xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Didelphis é un xénero de marsupiais da orde dos didelfimorfos, familia dos didélfidos, subfamilia dos didelfinos e tribo dos didelfinos.[1][2]
Didelphis Rango fósil: cretáceo superior - actualidade | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Didelphis virginiana | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Especiese Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inclúe seis especies, entre as que se encontran dúas das especies de marsupiais americanos máis coñecidas e estendidas polo continente, Didelphis marsupialis, que é a especie tipo,[1] de distribución suramericana, e Didelphis virginiana, que habita en América do Norte, chegando até América central.
A pesar da súa tremenda capacidade de adaptación a practicamente calquera bioma, estes animais prefiren os ambientes húmidos da selva tropical e o bosque temperado, aínda que son capaces de sobrevivir en numerosos ecosistemas, incluíndo espazos relativamente áridos ou considerabelmente fríos.
Entre as especies deste xénero áchanse os únicos marsupiais que aínda poboan o subcontinente norteamericano. Trátase de Didelphis virginiana, cuxas poboacións se estenden por numerosos hábitats desde a metade sur dos Estados Unidos até Costa Rica. O resto das especies do xénero distribúense unicamente pola rexión Neotropical.
O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na páxina 54 do volume 1º da décima edición do seu Systema Naturae.[1]
O nome do xénero, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dĕlphys "útero", "matriz".[3]
Ademais de polo protónimo, cuñado por Linneo, ao longo do tempo o xénero tamén foi coñecido polos seguintes sinónimos:[1][2]
No xénero recoñécense na actualidade as seguintes especies e subespecies:[1][2]
Ademais, coñécese unha especie extinta, †Didelphis solimoensis Couzzol et al. 2006.[6]
As princiupais características das esspecies deste xénero son:[7]
Son animais de mediano tamaño con marcado dimorfismo sexual, pudendo os machos alcanzaren o duplo do peso que as femias.
O corpo está cuberto por unha capa de pelos longos ásperos de cor variábel (negro, gris, roxo ou, máis raramente, branco) baixo a cal existe outra de pelo branco máis curto e denso, característica esta común ao xénero e diferenciadora doutros didélfidos nos que esta non existe ou é moi escasa. Como na maior parte dos cuadrúpedes, as rexións ventrais son de tons máis claros, brancos ou cremosos.
A cabeza é relativamente grande, co fociño acuminado provisto de longas vibrisas extremadamente sensíbeis ao tacto. O rostro é pálido (nunca branco) e está sucado por unha liña media moura sobre a fronte. Outras dúas bandas de tonalidade similar cruzan os ollos, negros e redondos, que reflicten tons avermellados cando lles dá a luz directamente. As orellas son estreitas, están espidas e son completamente negras nos adultos.
As extremidades son negras e os dedos de mans e pés presentan as características xerais da familia.
A cola, con capacidade prénsil, é longa, de maior lonxitude que o conxunto de cabeza e tronco. A base está cuberta de pelo, aínda que vai espíndose cara ao extremo, á vez que se cobre de escamas. Igualmente vai aclarándose desde negra na base a branca ou case branca no ápice.
Os espécimes que habitan as rexións máis frías poden perder as orellas e o extremo distal da cola debido a necrose crioxénica.
As femias presentan un marsupio ben desenvolvido en cuxo interior se dispoñen un número variábel de mamilas (até trece) formando un círculo, ademais doutra mamila no centro do mesmo.
No mapa da dereita, móstrase a distribución xeográfica das especies do xénero.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.