From Wikipedia, the free encyclopedia
O telescopio espacial Spitzer, anteriormente coñecido como Space Infrared Telescope Facility e o seu acrónimo SIRTF, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de agosto de 2003 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][4]
Telescopio Espacial Spitzer / Space Infrared Telescope Facility / SIRTF | |
---|---|
Representación artística de Spitzer | |
Tipo | Observatorio espacial |
Fabricante | Lockheed Martin, Ball Aerospace |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 25 de agosto de 2003, 5:35 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Delta 7920H[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[2][5] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas no infravermello[2][5] |
NSSDC ID | 2003-038A |
Masa | 923 kg[2][4][5] |
Dimensións | 4,45 m de altura por 2,11 m de diámetro[5] |
O telescopio Spitzer pertence ao Programa de Grandes Observatorios da NASA xunto co telescopio espacial Hubble, o telescopio espacial Chandra de raios X e o desaparecido observatorio espacial Compton de raios gamma.[2][3][4]
Spitzer ten unha apertura de 0,85 m de diámetro e tres instrumentos arrefriados crioxenicamente con helio líquido para facer observacións no rango de lonxitudes de onda do infravermello, en concreto entre 3 e 180 micrómetros. O observatorio está estabilizado nos tres eixos e emprega un sistema de apuntado inercial celeste. Consta dun bus octogonal e un panel solar que protexe o tubo do telescopio, que é de tipo Ritchey-Chrétien. O observatorio ten un tamaño total de 4,45 m de alto e 2,11 m de diámetro. Está nunha órbita solar de tal modo que segue á Terra na súa órbita.[2][3][4]
O rango infravermello no que traballa Spitzer é adecuado para o estudo das propiedades físicas dos obxectos do Sistema Solar, das nubes de po circumstelares, para a busca de ananas marróns, o estudo infravermello de galaxias e para facer medicións de cuásares. Spitzer estendeu ademais os estudos do observatorio espacial IRAS relativos a estrelas en formación.[2][3][4]
Spitzer leva tres instrumentos a bordo:[2][3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.