Ophiuchus, en galego Ofiúco,[1] ou Serpentario[2] é unha das 88 constelacións modernas, e xa era unha das 48 listadas por Tolomeo. Pode verse en ambos hemisferios entre os meses de abril a outubro por ficar sobre o ecuador celeste. Ophiuchus tamén era chamada antigamente Serpentarius (/ˌsɚpənˈtɛəriəs/), nomes respectivamente en grego e en latín que significan o mesmo, o portador da serpe.

Datos rápidos Ophiuchus, Nome latino ...
Ophiuchus
Thumb
Nome latino Ophiuchus
Abreviatura Oph
Xenitivo Ophiuchi
Simboloxía O portador da serpe
Ascensión recta 17 h
Declinación 0°
Área 948 graos cadrados

Rango 11

Número de estrelas

(magnitude < 3)

5
Estrela máis brillante α Oph (Ras Alhague)

(magnitude ap. 2,1)

Choiva de meteoros
  • Ophiuchidas
  • Ophiuchidas do Note de Maio
  • Ophiuchidas do Sur de Maio
  • Theta Ophiuchidas
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +80° e 80°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Xullo

Pechar

Ó norte de Ofiúco atópase Hércules, o suroeste Saxitario e ó sueste Escorpio (Scorpius); ó leste atópase a Cabeza da Serpe (Serpens Caput) e Libra, mentres co oeste quedan Aguia (Aquila), Escudo de Sobieski (Scutum) e a Cola da Serpe (Serpens Cauda). A constelación queda flanqueada pola Cabeza e a Cola da Serpe, que pode ser considerada coma unha única constelación: Serpe (Serpens), que a atravesa. O conxunto resultante é un home rodeado por unha serpe.

Estrelas principais

  • α Ophiuchi (Ras Alhague ou Rasalhague), a máis brillante da constelación con magnitude 2,09 e de cor branca; situada preto de Ras Algethi (α Herculis) ó norte da constelación.
  • β Ophiuchi (Cebalrai), de magnitude 2,77 e cor alaranxada, situada tamén ó norte da constelación.
  • δ Ophiuchi (Yed Prior), de magnitude 2,73 e cor vermella, situada ó sur da constelación e preto da cabeza da serpe.
  • ε Ophiuchi (Yed Posterior), moi preto de Yed Prior e de magnitude 3,23, unha estrela xigante de cor amarela.
  • ζ Ophiuchi, a terceira máis brillante da constelación (magnitude 2,54), estrela do raro tipo espectral O (azul escuro).
  • η Ophiuchi (Sabik), a segunda máis brillante con magnitude 2,43, estrela binaria branca da secuencia principal.
  • λ Ophiuchi (Marfik), estrela tripla situada no cóbado de Ofiúco.
  • X Ophiuchi, sistema binario composto por unha variable Mira e unha xigante laranxa separadas uns 0,5 segundos de arco.
  • RS Ophiuchi, nova recorrente formada por unha xigante vermella e unha anana branca. O seu brillo incrementase a intervalos irregulares varios centos de veces nuns poucos días. Pensase que está apunto de converterse nunha supernova tipo-1a.[3]
  • 70 Ophiuchi e 36 Ophiuchi, sistemas estelares próximos á Terra, o primeiro a 16,6 anos luz e o segundo a 19,5 anos luz.
  • Estrela de Barnard, a segunda estrela máis próxima ó sistema solar a 5,96 anos luz, unha anana vermella de brillo feble non visible a simple vista.
  • Gliese 628 (Wolf 1061), anana vermella a 13,81 anos luz.
  • Gliese 673, anana laranxa a 25,2 anos luz.

