamente por problemas loxísticos sen concretar.[133]
Luxemburgo: tamén o día 19 de maio a RTL anunciou que non hai plans para que o país regrese a edición deste ano[134].
Kosovo: Unha axencia de noticias albana, publicaba o 6 de abril de 2016 o posíbel debut do país na edición de 2017[135]. Pouco tardaron tanto a RTK como a propia UER, en desmentilo, Kosovo só foi invitado a formar parte da comisión eurovisiva, non a participar no concurso.[136][137]
Mónaco: a TMC anunciou o día 13 de agosto de 2016 outra ausencia máis de Mónaco no Festival.[138]
Estados Unidos: Ao igual que pasou coa australiana Jessica Mauboy no Festival de 2014, trala actuación dun americano por primeira vez no concurso (Justin Timberlake), podería supoñer a participación dos EEUU en 2017.Non debutou, dado que LOGO TV, non é un membro asociado á Unión Europea de Radiodifusión[139]
Bosnia e Hercegovina: non é seguro que a BHRT sexa capaz de sufragar unha nova participación no Festival dada a débeda de 5,4 millóns de euros coa UER. Ten de prazo para saldala ata o 8 de xuño de 2016, con todo, a BHRT afirmou que a podería solventar totalmente o día 30 dese mes.Se non a afronta sairá da UER[140]. A día 13 de setembro de 2016, as posibilidades de ver ao país en 2017 case se esfumaron por completo, pois o dirixente da delegación bosníaca, amosouse tremendamente pesimista.[141] Finalmente, a BHRT anunciou que se retiraba do Concurso por 'razóns ben coñecidas'[142].
Kazakhstán: A empresa de radiodifusión Khabar TV uniuse á UER como membro asociado a principios de 2016. A súa participación en Eurovisión 2017 é unha firme posibilidade.[143] Finalmente, o debut non foi posíbel.
Rusia
Sorteo de semifinais
Os compoñentes do Big Five (Alemaña, España, Francia, Italia e o Reino Unido) e o anfitrión Ucraína tiveron garantido o seu pase á final do festival, que se celebrou o 13 de maio.
Os outros 36 países gañáronse este posto na semifinal. 18 deles enfrontáronse na primeira semifinal do 9 de maio mentres que os outros 18 restantes fixeron o propio o 11 de maio. Os dez máis votados de cada unha das semifinais conseguiron o pase á gran final. O sorteo para decidir en que semifinal actuaría cada candidatura e en que metade (primeira ou segunda) levouse a cabo o 31 de xaneiro de 2017; para iso os países participantes foron repartidos en seis bombos en razón da súa localización xeográfica e tendencia nas votacións.[144]
Bombo 1 | Bombo 2 | Bombo 3 | Bombo 4 | Bombo 5 | Bombo 6 |
---|---|---|---|---|---|
Festival

Semifinal 1
A primeira semifinal celebrouse o 9 de maio de 2017.[145] Un total de 21 países tiveron dereito a voto: os 18 participantes máis España, Italia e o Reino Unido, quen xa se encontraban clasificados directamente á final. O show foi aberto por Monatik interpretando «Spinning» para logo aparecer os presentadores Oleksandr Skichko, Volodymyr Ostapchuk e Timur Miroshnychenko. Tras isto, deuse paso á presentación dos 18 semifinalistas. A gala foi amenizada por Jamala interpretando a canción gañadora do ano anterior «1944» así como o tema «Zamanyly», mentres a xente procedía a votar e posteriormente realizábase o conteo dos votos.
Os resultados revelados unha vez rematado a semifinal outorgáronlle a súa primeira vitoria nunha semifinal a Portugal, que co tema de corte clásico "Amar pelos dois" interpretado por Salvador Sobral obtivo 370 puntos. O país ibérico venceu nas votacións tanto de xurado como do público, acumulando 16 puntuacións máximas entre ambas. O segundo lugar foi para Moldova, quen igualou o seu mellor resultado histórico en semifinais, con SunStroke Project e o tema "Hey, Mamma!", e logrou o seu primeiro pase á final desde 2013. O terceiro lugar foi a parar á favorita Suecia, e o top 5 foi completado por Bélxica e Chipre.
Entre as eliminacións, sorprendeu a de Finlandia, quen durante a semana de ensaios e días previos ao concurso se converteran nunha das revelacións tanto para a prensa como para as apostas, que mesmo predixeron o seu pase á final sen problemas, pero que ao final solo conseguiron a 12ª posiicón, con 92 puntos, a máis de 20 puntos do pase á gala do sábado.
