Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Scutum, ou Escudo,[1] é unha pequena constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada por Johannes Hevelius no 1690 baixo o nome de Scutum Sobiescii ou Scutum Sobiescianum (o "escudo de Sobieski"), para honrar o rei e heroe polaco Xoán III Sobieski. É a única constelación moderna que se asocia a unha figura histórica.
Scutum | |
---|---|
Nome latino | Scutum |
Abreviatura | Sct |
Xenitivo | Scuti |
Simboloxía | Escudo de Xoán III Sobieski |
Ascensión recta | 19 h |
Declinación | -10° |
Área | 109 graos cadrados
Rango 84º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | Alfa (α) Scuti
(magnitude ap. 3,85) |
Choiva de meteoros |
Scutidas de Xuño |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +80° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto | |
{{{notas}}} |
Cunha área de 109 graos cadrados, Scutum é a quinta constelación de menor tamaño. A máis brillante das súas estrelas é Alfa (α) Scuti (mag. 3.85). Porén, a Vía Láctea atravésaa, e unha das súas rexións máis brillantes localízase no extremo nordeste desta constelación. Esta área comunmente recibe o nome de Nube Estelar de Scutum.
Scutum é unha constelación moderna, foi inventada a finais do século XVII. Por isto, non ten ningún elemento mitolóxico asociado a ela. Con Coma Berenices é unha das poucas constelacións que fan referencia a unha figura histórica no canto de facer referencia a unha figura mitolóxica ou a un obxecto.
Nome | Mag. | α (X2000.0) |
δ (X2000.0) |
Distancia anos luz |
Comentarios |
---|---|---|---|---|---|
Alfa (α) Scuti | 3,85 | 18h 35m 12,4s | −08° 14' 39" | 174 | |
Beta (β) Scuti | 4,22 | 18h 47m 10,5s | −04° 44' 52" | 690 |
|
Delta (δ) Scuti, ADS 11581 | 4,70v | 18h 42m 16,4s | −09° 03' 09" | 187 |
|
R Scuti | 5,38 | 18h 47m 29,0s | −05° 42' 18" |
| |
Struve 2325, ADS 11414 | 5,72 | 18h 31m 25,7s | −10° 47' 45" |
| |
PSR 1829 | 18h 32m 40,9s | −10° 21' 34" |
Mag. = Magnitude aparente | α = ascensión recta | δ = declinación
Fonte: The Bright Star Catalogue, 5ª ed. revisada., Catálogo de Hiparco, ESA SP-1200
Scutum posúe varios cúmulos abertos e globulares, así coma algunhas nebulosas planetarias. Entre os cúmulos galácticos máis notables atópanse M11 (NGC 6705), o "Cúmulo dos Patos Salvaxes", e M26 (NGC 6694). O cúmulo globular NGC 6712 e a nebulosa planetaria IC 1295 atópanse na parte leste desta constelación, a tan só 24 minutos de arco de separación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.