From Wikipedia, the free encyclopedia
A cetraría, ou cetrería,[1] é a actividade de cazar con aves rapaces adestradas, especialmente con falcóns, azores e outras aves de presa para a captura de especies de aves. O humano captura e liga á ave de presa ao propio home, por reflexos condicionados, e a adestra na caza e na fidelidade. A súa ave captura entón outras aves ou calquera outro tipo de presa, xeralmente cuadrúpedes pequenos ou medianos, como coellos ou lebres.
A cetrería, un patrimonio humano vivo | |
---|---|
A aguia é moi usada en cetrería | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Europa, Estados árabes e Asia e Pacífico |
Localización | N/D |
Tipo | inmaterial |
Criterios | Criterios |
Inscrición | N/D |
Identificador | {{{ID}}} |
A cetrería foi unha práctica moi estendida na Idade Media, ligada á nobreza e aos potentados. Acabou decaendo polo progreso das armas de fogo e a maior vistosidade e festividade que se podía ofrecer coas partidas de caza maior, especialmente a montaría.
O 16 de novembro de 2010, a Unesco declarouna Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade,[2] nunha candidatura multinacional de Arabia Saudita, Bélxica, República Checa, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, España, Francia, Marrocos, Mongolia, Qatar e Siria. O 6 de decembro de 2012 uníronse a esta candidatura Austria e Hungría.[3], e o 30 de novembro de 2016 adheríronse tamén Alemaña, Italia, Casaquistán, Paquistán e Portugal.[4]
As orixes da cetrería son moi antigas. É posíbel que se descubrise na China, xa que existen moitas referencias sobre a práctica da cetrería antes de Cristo en diversos textos chineses.
No mundo greco-latino non se practicou a cetrería. Algunhas das representacións que fan pasar como de cetrería, tan só o son do que entre os romanos se chamaba aucupio (captura de paxaros, paxaritaría).
Parece que a Europa occidental chegou da man das invasiónes godas. O primeiro testemuño gráfico, datado no século V d.C., encóntrase nos mosaicos da Vila do Falconeiro en Argos, Grecia. Posteriormente menciónase nas leis dos pobos xermánicos que pouco a pouco foron traspasando as fronteiras do Imperio romano e que se asentaron ao sur dos ríos Rin e Danubio.
Na Península Ibérica localizouse no campo arqueolóxico de Mértola (Portugal) un mosaico, fragmentario, que só se pode interpretar como unha escena de cetrería. O feito de que se descubrira nun estrato inferior dunha construción musulmá, é un claro indicio de que a cetrería chegou á Península Ibérica da man dos pobos xermánicos.[5]
Por outra parte, as fontes árabes indican que cando os primeiros invasores musulmáns entraron na península descubriron e adoptaron unha modalidade cetreira que se pode interpretar como altanería (caza con falcóns e outras aves de rapina de alto voo).
En Europa a época dourada desta arte e afección foi a Idade Media. Pódese dicir que máis ou menos desde o século VI até o século XVI, no que se practicaba a caza con falcóns e azores, gozou do seu maior auxe e difusión. Esta técnica venatoria perdeu terreo fronte ás novas armas de fogo e, tamén, a causa do custoso que era manter un bo equipo de falcóns e falconeiros, pois a cetrería, polo xeral, foi unha práctica reservada a reis e grandes señores, aínda que non había ningunha lei que se a prohibira ao pobo, pero para obter comida había métodos máis efectivos e seguros.
Hoxe é un deporte que no mundo occidental se practica con aves de presa criadas en catividade, o cal non supón ningún perigo para as aves salvaxes. Porén, aínda hai zonas remotas nas que se seguen capturando aves silvestres.
En novembro de 2010 a cetrería foi declarada patrimonio cultural inmaterial da Humanidade, por ser un dos métodos de caza tradicionais máis antigos, selectivo coas presas cinexéticas, non contaminante e respectuoso co medio ambiente.[4]
Os principais elementos que compoñen o equipo dun cetreiro, á parte, claro está, da ave de presa, son:
As especies máis empregadas na cetrería son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.