piloto de carreiras francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Esteban José Jean-Pierre Ocon-Khelfane [1] nado en Évreux, Normandía o 17 de setembro de 1996, é un piloto de carreiras francés que competiu para Renault na Fórmula 1 en 2020 e corre para Alpine desde 2021, baixo bandeira francesa.
(2017) | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (mul) Esteban José Jean-Pierre Ocon-Khelfane 17 de setembro de 1996 (28 anos) Évreux, Francia | |||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 186 cm | |||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 66 kg | |||||||||||||||||||||||||||||||
Cor do pelo | Castaño escuro | |||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Francia | |||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 (2016–) karting (2006–2011) automobilismo | |||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | esteban-ocon.com | |||||||||||||||||||||||||||||||
Ocon experimentou unha exitosa carreira xuvenil xa que gañou o Campionato de Europa de Fórmula 3 da FIA de 2014 e a Serie GP3 de 2015 a pesar de que só gañou unha carreira nesta última campaña, o que lle valeu un lugar no Programa de desenvolvemento de pilotos Mercedes, para o que traballou como piloto de reserva. Despois de gañar o título de GP3, Ocon fixo o seu debut na Fórmula Un para Manor Racing no Gran Premio de Bélxica de 2016, substituíndo a Rio Haryanto. Trasladouse a Force India/Racing Point en 2017, co piloto mexicano Sergio Pérez para as tempadas de Fórmula 1 2017 e 2018. Ocon foi despedido por Racing Point ao final da tempada 2018 e, polo tanto, converteuse en piloto de reserva de Mercedes en 2019 ata o seu paso a Renault para 2020.[2] Conseguiu o seu primeiro podio de Fórmula Un no Gran Premio de Sakhir de 2020 e primeira vitoria no Gran Premio de Hungría de 2021.
A pesar de non gañar ningunha carreira nin conseguir un podio en 2022, conseguiu a súa mellor posición na clasificación de pilotos na oitava posición con 92 puntos, a 11 puntos do seu compañeiro de equipo Fernando Alonso, contribuíndo a asegurarse cuarto no Campionato de Construtores para Alpine.
Esteban Ocon naceu en Évreux, Normandía fillo de Sabrine Khelfane e Laurent Ocon, un mecánico propietario dun garaxe en Évreux.[1] A súa familia paterna é orixinaria de Málaga.[3] Mentres competía no karting, os seus pais tiveron que vender a súa casa familiar, que incluía o garaxe do seu pai, para financiar a súa carreira no karting. Despois de vender a casa, viviron e viaxaron ás carreiras nunha caravana que Ocon tamén utilizaba como autocaravana.[4] Desde 2022, Ocon vive en Xenebra, Suíza. Ademais da súa lingua nativa francesa, Ocon tamén fala inglés, español e italiano.
Ocon comezou no karting en 2006, cando terminou oitavo no Campionato de Francia Minime,[5] antes de gañar o campionato do ano seguinte.[6] Continuou a súa xeira gañadora en 2008 no Campionato cadete francés,[7] antes de pasar á escena internacional en 2009. Trasladouse á categoría KF3, permanecendo ata finais de 2011, cando gañou o título francés KF3 e terminou como subcampión na WSK Euro Series.[8]
En 2012, Ocon fixo a súa debut en monoprazas, participando na tempada 2012 da Eurocup Fórmula Renault 2.0 con Koiranen Motorsport.[9] Acabou décimo cuarto con catro acabados puntuables, incluíndo un podio na súa proba de casa en Le Castellet tamén disputou unha campaña parcial na tempada 2012 Formula Renault 2.0 Alps con Koiranen,[10] terminou sétimo con dous podios, ambos dos cales chegaron no Red Bull Ring.
Para a tempada 2013 da Eurocup Fórmula Renault 2.0, decidiu cambiar á ART Junior Team.[11] Logrou tres podios, así como a súa primeira vitoria en Le Castellet e terminou a tempada na terceira posición da táboa.[12]
Ocon fixo o seu debut na Fórmula Tres no Gran Premio de Macau, correndo para Prema Powerteam.[13] En 2014 ampliou a súa colaboración con Prema no Campionato de Europa de Fórmula Tres da FIA.[14] Estivo na primeira posición da clasificación xa na primeira rolda en Silverstone, e gañou o campionato a falta dunha carreira.[15]
Ocon uniuse á categoría da Serie Mundial de Renault 3.5 con Comtec Racing en Hungaroring e Le Castellet. Anotando dous puntos na súa primeira carreira.[16]
O 11 de marzo de 2015, anunciouse que Ocon entraría na serie con ART Grand Prix. Logrou o campionato malia só anotar unha vitoria (perdeu outras dúas vitorias debido ás sancións) e a presión de Luca Ghiotto.
O 10 de febreiro de 2016, anunciouse que Ocon pilotaría un Mercedes-Benz na tempada 2016 da DTM 2016, xunto ao seu papel de reserva en Renault Sport F1. Ocon enche o posto vacante do campión da DTM 2015 e compañeiro no programa xuvenil de Mercedes F1 Pascal Wehrlein que debutou na F1 con Manor Racing.