País | Candidato/s | |
---|---|---|
Só votan | ![]() |
Manel Navarro |
![]() |
Francesco Gabbani | |
![]() |
Lucie Jones |
Nº | País | Candidato/s | Canción | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | ![]() |
Robin Bengtsson | I Can't Go On | 3 | 227 |
02 | ![]() |
Tako Gachechiladze | Keep The Faith | 11 | 99 |
03 | ![]() |
Isaiah Firebrace | Don't Come Easy | 6 | 160 |
04 | ![]() |
Lindita Halimi | World | 14 | 76 |
05 | ![]() |
Blanche | City Lights | 4 | 165 |
06 | ![]() |
Slavko Kalezić | Space | 16 | 56 |
07 | ![]() |
Norma John | Blackbird | 12 | 92 |
08 | ![]() |
Diana Hajiyeva | Skeletons | 8 | 150 |
09 | ![]() |
Salvador Sobral | Amar pelos dois | 1 | 370 |
10 | ![]() |
Demy | This Is Love | 10 | 115 |
11 | ![]() |
Kasia Moś | Flashlight | 9 | 119 |
12 | ![]() |
SunStroke Project | Hey Mamma! | 2 | 291 |
13 | ![]() |
Svala Björgvinsdóttir | Paper | 15 | 60 |
14 | ![]() |
Martina Bárta | My Turn | 13 | 83 |
15 | ![]() |
Hovig | Gravity | 5 | 164 |
16 | ![]() |
Artsvik | Fly With Me | 7 | 152 |
17 | ![]() |
Naber | On My Way | 17 | 36 |
18 | ![]() |
Triana Park | Line | 18 | 21 |
Detalle de votación: semifinal 1
Semifinal 2
A segunda semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2017 celebrouse o 11 de maio de 2017 ás 21 horas (CEST). 18 países participaron neste evento, en busca dun dos 10 postos para a Gran Final. Un total de 21 países tiveron dereito a voto nesta semifinal: os 18 participantes máis Alemaña, Francia e o anfitrión Ucraína, quen xa se encontraban clasificados directamente á final.
A semifinal deu comezo cun tema eurovisivo polos presentadores Skichko e Ostapchuk para logo comezar as presentacións dos semifinalistas. Os 15 minutos que tiveron os espectadores para votar e posteriormente o tempo para realizar o conteo de votos, foi amenizado por Apache CREW, xunto á transmisión da segunda parte do vídeo de Verka Serduchka.
A votación outorgoulle a súa primeira vitoria nunha semifinal a Bulgaria, co xove Kristian Kostov e a canción «Beautiful Mess», coa cal impuxeron o récord de puntuación de 403 puntos, superando os 342 puntos do ruso Sergey Lazarev da edición anterior. O país caucásico obtivo 19 puntuacións máximas entre as dúas votacións, tamén unha cifra récord, superando con creces a mellor participación do país, cando o ano anterior se clasificaron en 5° lugar. O segundo lugar foi para Hungría, quen igualou o seu mellor resultado nunha semifinal con Joci Pápai e o tema folk «Origo», que obtivo 231 puntos. O top 3 completouno Israel, quen tamén igualou a súa mellor participación con Imri Ziv. Destacou tamén a clasificación de Dinamarca e Noruega, despois dos fracasos do ano anterior, e no caso do primeiro, dous anos seguidos sen clasificarse á final.
Nunha das semifinais máis abertas na historia do concurso, as eliminacións de Suíza, Estonia e Irlanda causaron controversia, ao ser consideradas favoritas polas casas de apostas, os eurofans ou a prensa para o pase á final. No caso de Estonia, un fallo no micrófono de Laura causou que non se escoitasen os primeiros dous segundos da canción, o que abriu máis a polémica co país anfitrión sobre os fallos presentados durante as semifinais. Así mesmo, no caso de Irlanda, supuxo a quinta eliminación consecutiva en semifinais.
