From Wikipedia, the free encyclopedia
Graham William Walker, nado o 4 de abril de 1963 en Bandon, Condado de Cork, Irlanda, coñecido profesionalmente como Graham Norton,[1] é un presentador de radio e televisión, cómico, actor e escritor irlandés, traballando principalmente no Reino Unido. Gañou en cinco ocasións o Premio BAFTA de Televisión polo seu programa de comedia e entrevistas The Graham Norton Show, acadando 8 premios en total sumando outras categorías. Este programa, emitido orixinalmente na canle BBC Two para pasar despois a outras horas na BBC One, pasou no ano 2010 a suceder a Friday Night with Jonathan Ross na programación nocturna da BBC One.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Graham William Walker 4 de abril de 1963 (61 anos) Clondalkin (Irlanda) |
Residencia | Wapping (en) Ahakista (en) Nova York Bandon (en) |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Central School of Speech and Drama University College Cork Bandon Grammar School (en) |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, actor de cinema, columnista, xornalista, humorista, locutor de radio, memorialista |
Período de actividade | 1992 - |
Empregador | British Broadcasting Corporation (2001–) Channel 4 (1998–2003) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Graham Norton, the Eire of Nothing (en) |
|
Tamén é presentador de programas na BBC Radio 2 e é o comentarista da BBC no Festival de Eurovisión.[3] No ano 2012 Norton vendeulle a súa produtora, So Television, á ITV por uns 17 millóns de libras.[2] Nunha enquisa de 2004 da BBC, Norton foi nomeado a oitava persoa máis influente da cultura británica.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.