Ocon tomou parte na primeira sesión de adestramentos libres d Gran Premio de Abu Zabi o 21 de novembro de 2014, pilotando un Lotus F1. Tamén participou na proba logo da carreira en Barcelona con Force India. Antes de lograr o título da GP3, anunciouse que ía entrar no programa xuvenil do equipo de Mercedes de F1. En febreiro de 2016, anunciouse que Ocon actuaría como piloto de reserva para o equipo Renault Sport F1.[17]
O 10 de agosto de 2016, anunciouse que Ocon pilotaria un Manor Racing na segunda metade da tempada 2016, en substitución de Rio Haryanto,[18][19] aínda que Hary quedou no posto de piloto de reserva. Ocon fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 2016, clasificando en penúltimo lugar. Obtivo o seu mellor resultado, 12° no caótico Gran Premio do Brasil, caendo fóra dos puntos na última volta.
O 10 de novembro de 2016, Force India anunciou que contrataran a Ocon para a tempada 2017 como parte do seu contrato multianual con Mercedes.[20] Anotou o seu primeiro punto na Fórmula Un na súa primeira carreira para Force India en Australia.[21] Terminou décimo nas primeiras tres carreiras da tempada. Logo terminou sétimo no GP de Rusia, e continuou a racha de puntos cun impresionante 5º lugar no GP de España. Situouse no oitavo lugar no campionato de pilotos, despois do Gran Premio de Austria. Logo diso, rexistrou o 8º lugar fronte ao seu compañeiro de equipo. Seguiu co noveno en Hungría. A súa racha de 27 carreiras consecutivas sen retirarse terminou no Gran Premio do Brasil onde tivo un accidente co seu compatriota Romain Grosjean cando chocaron na primeira volta da carreira. Terminou a súa primeira tempada completa con 87 puntos e 8º no campionato logo dun oitavo lugar na última carreira da tempada, o Gran Premio de Abu Zabi.
Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañados | Poles | V. rápidas | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Eurocup Formula Renault 2.0 | Koiranen Motorsport | 14 | 0 | 0 | 0 | 1 | 31 | 14º |
Formula Renault 2.0 Alps | 9 | 0 | 0 | 1 | 2 | 69 | 7º | ||
2013 | Eurocup Formula Renault 2.0 | ART Junior Team | 14 | 2 | 1 | 1 | 5 | 159 | 3º |
Formula Renault 2.0 NEC | 8 | 1 | 0 | 1 | 3 | 122 | 12º | ||
Macau Grand Prix | Prema Powerteam | 2 | 0 | 0 | 0 | 0 | N/A | 10º | |
2014 | FIA European Formula 3 Championship | Prema Powerteam | 33 | 9 | 15 | 7 | 21 | 478 | 1º |
Formula Renault 3.5 Series | Comtec Racing | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 23º | |
Fórmula 1 | Lotus F1 Team | Piloto de probas | |||||||
2015 | GP3 Series | ART Grand Prix | 18 | 1 | 3 | 5 | 14 | 253 | 1º |
Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | Piloto de probas | |||||||
2016 | Fórmula 1 | Mercedes AMG Petronas F1 Team | Piloto de probas | ||||||
Renault Sport F1 Team | Piloto de probas | ||||||||
Manor Racing MRT | 9 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 23º | ||
Deutsche Tourenwagen Masters | Mercedes-Benz DTM Team ART | 10 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 26º | |
2017 | Fórmula 1 | Sahara Force India Formula 1 Team | 20 | 0 | 0 | 0 | 0 | 87 | 8º |
2018 | Fórmula 1 | Sahara Force India F1 Team | 12 | 0 | 0 | 0 | 0 | 49 | 12º |
Racing Point Force India F1 Team | 9 | 0 | 0 | 0 | 0 | ||||
2019 | Fórmula 1 | Mercedes- AMG Petronas Motorsport | Piloto de probas | ||||||
2020 | Fórmula 1 | Renault DP World F1 Team | 17 | 0 | 0 | 0 | 1 | 64 | 12º |
2021 | Fórmula 1 | Alpine F1 Team | 22 | 1 | 0 | 0 | 1 | 74 | 11º |
2022 | Fórmula 1 | Alpine F1 Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 92 | 8º |
2023 | Fórmula 1 | Alpine F1 Team | 22 | 0 | 0 | 0 | 1 | 58 | 12º |
2024 | Fórmula 1 | Alpine F1 Team | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 5* | 18º* |
* Tempada en curso.
(clave)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Prema Powerteam | SIL 1 2 |
SIL 2 1 |
SIL 3 3 |
HOC 1 9 |
HOC 2 1 |
HOC 3 2 |
PAU 1 1 |
PAU 2 2 |
PAU 3 2 |
HUN 1 2 |
HUN 2 1 |
HUN 3 1 |
SPA 1 Ret |
SPA 2 2 |
SPA 3 2 |
NOR 1 2 |
NOR 2 14 |
NOR 3 2 |
MSC 1 1 |
MSC 2 1 |
MSC 3 1 |
RBR 1 13 |
RBR 2 Ret |
RBR 3 13 |
NÜR 1 6 |
NÜR 2 3 |
NÜR 3 Ret |
IMO 1 1 |
IMO 2 4 |
IMO 3 3 |
HOC 1 7 |
HOC 2 4 |
HOC 3 7 |
1º | 478 |
(clave) (Carreiras e negra indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso.
(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
(clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
* Tempada en curso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.