Nº | País | Candidato/s | Canción | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | ![]() |
Tijana Bogićević | In Too Deep | 11 | 98 |
02 | ![]() |
Nathan Trent | Running On Air | 7 | 147 |
03 | ![]() |
Yuliya Samoylova | Flame Is Burning | -- | -- |
04 | ![]() |
Jana Burčeska | Dance Alone | 15 | 69 |
05 | ![]() |
Claudia Faniello | Breathessly | 16 | 55 |
06 | ![]() |
Ilinca e Alex Florea | Yodel it! | 6 | 174 |
07 | ![]() |
O'G3NE | Lights and Shadows | 4 | 200 |
08 | ![]() |
Joci Pápai | Origo | 2 | 231 |
09 | ![]() |
Anja Nissen | Where I am | 10 | 101 |
10 | ![]() |
Brendan Murray | Dying To Try | 13 | 86 |
11 | ![]() |
Valentina Monetta e Jimmie Wilson | Spirit Of The Night | 18 | 1 |
12 | ![]() |
Jacques Houdek | My Friend | 8 | 141 |
13 | ![]() |
Jowst & Aleksander Walmann | Grab The Moment | 5 | 189 |
14 | ![]() |
Timebelle | Apollo | 12 | 97 |
15 | ![]() |
NAVI | Historyja majho žyccia | 9 | 110 |
16 | ![]() |
Kristian Kostov | Beautiful Mess | 1 | 403 |
17 | ![]() |
Fusedmarc | Rain Of Revolution | 17 | 42 |
18 | ![]() |
Koit Toome e Laura Põldvere | Verona | 14 | 85 |
19 | ![]() |
Imri Ziv | I Feel Alive | 3 | 207 |
Detalle de votación: semifinal 2
Final
A Gran Final celebrouse o 13 de maio de 2017 ás 22:00 CEST. Deseguido, unha listaxe da orde e clasificación dos países participantes:
Nº | País | Candidato/s | Canción | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|
01 | ![]() | Imri Ziv | «I Feel Alive» | 23 | 39 |
02 | ![]() | Kasia Moś | «Flashlight» | 22 | 64 |
03 | ![]() | NAVIBAND | «Story of My Life» | 17 | 83 |
04 | ![]() | Nathan Trent | «Running on Air» | 16 | 93 |
05 | ![]() | Artsvik | «Fly With Me» | 18 | 79 |
06 | ![]() | O'G3NE | «Lights and Shadows» | 11 | 150 |
07 | ![]() | SunStroke Project | «Hey Mamma!» | 3 | 374 |
08 | ![]() | Joci Pápai | «Origo» | 8 | 200 |
09 | ![]() | Francesco Gabbani | «Occidentali's Karma» | 6 | 334 |
10 | ![]() | Anja Nissen | «Where I Am» | 20 | 77 |
11 | ![]() | Salvador Sobral | «Amar pelos dois» | 1 | 758 |
12 | ![]() | Dihaj | «Skeletons» | 14 | 120 |
13 | ![]() | Jacques Houdek | «My Friend» | 13 | 128 |
14 | ![]() | Isaiah Firebrace | «Don't Come Easy» | 9 | 173 |
15 | ![]() | Demy | «This Is Love» | 19 | 77 |
16 | ![]() | Manel Navarro | «Do It for Your Lover» | 26 | 5 |
17 | ![]() | Jowst e Aleksander Walmann | «Grab the Moment» | 10 | 158 |
18 | ![]() | Lucie Jones | «Never Give Up on You» | 15 | 111 |
19 | ![]() | Hovig | «Gravity» | 21 | 68 |
20 | ![]() | Ilinca e Alex Florea | «Yodel It!» | 7 | 282 |
21 | ![]() | Levina | «Perfect Life» | 25 | 6 |
22 | ![]() | O.Torvald | «Time» | 24 | 36 |
23 | ![]() | Blanche | «City Lights» | 4 | 363 |
24 | ![]() | Robin Bengtsson | «I Can't Go On» | 5 | 344 |
25 | ![]() | Kristian Kostov | «Beautiful Mess» | 2 | 615 |
26 | ![]() | Alma | «Requiem» | 12 | 135 |
Portavoces
|
|
Detalle de votación: Gran Final
|
|
Retransmisión e comentaristas
Mundo (YouTube, desde a canle oficial de Eurovisión): Petra Mede e Måns Zelmerlöw (Todos os eventos)
Países participantes
Albania (RTSH, RTSH HD , RTSH Muzikë e Radio Tirana): Andri Xhahu (Todos os eventos)
Alemaña (One): Peter Urban (Todos os eventos)
- (NDR Fernsehen): Peter Urban (Segunda semifinal)
- (Das Erste): Peter Urban (Final)[172]
Armenia (AMPTV): Avet Barseghyan (Primeira semifinal e Final)
Australia (SBS):[173] Myf Warhurst e Joel Creasey (Todos os eventos)[174]
Austria (ORF eins): Andi Knoll (Todos os eventos)
Azerbaidján (İTV): Todos os eventos
Belarús (Belarus 1 e Belarus 24): Evgeny Perlin (Todos os eventos)
Bélxica (La Une): Maureen Louys e Jean-Louis Lahaye (Todos os eventos)[175]
- (één e Radio 2): Peter Van de Veire[176]
Bosnia e Hercegovina (BHT 1): – Dejan Kukrić (Todos os eventos)
Bulgaria (BNT 1 e BNT HD): Elena Rosberg e Georgi Kushvaliev (Todos os eventos)[177]
Chipre (RIK 1, RIK Sat, RIK HD e Trito Programma): Melina Karageorgiou (Todos os eventos)
Croacia (HRT 1): Duško Ćurlić (Todos os eventos)
