asteroide From Wikipedia, the free encyclopedia
28978 Ixion é un obxecto do cinto de Kuiper que foi descuberto o 22 de maio do ano 2001. Ixion é un plutino (un obxecto que está nunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno) e é un candidato a planeta anano; o seu diámetro foi estimado en 650 km polo Telescopio Espacial Spitzer que fai deste obxecto o quinto plutino en tamaño. Foi bautizado coma Ixión, un personaxe da mitoloxía grega. Ixion foi descuberto dende o Observatorio de Cerro Tololo.[2] É moderadamente vermello visto baixo a luz visible e ten unha superficie que é unha mestura de tolinas e xeo de auga.
Descubrimento e clasificación[1][2] | |
---|---|
Descuberto polo | programa Deep Ecliptic Survey |
Descuberto dende o | Observatorio de Cerro Tololo |
Descuberto o | 22-05-2001 |
Nome no Mpc | 28978 Ixion |
Nome alternativo | 2001 KX76 |
Categoría no Mpc | TNO (plutino)[3] |
Características orbitais[1] | |
Época= 31-12-2006 (2 454 100,5 xd) | |
Afelio | 7.370,503 Gm (49,269 UA) (Q) |
Perihelio | 4.501,495 Gm (30,091 UA) (q) |
Eixo semi-maior | 5.935,999 Gm (39,680 UA) |
Excentricidade | 0,242 |
Período orbital | 91.295,847 d (249,95 ax) |
Inclinación | 19,584° |
Anomalía media | 268,546° (M) |
Lonxitude do nodo ascendente | 71,028° |
Argumento do perihelio | 298,779° |
Características físicas | |
Diámetro | 650 (+260 -220) km[4] < 822 km de diámetro[5] |
Área superficial | < 2,24 x 106 km2 |
Volume | < 3,15 x 108 km3 |
Masa | ≈3 x 1020 kg[note 1] |
Densidade | 2,0? g/cm³ |
Gravidade superficial | 0,2297? m/s² |
Velocidade de escape | 0,4346? km/s |
Período de rotación | ? |
Tipo espectral | (moderadamente vermello) B-V=1,03; V-R=0,61[6] |
Albedo | 0,15-0,37[5] 0,12 (+ 0,14 - 0,06}}[4] |
Magnitude aparente | 19,6 (en oposición) [7] |
Magnitude absoluta | 3,86 (banda-V) 3,25 (banda-R)[6] |
Temperatura superficial | ≈44 K |
Tamaño angular | 0,022″ |
Exceptuando Plutón, Ixion foi o primeiro TNO descuberto que orixinalmente se lle estimase un tamaño maior có do asteroide Ceres,[8] No 2002, un ano despois do seu descubrimento, aínda se seguía pensando que Ixion tiña máis de 1000 km de diámetro.[9] As estimacións do 2002 estaban baseadas nunha detección errónea feita a 250 GHz que non puido ser confirmada en posteriores observacións.[10] Estimacións máis recentes suxiren que Ixion ten un albedo alto[5] e que é máis pequeno ca Ceres. Observacións de Ixion feitas polo Telescopio Espacial Spitzer na parte do espectro do infravermello profundo indican que o seu tamaño é duns 650 km.[4]
Ixion e moderadamente vermello (un pisco máis cá 50000 Quaoar) baixo a luz visible.[11] Tamén ten un albedo máis alto (>0.15) cós cubewanos vermellos de tamaño medio.[10] Podería estar presente unha traza nunha lonxitude de onda de 0.8 μm no seu espectro, a cal normalmente é atribuída a unha alteración dos materiais da superficie por parte da auga.[11] No infravermello próximo, o espectro de Ixion é plano e sen trazas distintivas. A banda de absorción do xeo de auga que está entre 1,5 e 2 μm é inexistente. Isto contrasta co espectro de Varuna, o cal ten trazas distintivas no infravermello próximo así coma unha prominentes bandas de absorción de auga.[12] Tanto os estudos espectroscópicos da luz visible así coma da luz infravermella amosan que a superficie de Ixion é unha mestura de xeo de auga, carbono escuro e tolinas, as cales son copolímeros formados pola irradiación dos clatratos de auga e de compostos orgánicos.[13] O Very Large Telescope (VLT) inspeccionou Ixion na procura de actividade cometaria, pero non detectou ningunha coma.[14] Ixion actualmente atópase a unha distancia dunhas 41 UAs respecto do Sol,[7] e é posible que Ixion poida desenvolver unha coma ou unha atmosfera temporal cando se aproxime ó seu perihelio.
Ixion podería ocultar unha estrela relativamente brillante de magnitude aparente 11,5 na constelación de Ophiuchus o 19 de xullo do 2010.[15] Este evento podería ser visible en Norte América.[15] A RA e a DE para este evento está situado nunha rexión rica en estrelas, coa posición 16 54 25,8620 −24 24 22,856.[15] A ocultación podería durar máis de 45 segundos,[15] pero a ruta para a predita ocultación podería non pasar pola Terra. A detección dunha ocultación axudaría a precisar mellor o diámetro deste candidato a planeta anano.
Ixion e Plutón seguen órbitas semellantes pero con diferentes orientacións: o perihelio de Ixion está por debaixo da eclíptica e pola contra o de Plutón está por riba. O contrario do que é usual en obxectos en resonancia orbital con Neptuno (tales coma Orcus), Ixion aproximase bastante a Plutón, un pouco por debaixo do 20 graos de separación angular. Ixion está actualmente cruzando a eclíptica cara a abaixo e acadará o seu perihelio no ano 2070. Plutón pasou ó seu perihelio no ano 1989 e actualmente está descendendo cara a eclíptica. O período orbital de Ixion é de polo menos de 250 anos, só un 0,5% máis grande có de Plutón. Ixion demostrou ter cambios regulares no seu brillo, o cal pensase que é debido á súa rotación. Con todo isto e a altura do ano 2010, o período de rotación de Ixion aínda non puido ser precisado.[13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.