Observatorio espacial colaboración da NASA e da ESA. From Wikipedia, the free encyclopedia
O Telescopio espacial Hubble (HST polas súas siglas inglesas) é un telescopio robótico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera, en órbita circular ó arredor da Terra, a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Telescopio Espacial Hubble / HST | |
---|---|
O Telescopio espacial Hubble visto dende o Transbordador espacial Discovery durante a misión STS-82 | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA/ESA |
Data de lanzamento | 24 de abril de 1990, 12:33 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial Discovery[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6] |
Obxectivo da misión | Observacións astronómicas no rango óptico, ultravioleta e infravermello.[2][6] |
NSSDC ID | 1990-037B |
Masa | 11.600 kg[2][5][6] |
Potencia | 2400 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6934 km[1] |
Inclinación | 28,5 graos[1] |
Apoapse | 565,8 km[1] |
Periapse | 560,9 km[1] |
Denominado desa forma en honor de Edwin Hubble, foi posto en órbita o 24 de abril de 1990 durante a misión STS-31 como proxecto conxunto da NASA e da ESA, inaugurando o programa de Grandes Observatorios. O telescopio pode obter imaxes cunha resolución óptica maior de 0,1 segundos de arco.
O Hubble traballa no rango de frecuencias entre o ultravioleta e o infravermello próximo. Os seus 11.000 kg foron lanzados o 24 de abril de 1990. Outras características:
A vantaxe de dispoñer dun telescopio máis aló da atmosfera radica, principalmente, en que deste xeito pódense eliminar os efectos da turbulencia atmosférica, sendo posible alcanzar o límite de difracción como resolución óptica do instrumento. Ademais, a atmosfera absorbe en grande medida a radiación electromagnética en certas lonxitudes de onda, especialmente no infravermello, diminuíndo a calidade das imaxes e imposibilitando a adquisición de espectros en certas bandas caracterizadas pola absorción da atmosfera terrestre. Os telescopios terrestres vense tamén afectados por factores meteorolóxicos (presenza de nubes) e a contaminación lumínica ocasionada polos grandes asentamentos urbanos, o que reduce as posibilidades de instalación de telescopios terrestres.
O Telescopio Espacial Hubble foi un dos proxectos que, sen dúbida, máis teñen contribuído ó descubrimento espacial e desenvolvemento tecnolóxico de toda a Historia da Humanidade. Gran parte do coñecemento científico do que os estudosos dispoñen do espazo interestelar débese ao Telescopio Hubble.
A unidade ten un peso en torno a 11 toneladas, é de forma cilíndrica e ten unha lonxitude de 13,2 m e un diámetro máximo de 4,2 m. O custo do telescopio ascendeu (en 1990) a 2.000 millóns de dólares US. Inicialmente un erro no puído do espello primario do telescopio (debido a cuestións de programación da máquina correspondente) produciu imaxes lixeiramente desenfocadas debido a aberracións esféricas. Aínda que este fallo foi considerado no seu día como unha importante neglixencia por parte do proxecto, a primeira misión de servizo na que unha nave tripulada se achegou ó telescopio espacial puido instalar un sistema de corrección óptica capaz de corrixir o defecto do espello primario con pouca perda, acadándose as especificacións de resolución previstas ó inicio.
O telescopio é un reflector de dous espellos, tendo o principal 2,4 m de diámetro. Para a exploración do ceo incorpora varios espectrómetros e tres cámaras, unha de campo estreito para fotografar zonas pequenas do espazo (de brillo débil polo seu afastamento), outra de campo ancho, para obter imaxes de planetas, e unha terceira, infravermella.
Para a xeración de electricidade empréganse dous paneis solares que alimentan as cámaras, os catro motores empregados para orientar e estabilizar o telescopio e os equipos de refrixeración da cámara infravermella e o espectrómetro que traballan a 93 K.
Desde o seu lanzamento, o telescopio recibiu varias visitas dos astronautas para corrixir diversos erros de funcionamento e instalar equipo adicional. Debido ao rozamento coa atmosfera (moi tenue a esa altura), o telescopio vai perdendo velocidade moi lentamente e á vez gañando peso por mor da interacción atractiva entre corpos con masa (o proceso de deceleración fai que descenda a súa altitude, achegándoo máis á codia terrestre, e aumentando polo tanto a forza de atracción que a Terra posúe sobre o satélite, o que aumenta inda máis o proceso de descenso), de modo que cada vez que é visitado, o transbordador espacial debe empuxalo a unha órbita lixeiramente máis alta. Deste xeito, conséguese manter a órbita, que fora alterada polos efectos físicos antes mencionados, rozamento e atracción terrestre.
A quinta misión de mantemento, prevista para 2006, cancelouse. Con ela, estaba previsto que o Hubble acadase o final da súa vida útil en 2010, 5 anos máis tarde do previsto. O fin do Hubble, xa que logo, é incerto, xa que depende da vida dos xiroscopios, baterías e o freado atmosférico. A Axencia Espacial Canadense, a ESA e a NASA prevén lanzar en 2019 o telescopio James Webb para substituír o Hubble.[7][8][9]
O 14 de xuño de 2006 a Cámara de recoñecemento avanzado (siglas en inglés, ACS), un dos instrumentos considerados fundamentais no telescopio, deixou de funcionar. A causa estribaba nun problema de excesiva voltaxe no circuíto de alimentación principal, e puido ser arranxada coa activación do sistema de apoio. O 30 de xuño a ACS volveu funcionar correctamente. O 31 de outubro de 2006, o Administrador de NASA anunciou a aprobación para unha misión de mantemento. Esta misión de 11 días de duración, pautada tentativamente entre a primavera e o outono de 2008, entraña a instalación de novas baterías, da terceira cámara de ángulo ancho do Telescopio Espacial e dun novo espectrógrafo, así como a reparación os xiroscopios.
En 2019 segue funcionando e enviando imaxes de xeito periódico, como as de vixilancia dos planetas Urano e Neptuno.[10]
No seu 32 aniversario, o HST nfocou ó Hickson Compact Group 40, un grupo de cinco galaxias en proceso de mestura.[11]
O Hubble contribuíu a revitalizar algunhas preguntas postas con antelación á súa existencia:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.