- (HR 2): Zlatko Turkalj Turki (Todos os eventos)
- (TV SLO 2): Andrej Hofer (Semifinais)
- (Radio Val 202 e Radio Maribor): Andrej Hofer (Todos os eventos)
España (La 1, La 1 HD e TVE Internacional): José María Íñigo e Julia Varela (Final)[178]
- (La 2) (Semifinais)
- (ETV +): Aleksandr Hobotov (En ruso, todos eventos)
Finlandia (YLE e Yle Radio Vega): Mikko Silvennoinen (En finés, todos os eventos)
- (YLE TV2 e Yle Radio Suomi): Sanna Pirkkalainen e Jorma Hietamäki (En finés, todos os eventos)
- (YLE Finland, YLE TV2, Yle Radio Vega): Frantz e Johan Lindroos (En sueco, todos os eventos)
- (France 4): Marianne James e Jarry (Semifinais)[181]
Xeorxia (GPB 1TV): Tuta Chkheidze (Todos os eventos)
Grecia (Voz de Grecia, ERT1, ERT HD, ERT World e ERA 1): Giorgos Kapoutzidis e Maria Kozakou (Todos os eventos)[182]
Hungría (Duna TV): Gábor Gundel Takács (Todos os eventos)[183]
Irlanda (RTÉ One): Marty Whelan (Final)
- (RTÉ2): Marty Whelan (Semifinais)
- (RTÉ Radio 1): Neil Doherty e Zbyszek Zalinski (Segunda semifinal e Final)
Islandia (RÚV e Rás 2): Gísli Marteinn Baldursson (Todos os eventos)
Israel[184] (Channel 1): Subtitulado en hebreo (Todos os eventos)
- (Channel 33): Subtítulos en árabe (Segunda semifinal e Final)
- (88 FM): Subtitulado en hebreo (Segunda semifinal e Final)
- (Kol Yisrael): Subtitulado en árabe (Segunda semifinal e Final)
- (LTV 1): Valters Frīdenbergs (Semifinais)
Lituania (LRT Televizija): Darius Užkuraitis (Todos os eventos)
Macedonia (MRT 1, MRT Sat e MR 1): Karolina Petkovska (Todos os eventos)
Malta (TVM): Todos os eventos
Moldova (TRM, Radio Moldova Actualităţi, Radio Moldova Muzical e Radio Moldova Tineret): Daniela Babici (Todos os eventos)
Montenegro (TVCG 1): Dražen Bauković e Tijana Mišković (Todos os eventos)
Noruega (NRK1): Olav Viksmo Slettan (Todos os eventos)
- (NRK3): Ronny Brede Aase, Silje Reiten Nordnes e Markus Ekrem Neby (Final)
Países Baixos (NPO 1, BVN e NPO Radio 2): Jan Smit e Cornald Maas (Todos os eventos)
Polonia (Telewizja Polska): Artur Orzech[187]
Portugal (RTP1 e RTP Internacional): José Carlos Malato[188]
Reino Unido (BBC Four): Mel Giedroyc e Scott Mills (Semifinais)[189]
- (BBC One): Graham Norton (Final)[189]
- (BBC Radio 2) (Final)[189]
República Checa (ČT2): Libor Bouček (Semifinais)
- (ČT1): Libor Bouček (Final)
Rusia (C1R e RTR): Dmitry Guberniev e Ernest Mackevičius (Todos os eventos)
San Marino (SMtv San Marino e San Marino RTV): Lia Fiorio e Gigi Restivo (Todos os eventos)[190]
Serbia (RTS 1, RTS HD e RTS Satelit): Dragan Ilić (Todos os eventos)
Suecia (SVT1): Måns Zelmerlöw e Edward af Sillén (Todos os eventos)[191]
- (Sveriges Radio P4): Carolina Norén e Björn Kjellman (Todos os eventos)
Suíza (SRF zwei): Sven Epiney (en alemán, semifinais)
- (SRF 1): Sven Epiney (en alemán, final)
- (SRF 1 e Radio SRF 3): Peter Schneider e Gabriel Vetter (en alemán, final)
- (RTS): Jean-Marc Richard e Nicolas Tanner (en francés, final)
- (RTS.ch): Jean-Marc Richard e Nicolas Tanner (en francés, primeira semifinal en liña)
- (RTS Deux): Jean-Marc Richard e Nicolas Tanner (en francés, segunda semifinal e final)
- (RSI La 1): Clarissa Tami e Michele Carobbio (en italiano, final)
- (RSI La 2): Clarissa Tami (en italiano, segunda semifinal)
- (Radio Ukraine): Olena Zelinchenko (Todos os eventos)
Países non participantes
Chile (Hunan TV):[192] Lee Wei song e Lee Shih Shiong[193]
Groenlandia (KNR)
Kazakhstán (Khabar Agency)
Kosovo (RTK)
Estados Unidos (Logo TV): Michelle Visage e Ross Mathews (Final)
Outros países
A elixibilidade para a participación potencial no Festival da Canción de Eurovisión require unha emisora nacional que sexa membro activo da UER que vaia ser capaz de transmitir o concurso a través da rede de Eurovisión. A UER enviou invitacións para participar aos cincuenta e seis membros activos e aun membro asociado (Australia). Corenta e dous países confirmaron que estarían no festival.
