Prensilidade
calidade dun apéndice ou un órgano para agarrar From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
calidade dun apéndice ou un órgano para agarrar From Wikipedia, the free encyclopedia
A prensilidade é a calidade dun apéndice ou un órgano que ten unha adaptación biolóxica para agarrar ou suxeitar.
De ditos apéndices ou órganos dise que son prénsiles.[1]
Os termos prénsil e prensilidade (calidade de prénsil) entraron nas linguas europeas modernas no século XVIII a través do francés préhensile, tomado do latín prehensus, participio pasado de prehendere, "coller", "prender", "atrapar", "capturar".[2]
A prensilidade é unha adaptación que permitiu ás especies que gozan desta calidade unha gran vantaxe natural na manipulación do seu contorno para a alimentación, a escavación e a defensa. Isto permite a moitos animais, como os primates, usar ferramentas co fin de completar as tarefas que doutro modo sería imposíbel sen a anatomía altamente especializada que posúen. Por exemplo, os chimpancés teñen a capacidade de usar pequenos pauciños para obteren térmites e larvas dunha maneira similar á pesca dos humanos.
Porén, non todos os órganos prénsiles úsanse como ferramentas; a lingua das xirafas, por exemplo, utilízase na alimentación e en condutas de autolimpeza.
Entre os apéndices que poden converterse en prénsiles están:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.