Festival de Eurovisión 2013

From Wikipedia, the free encyclopedia

Festival de Eurovisión 2013

O LVIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 14, 16 e 18 de maio de 2013 na cidade de Malmö, Suecia, tras a vitoria deste país na edición de 2012 coa canción "Euphoria", interpretada por Loreen.[6] O festival tivo lugar no Malmö Arena. Por primeira vez desde 1995, o festival estivo conducido por unha única presentadora, Petra Mede.[7] Mede contou co apoio do cantante Eric Saade como entrevistador nas conexións coa chamada «Green room» ('Salón verde'), o lugar onde os artistas participantes seguen o desenvolvemento do festival logo de actuar.[8]

Datos rápidos Festival de Eurovisión 2013 "We are one", Datas ...
Festival de Eurovisión 2013
"We are one"
Thumb
Datas
Semi-final 1 14 de maio
Semi-final 2 16 de maio
Final 18 de maio
Anfitrión
Lugar Malmö Arena
Malmö, Suecia
Presentador(es) Petra Mede[1]
Eric Saade (en Green Room)
Supervisor executivo Jon Ola Sand
Participantes
Participantes 39
Países que retornan Armenia
Países que se retiran Bosnia e Hercegovina[2]
Eslovaquia[3]
Portugal [4]
Turquía[5]
Votacións
Canción gañadora "Only Teardrops", Emmelie de Forest
Dinamarca
Festival de Eurovisión
◄2012 2014►
Pechar
Thumb
O Malmö Arena, sede do festival.

39 países participarán no evento como representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Bosnia e Hercegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Por outra parte, Armenia regresou ao concurso tras unha paréntese en 2012.[9] O slogan desta edición foi "We Are One" (Somos un) e está acompañado por un grafismo identificativo, unha bolboreta, que é o seu logotipo.[10]

A gañadora do concurso foi Emmelie de Forest, quen representou a Dinamarca co tema "Only teardrops". A canción danesa, que xa ganara a primeira semifinal, obtivo 281 puntos, superando á gañadora da segunda semifinal, a canción de Azerbaidján interpretada por Farid Mammadov, que obtivo 234 puntos. No terceiro lugar quedou Zlata Ohnevych, a representante de Ucraína, con 214 puntos. Países Baixos pasou por primeira vez a unha semifinal desde 2004, rompendo o récord de anos sen participar nunha final, e ademais obtivo o seu mellor resultado desde 1999 (9º lugar). San Marino obtivo o seu mellor resultado histórico, aínda que quedou ás portas de lograr a súa primeira clasificación a unha final. Tamén, foi a primeira edición que non contou cun representante da antiga Iugoslavia na final desde a súa disgregación.

Festival

Semifinais

Semifinal 1

Moldova pasou á seguinte rolda co tema de Aliona Moon, "O mie".
A famosa cantante Anouk logrou clasificar aos Países Baixos por primeira vez en 9 anos para a final.

A primeira semifinal do Festival da Canción de Eurovisión 2013, celebrouse o martes 14 de maio (21:00 horas CET). 16 países participaron neste evento en busca dun dos 10 boletos á final. Un total de 19 países tiveron dereito a voto nesta semifinal: os 16 participantes máis Reino Unido, Suecia e Italia.

Máis información Nº, País ...
PaísIntérprete(s)CanciónLugarPts.
1Austria AustriaNatália KellyShine1427
2Estonia EstoniaBirgit ÕigemeelEt uus saaks alguse1052
3Eslovenia EsloveniaHannahStraight into love168
4Croacia CroaciaKlapa s MoraMižerja1338
5Dinamarca DinamarcaEmmelie de ForestOnly teardrops1167
6 RusiaDina GaripovaWhat if2156
7Ucraína UcraínaZlata OhnevychGravity3140
8Países Baixos Países BaixosAnoukBirds675
9 MontenegroWho SeeIgranka1241
10Lituania LituaniaAndrius PojavisSomething953
11Belarús BelarúsAliona LanskajaSolayoh764
12 MoldovaAliona MoonO mie495
13 IrlandaRyan DolanOnly love survives854
14Chipre ChipreDespina OlympiouAn me thimase 1511
15Bélxica BélxicaRoberto BellarosaLove kills575
16 SerbiaMoje 3Ljubav je svuda1146
Pechar

Semifinal 2

Aínda que era considerada unha das favoritas[11], San Marino non logrou pasar á gran final.
Farid Mammadov xunto a unha parella de bailaríns durante o seu ensaio xeral.