Obxectos notables do espazo profundo

  • SN 1604 (Supernova de Kepler), supernova que tivo lugar no ano 1604.
  • Os cúmulos globulares M10 e M12 ó norte, ambos de cor amarela polas estrelas xigantes vermellas e alaranxadas.
  • Os cúmulos globulares M9 e M107, este último preto do plano galáctico a unha distancia duns 20 000 anos luz; ambos ó sur da constelación.
  • NGC 6240, galaxia luminosa no infravermello, remanente da fusión de dúas galaxias menores.
  • NGC 6369, nebulosa planetaria coñecida tamén coma Nebulosa do Pequeno Espírito ou da Pequena Pantasma.
  • Nebulosa M2-9 (tamén coñecida como Nebulosa dos Chorros Xemelgos e Nebulosa As de Bolboreta), unha nebulosa planetaria bipolar que no seu centro posúe unha estrela binaria.
  • Tamén cita-lo cúmulo aberto IC 4665, o cúmulo NGC 6633, e os cúmulos globulares M14, M19, M62.

No 2005, astrónomos que usaban datos do Telescopio Green Bank descubriron unha superburbulla tan longa que se estende máis ala plano da galaxia .[4] É chamada a Superburbulla de Ophiuchus.

En abril do 2007, os astrónomos anunciaron que o satélite de fabricación sueco Odin fixera a súa primeira detección de nubes de oxixeno molecular no espazo, seguindo unha pescuda na constelación de Ophiuchus.[5]

En aproximadamente 40 000 anos a Voyager 1 probablemente pasara a uns 1,6 anos luz da estrelas AC+79 3888, a cal está situada en Ophiuchus.[6]

Historia

Thumb
Debuxo de Johannes Kepler dando a localización da stella nova no pé de Ophiuchus.

Esta constelación, coñecida dende antigüidade, é unha das 48 constelacións descritas por Tolomeo. Era coñecida tamén coma Serpentarius, a forma latina do seu nome.

O evento máis importante ocorrido na historia de Ophiuchus é a Supernova do 1604, a cal foi obsevada por primeira vez o 9 de outubro de 1604, preto de θ Ophiuchi. Johannes Kepler viuna e estudouna de forma intensiva dende o 16 de outubro, de tal xeito que esta supernova pasou a ser chamada a Supernova de Kepler. Publicou ós seus descubrimentos nun libro titulado De stella nova in pede Serpentarii (A nova estrela no pé de Ophiuchus). Galileo usou a súa breve aparición para rebater o dogma de Aristóteles de que o firmamento era inmutable.

Ocorreu só 32 ano despois doutra supernova ocorrida en in Cassiopeia que fora observada por Tycho Brahe; a última supernova ocorrida con anterioridade fora no 1054 (ver Nebulosa do Cangrexo), e despois de Kepler non houbo máis novas visibles a simple vista até o ano 1987 (ver Supernova 1987a.)

Unha estrela, e un dos seus planetas, en galego

Desde o 17 de decembro de 2019, unha estrela anana amarela desta constelación, de magnitude relativa 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros, semellante ao noso Sol e situada a 240 anos luz, até o de agora coñecida como HD 149143, leva o nome de Rosalíadecastro, e un planeta asociado a ela, o HD 149143 b, descuberto en 2005, pasa a denominarse Riosar.

Estes nomes foron os claros vencedores da votación en Internet para elixir o nome dunha estrela e un su planeta, dentro do proxecto internacional impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU) como parte das actividades de celebración do seu centenario. Baixo o nome de NameExoWorlds asignouse a cada país, máis de 110 en total, un sistema formado por unha estrela e un planeta que a orbita para que se lle deran nomes mediante a participación cidadá. No caso de España votouse entre unha ducia de propostas; a proposta galega, impulsada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, co apoio da Fundación Rosalía de Castro e a e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, gañou cun total de 34 179 votos, o 39 % do total.[7][8][9]

Mitoloxía

Na mitoloxía grega Ofiúco correspóndese con Asclepio, fillo do deus Apolo e a humana Corónide. Este desenvolveu tal habilidade na medicina, que se dicía que era capaz incluso de resucitar ós mortos. Moi ofendido por isto, Hades pidiulle Zeus que o matase por viola-la orde natural das cousas, Zeus accedeu á petición. Non obstante, coma homenaxe á súa valía, decidiu situalo no ceo rodeado pola serpe, símbolo da vida renovada.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.