Membros activos da UER
Andorra: RTVA anunciou o 19 de maio de 2016 que non están considerando participar no concurso, e agregaron que non é loxisticamente posible por razóns económicas.[194]
Bosnia e Hercegovina: Descoñécese se BHRT estará en condicións de participar no concurso, despois de que o 25 de maio de 2016 se revelase que a UER ameazou con retirar á cadea bosníaca todos os servizos debido á falta de pago e ás débedas valoradas nun total de 6 millóns de francos suízos (5,4 millóns de euros). A emisora tivo de prazo ata o 8 de xuño para resolver parte das súas débedas baixo ameaza de ser expulsados da UER, dando como resultado, entre outras cosas, a incapacidade para participar no concurso.[195][196] BHRT anunciou o 30 de maio que deixarían de transmitir emisións procedentes da UER o 30 de xuño debido á acumulación de débedas da emisora e da entidade emisora de radio a nivel rexional, RTRS, por un total de 25 millóns.[197]
Eslovaquia: A cadea nacional eslovaca, RTVS, explicou o día 12 de abril de 2016 que a ausencia do país no concurso desde 2012 debeuse aos custos involucrados na participación. O encargado da emisora, Juraj Kadáš, constatou que o concurso é un proxecto atractivo,[198] pero que a emisora ten xa a súa propia estratexia de programación e o financiamento da produción televisiva nacional ten prioridade sobre unha posible participación no concurso. A emisora tamén indicou que a participación no concurso se discutirá máis adiante no ano 2016. A emisora anunciou o 6 de setembro de 2016 que aínda teñen que tomar unha decisión con respecto á participación.[199] O 24 de outubro, RTVS confirmou que Eslovaquia non participaría no concurso.[200]
Luxemburgo: A directora executiva de RTL anunciou o 19 de maio de 2016 que non había plans para que o país participase en 2017.[201] Con todo, o 21 de xuño de 2016, a Comisión de Peticións do Goberno de Luxemburgo recibiu cinco peticións sobre diversas cuestións en relación co país. Unha das peticións era para que o país regresase a Eurovisión. Por conseguinte, o Goberno do país levará a cabo un debate para discutir as propostas que figuran na petición, e o posible retorno do país ao concurso.[202] A emisora reiterou a súa intención de non participar o 22 de agosto de 2016.[203]
Mónaco: TMC anunciou o 19 de agosto de 2016 que Mónaco non participará no festival de 2017.[204]
Turquía: TRT emitiu un comunicado por escrito á UER o 12 de maio de 2016, declarando que está planeada a participación no concurso, pero non se sabe ata o momento se van seguir adiante coa participación no concurso. Varios informes nos últimos anos afirmaban que Turquía volvería á competición, pero non se deu o caso tras a súa retirada en 2013. O país retirouse debido ao seu descontento pola introdución dun sistema de votación mixto para o concurso e a clasificación previa do «Big Five» para a final.[205] O 28 de setembro, informouse de que os medios de comunicación turcos anunciaron que Turquía tomaría unha decisión sobre a súa participación a principios de outubro.[206] Varias fontes de noticias informaran que había varias organizacións non gobernamentais que estaban cooperando para persuadir aos turcos para volver ao concurso de 2017.[207] Anunciouse o 23 de outubro que o Director Xeral de NTU afirmou que a TRT se negou a participar;[208] esta información foi confirmada ao día seguinte.[209]
Membros asociados da UER
Kazakhstán: Khabar Agency converteuse en membro asociado da UER o 1 de xaneiro de 2016.[210] Con todo, a UER anunciou o 28 de setembro que Khabar Agency non puido participar no concurso de 2016 debido a que non era membro activo, e que estaban revisando as regras para o concurso de 2017, que puidesen incluír a apertura da posibilidade de que Khabar Agency faga o seu debut no concurso.[211] Finalmente, Kazakhstán non se incluíu na lista oficial de participantes publicada o 31 de outubro de 2016.