A segunda semifinal de Eurovisión 2013 realizouse o xoves 16 de maio coa participación de 17 países. Tiveron dereito a voto 20 países: os participantes desta semifinal máis Alemaña, Francia e España.

Máis información Nº, País ...
PaísIntérprete(s)CanciónLugarPts.
1 LetoniaPeRHere we go1713
2 San MarinoValentina MonettaCrisalide (Vola)1147
3Macedonia do Norte A.R.I. MacedoniaEsma & LozanoPred da se razdeni1628
4Azerbaidján AzerbaidjánFarid MammadovHold me1139
5Finlandia FinlandiaKrista SiegfridsMarry me964
6 MaltaGianluca BezzinaTomorrow4118
7Bulgaria BulgariaElitsa Todorova & Stoyan YankulovSamo shampioni (Only champions)1245
8Islandia IslandiaEythor IngiÉg á líf672
9Grecia GreciaKoza Mostra & Agathonas IakovidisAlcohol is free2121
10 IsraelMoran MazorRak bishvilo1440
11 ArmeniaDoriansLonely planet769
12Hungría HungríaByeAlexKedvesem (Zoohacker Remix)866
13 NoruegaMargaret BergerI feed you my love3120
14 AlbaniaAdrian Lulgjuraj & Bledar SejkoIdentitet1531
15 XeorxiaSopho Gelovani & Nodiko TatishviliWaterfall1063
16Suíza SuízaTakasaYou and me1341
17Romanía SuízaCezarIt's my life583
Pechar

Final

A internacionalmente coñecida Bonnie Tyler, representante do Reino Unido, non pasou da 19ª posición na final.

A final celebrouse o 18 de maio no Malmö Arena e estivo composta polos seis clasificados directos, o anfitrión Suecia e o "Big 5" (Francia, Reino Unido, Alemaña, España e Italia), máis os clasificados da primeira semifinal do 14 de maio e a segunda semifinal do 16 de maio. A orde de actuación da final decidírona os produtores pero logo de coñecerse aos clasificados, os mesmos que foron novamente repartidos ao azar na primeira ou segunda metade, tal como ocorreu nas semifinais. Suecia, país anfitrión, actuou na décimo sexta posición segundo determinou un sorteo realizado anteriormente o día 18 de marzo na reunión de delegacións. Os membros do Big 5, coñeceron tamén a través do azar a metade na que actuarían na gala final, este último sorteo realizouse durante a primeira roda de prensa posterior aos ensaios individuais do mércores 15 de maio.

Máis información Nº, País ...
PaísIntérprete(s)CanciónLugarPts.
1Francia FranciaAmandine BourgeoisL'enfer et moi2314
2Lituania LituaniaAndrius PojavisSomething2217
3 MoldovaAliona MoonO mie1171
4Finlandia FinlandiaKrista SiegfridsMarry me2413
5España EspañaEl Sueño de MorfeoContigo hasta el final (With you until the end)258
6Bélxica BélxicaRoberto BellarosaLove kills1271
7Estonia EstoniaBirgit ÕigemeelEt uus saaks alguse2019
8Belarús BelarúsAliona LanskaiaSolayoh1648
9 MaltaGianluca BezzinaTomorrow8120
10 RusiaDina GaripovaWhat if5174
11Alemaña AlemañaCascadaGlorious2118
12 ArmeniaDoriansLonely planet1841
13Países Baixos Países BaixosAnoukBirds9114
14Romanía RomaníaCezarIt's my life1365
15 Reino UnidoBonnie TylerBelieve in me1923
16 SueciaRobin StjernbergYou1462
17Hungría HungríaByeAlexKedvesem (Zoohacker Remix)1084
18Dinamarca DinamarcaEmmelie de ForestOnly teardrops1281
19Islandia IslandiaEythor IngiÉg á líf1747
20Azerbaidján AzerbaidjánFarid MammadovHold me2234
21Grecia GreciaKoza Mostra & Agathonas IakovidisAlcohol is free6152
22Ucraína UcraínaZlata OhnevychGravity3214
23Italia ItaliaMarco MengoniL'essenziale7126
24 NoruegaMargaret BergerI feed you my love4191
25 XeorxiaSopho Gelovani & Nodiko TatishviliWaterfall1550
26 IrlandaRyan DolanOnly love survives265
Pechar
Predecesor:
Azerbaidján Bakú 2012

Festival de Eurovisión

2013
Sucesor:
Dinamarca Copenhaguen 2014

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.