pobo xermánico From Wikipedia, the free encyclopedia
Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia e, posteriormente, no 507, por causa da derrota na batalla de Vouillé contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se estendía por case toda a Península Ibérica.
As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.
A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano. Por esta razón, ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en Siria e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles tiñan en moita estima.
Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.
O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Porén, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.