cantante ucraína From Wikipedia, the free encyclopedia
Susana Jamaladynova (en ucraíno: Сусана Джамаладинова; en tártaro de Crimea: Susana Camaladinova), mellor coñecida como Jamala, é unha cantante kirguiz-ucraína.
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (uk) Сусана Алімівна Джамаладінова 27 de agosto de 1983 (41 anos) Osh, Kirguizistán |
Relixión | Islam |
Educación | Petro Tchaikovsky National Music Academy of Ukraine (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera, compositora de cancións |
Período de actividade | 2001 - |
Xénero artístico | Jazz, Soul, electro (pt) , música pop e folk |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Moon Records Ukraine (pt) Universal Music Group Enjoy! Records (en) Comp Music (pt) |
Participou en | |
14 de maio de 2016 | Festival de Eurovisión 2016 (1ª) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Páxina web | jamalamusic.com |
Ao igual que meirande parte da poboación tártaro-crimea, Jamala naceu en Kirguizistán, onde os seus familiares foron recolocados. Trala independencia da Ucraína regresou xunto coa súa familia a Crimea.
O interese de Jamala pola música vén da súa infancia. Aos 9 anos fixo o seu primeiro traballo musical como afeccionada e aos 12 comezou a cantar cancións folclóricas da súa rexión. Estudou piano na escola musical de Alushta. Tras graduarse, ingresou no Conservatorio Musical Tchaikovsky de Simferopol e de aí á Academia Nacional de Kíiv onde aprendeu a cantar ópera.
En 2011 o seu tema "Smile" foi escollido para representar á Ucraína no Festival de Eurovisión 2011. Porén, un problema cos votos provocou certa controversia. Aínda que Jamala podía participar no festival, retirouse da competición.
O 21 de febreiro de 2016 foi escollida novamente para representar á Ucraína[1] e o 14 de maio de 2016 gañou o Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "1944".[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.