Países non membros da UER
Estados Unidos: Despois da actuación de Justin Timberlake durante o intervalo da final do concurso de 2016, especulouse con que os Estados Unidos puidese debutar no concurso nun futuro, semellante á actuación de Jessica Mauboy durante o intervalo da segunda semifinal da edición de 2014 e o posterior debut de Australia no concurso de 2015.[212] A emisora estadounidense, Logo TV retransmitiu a gran final do concurso de 2016. Con todo, a diferenza da emisora SBS australiana, Logo TV non é nin membro asociado nin activo da UER.[213][214]
Kosovo: O portal de noticias albanés Koha informou o 6 de abril de 2016 que o Director Xeral de RTK, Mentor Shala, anunciara nunha conferencia de prensa que Kosov fora invitada a participar no festival de 2017 e que tomarían a decisión de aceptala ou non máis tarde.[215] Con todo, isto foi desmentido, despois de que Shala nun comunicado o 7 de abril dixera que os seus comentarios foron malinterpretados por Koha, e o que en realidade quería dicir era que a Comisión de Eurovisión invitou a RTK para decidir a aceptación ou non do país no certame, non dependendo da RTK.[216] Isto foi apoiado por unha declaración da UER.[217]
Liechtenstein: 1 FLTV anunciou o 21 de setembro de 2016 que non farían o seu debut no concurso de 2017. A emisora manifestou a súa intención de debutar nun futuro no concurso, ao recibir a axuda financeira da política do Goberno de Liechtenstein cara a adhesión activa da UER e os custos asociados cunha posible participación.[218]
Controversias
Presentación da canción francesa
France 2, a emisora nacional de Francia, anunciara a Alma como a súa representante coa canción Requiem o 9 de febreiro de 2017. Descubriuse durante a semana do 17 de febreiro que a canción do artista fora gravada e realizada antes do prazo de presentación da UER o 1 de setembro de 2016, o que violaba a política de envío de cancións da UER. Investigacións adicionais mostran que a canción de Alma realizouse a finais de xaneiro de 2015. Mentres que a emisora francesa afirmou que a canción do seu artista seleccionado non viola a política de envío da UER, non houbo unha decisión final sobre a posible descualificación de Francia da contenda e este país participou sen problemas no Festival.
Prohibición de entrada a Ucraína a Yulia Samóilova
A cantante rusa Yulia Samóilova foi seleccionada para representar a Rusia no Festival da Canción de Eurovisión 2017 celebrado na capital de Ucraína, Kíiv, coa canción «Flame Is Burning». Con todo, o Servizo de Seguridade de Ucraína (SBU) prohibiulle viaxar por tres anos a Ucraína, por atravesar ilegalmente a fronteira ucraína durante a súa visita a Crimea en 2015, rexión anexionada por Rusia en 2014. Segundo a lei ucraína, o ingreso a Crimea por estranxeiros a través de Rusia é ilegal. Yulia Samóilova declarou que actuou en Crimea en 2015.
A UER respondeu afirmando que seguía garantindo que todos os participantes puidesen actuar en Kíiv, pero que estaban «profundamente decepcionados con esta decisión, xa que cremos que vai en contra do espírito do concurso e a noción de inclusión que se atopa no centro dos seus valores». Un compromiso foi ofrecido a Rusia da UER (EBU) para permitir que Samoylova realizase a súa entrada vía satélite desde un lugar de elección da emisora.
O xefe da UER, Ingrid Deltenre, cualificou o comportamento de Ucraína como «absolutamente inaceptable». «Lamento profundamente que Ucraína estea abusando do CES por razóns políticas. O Festival de Eurovisión debería deleitar e unir a millóns de persoas. Non debe ser usado para poñer en contra a uns e outros. O comportamento de Ucraína é absolutamente inaceptable».
O Servizo de Seguridade de Ucraína anunciou o 22 de marzo que prohibiran a Yulia Samóilova entrar en Ucraína durante tres anos. En resposta, a UER permitiu a Yulia Samóilova participar en directo desde fóra de Ucraína, vía satélite. Con todo, devandita posibilidade foi descartada tanto por Rusia como por Ucraína. Finalmente, o 13 de abril, a emisora rusa anunciou a súa retirada do festival. Anunciaron, tamén, pouco despois, que volverían o ano seguinte e que Yulia Samoylova sería o seu representante.
Emisora israelí comprometida
Baixo unha proposta do primeiro ministro Benjamín Netanyahu e o ministro de finanzas Moshe Kahlon, a Autoridade de Radiodifusión de Israel (IBA) está sendo reorganizada actualmente en dúas entidades separadas: a Corporación de Radiodifusión de Israel (IPBC), responsabilizada en "programación xeral" como entretemento, e outra especializada en novas e programas de actualidade. A IPBC tamén sería marcada como "KAN". A Unión Europea de Radiodifusión informou á xunta executiva da IPBC o 8 de abril que ese compromiso lles faría non poder permanecer como membro desta sen unha programación de novas e programas de actualidade. Máis tarde, informouse de que a IBa podería deixar de ser membro da UER.[219] Con todo, o 9 de maio, a IBA pechou inesperadamente tras a emisión do seu programa de novas nocturno.[220] A segunda semifinal e a final deste festival serán os últimos programas en ser retransmitidos pola emisora israelí, onde un persoal mínimo de vinte persoas asegurará unha transmisión normal na Canle 1 (televisión) e 88FM (radio).[221][222]
Polémica sobre a abolición da voz en vivo
A emisora noruega NRK tivo conversas coa UER con respecto á abolición da norma que prohibe voces pregravadas durante as interpretacións en vivo do festival. Tal norma ten a intención de garantir a autenticidade das actuacións.[223] O debate deriva do desgusto expresado polo representante noruegués JOWST sobre a norma nunha entrevista o 24 de marzo, con respecto ás voces pregravadas da súa canción "Grab the Moment", que non poden ser atribuídas na actuación en vivo.
O mesmo debate tamén tivo lugar en 1999, cando as voces pregravadas da canción croata, "Marija Magdalena", interpretada por Doris Dragović, levaron á delegación noruega, entón dirixida por Jon Ola Sand, a protestar. Tales demandas levaron á UER a considerar diminuír un terzo a puntuación final de Croacia, reducíndoa de 118 puntos a 79. Con todo, esa redución nunca ocorreu. A posible abolición da norma, xunto á eliminación da orquestra ese mesmo ano, levou a moitos seguidores e críticos a pensar que o festival volveuse demasiado comercializado e que a autenticidade das actuacións en vivo viuse comprometida.
Tras debater o asunto coa UER, permitíuselle a NRK unha expeción con respecto á norma. JOWST declarou que "permitíusenos [á delegación noruega] usar as voces gravadas, [...]. Pero tamén practicaron un plan B cos coristas, por se hai grandes protestas doutros en Kíiv".[224] A emisora noruega dixo o 2 de maio que JOWST ten a intención de interpretar a canción de forma acústica como apoio, sendo acompañado por dous coristas que interpretarán as voces pregravadas usando un filtro aplicado polo equipo de enxeñaría para non comprometer a calidade do son.[225]
Un xuíz noruegués en substitución
O membro do xurado noruegués Per Sundnes fixo comentarios no programa de avance de NRK Adresse Kiev o 17 de abril de 2017 sobre o representante irlandés Brendan Murray, dicindo: «Pasou moito tempo desde que quedaron ben e nom creo que o vaian a facer de novo. Intentan a mesma fórmula ano tras ano».[226] Os comentarios non foron benvidos pola delegación irlandesa, que máis tarde informou sobre isto á UER.[227]
O Irish Independent anunciou o 8 de maio que Sundnes fora substituído por un presunto incumplimento das normas do xurado. Comentando sobre a decisión, o xefe da delegación de Irlanda, Michael Kealy, dixo: «Alégrome de que a Unión Europea de Radiodifusión reaccionase rapidamente ante esta situación e que todos os membros do xurado sexan imparciais. Só é xusto que cada canción no Festival da Canción de Eurovisión sexa xulgada cos seus méritos individuais na noite». Sundnes fora substituído por Erland Bakke.[228]
Sundnes declarou nunha entrevista con Verdens Gang: «Non sei nada sobre as cousas do xurado, é só que non estou [niso]. Non foi realmente sorprendente. A mesma cousa pasou con Suecia o ano pasado co xurado profesional sueco».[229]
NRK admitiu que cometeu un erro ao deixar a Sundness estar no xurado profesional e no panel de xurado de Adresse Kiev. Con todo, cando foron informados pola UER que o que fixo estaba en contra das regras, rectificaron a situación rapidamente. O xerente de proxectos do Melodi Grand Prix, Stig Karlsen, dixo: «Recibimos algunhas queixas de varios equipos onde Per estivo de xurado, mentres que ao mesmo tempo foi significativo no programa. Polo tanto, fixemos unha nova avaliación».[230]
Problemas técnicos estonios
O 11 de maio de 2017, durante a transmisión da segunda semifinal, o micrófono da representante estonia semellou non ter funcionado ben, xa que a cantante Laura Põldvere non puido ser escoitada durante dous segundos polos teleespectadores. Revelouse máis tarde que a delegación estonia considerou solicitar á UER que permitise a Koit Toome e Laura interpretar o seu tema "Verona" de novo como resultado do erro, pero logo decidiron non o facer. Mart Normet, o xefe de elegación de Estonia, explicou que "se houbo unha actuación tan poderosa por tres minutos e deron un máximo absoluto, esta enerxía non volverá cando volvas ao escenario outra vez".[231] A UER respondeu á situación, presuntamente describindo o erro como "puramente técnico", xa que o micrófono debía terse acendido por si mesmo. No seu lugar, un técnico de son viuse forzado a acender o micrófono.[231] O país finalmente non alcanzou a gran final, e Põldvere expresou o seu malestar, aínda que declarou que "non creo que fose tremendamente influído cando algunhas palabras non foron oídas".[231][232]
Mensaxe política de Salvador Sobral
- Véxase tamén: Crise migratoria en Europa.
Despois de que o representante de Portugal, Salvador Sobral, levase un xersei co texto "S.O.S. Refugees" durante a rolda de prensa da primeira semifinal, a UER ordenou unha prohibición de xeito que non a puidese levar polo resto do festival. Alí, Sobral explicou que a mensaxe detrás do xersei era animar a Italia, Grecia e Turquía a abrir as súas fronteiras para os refuxiados.[233] A UER explicou que o seu xersei foi usado como unha "mensaxe política", o que viola as normas do festival.[233]
Invasión da actuación de Jamala
Durante a actuación de Jamala no intervalo de votación da final, onde presentou o seu tema «I Believe In U», un home cunha bandeira australiana invadiu o escenario e brevemente mostrou as súas nádegas antes de ser retirado pola seguridade.[234] Máis tarde informouse de que a identidade do home era, en realidade, o bromista ucraíno Vitalii Sediuk.[235]
Álbum oficial
Eurovision Song Contest: Kyiv 2017 | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Festival da Canción de Eurovisión | ||||
Publicado | 28 de abril de 2017 | |||
Duración | 65:44 (CD 1) 63:31 (CD 2) | |||
Xénero(s) | Pop | |||
Selo(s) | Universal Music Group | |||
Produtor | ![]() | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
https://eurovision.tv/event/kyiv-2017 | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Eurovision Song Contest: Kyiv 2017 é o álbum oficial do festival, elaborado pola Unión Europea de Radiodifusión. Lanzouse dixitalmente mediante Universal Music Group o 21 de abril de 2017 e fisicamente o 28 de abril.[236] O álbum ten as 43 cancións participantes, incluíndo as semifinalistas que non lograron pasar á final.[237]
CD 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "World" (Albania) | 2:56 | |||||||
2. | "Fly with Me" (Armenia) | 2:59 | |||||||
3. | "Don't Come Easy" (Australia) | 3:04 | |||||||
4. | "Running on Air" (Austria) | 2:47 | |||||||
5. | "Skeletons" (Azerbaidján) | 2:59 | |||||||
6. | "City Lights" (Bélxica) | 2:54 | |||||||
7. | "Beautiful Mess" (Bulgaria) | 3:00 | |||||||
8. | "Story of My Life" (Belarús) | 3:00 | |||||||
9. | "Apollo" | 2:59 | |||||||
10. | "Gravity" (Chipre) | 2:59 | |||||||
11. | "My Turn" (República Checa) | 2:58 | |||||||
12. | "Perfect Life" (Alemaña) | 3:00 | |||||||
13. | "Where I Am" (Dinamarca) | 2:59 | |||||||
14. | "Do It for Your Lover" (España) | 3:00 | |||||||
15. | "Verona" (Estonia) | 3:02 | |||||||
16. | "Blackbird" (Finlandia) | 3:06 | |||||||
17. | "Requiem" (Francia) | 3:00 | |||||||
18. | "Never Give Up on You" (Reino Unido) | 3:00 | |||||||
19. | "Keep The Faith" (Xeorxia) | 2:58 | |||||||
20. | "This Is Love" (Grecia) | 3:01 | |||||||
21. | "My Friend" (Croacia) | 3:00 | |||||||
22. | "Origo" (Hungría) | 3:03 | |||||||
65:44 |
CD 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Dying to Try" (Irlanda) | 3:00 | |||||||
2. | "Paper" (Islandia) | 2:59 | |||||||
3. | "I Feel Alive" (Israel) | 3:00 | |||||||
4. | "Occidentali's Karma" (Italia) | 3:03 | |||||||
5. | "Rain of Revolution" (Lituania) | 3.05 | |||||||
6. | "Line" (Letonia) | 3:08 | |||||||
7. | "Hey, Mamma!" (Moldova) | 2:59 | |||||||
8. | "Dance Alone" (Macedonia (ARY)) | 3:06 | |||||||
9. | "Breathlessly" (Malta) | 3:00 | |||||||
10. | "Space" (Montenegro) | 2:59 | |||||||
11. | "Lights and Shadows" (Países Baixos) | 3:00 | |||||||
12. | "Grab the Moment" (Noruega) | 2:55 | |||||||
13. | "Flashlight" (Polonia) | 3:00 | |||||||
14. | "Amar pelos dois" (Portugal) | 3:00 | |||||||
15. | "Yodel It!" (Romanía) | 2:56 | |||||||
16. | "Flame Is Burning" (Rusia) | 3:02 | |||||||
17. | "Spirit of the Night" (San Marino) | 3:05 | |||||||
18. | "In Too Deep" (Serbia) | 3:07 | |||||||
19. | "On My Way" (Eslovenia) | 3:00 | |||||||
20. | "I Can't Go On" (Suecia) | 3:03 | |||||||
21. | "Time" (Ucraína) | 3:04 | |||||||
63:31 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.