Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Casiopea[1][2] ou Cassiopeia é unha constelación do norte, que ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan doado o recoñecela é moi usada para busca-lo norte cando a Osa Maior non é visible.
Cassiopeia | |
---|---|
Nome latino | Casiopea |
Abreviatura | Cas |
Xenitivo | Cassiopeiae |
Simboloxía | A Raíña |
Ascensión recta | 1 h |
Declinación | +60° |
Área | 598 graos cadrados
Rango 25º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
4 |
Estrela máis brillante | α Cas (Schedar)
(magnitude ap. 2.23) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −20°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro | |
Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparábaa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Estas, indignadas por tal atrevemento, pedíronlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.
Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta o oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocándoa atada a unha rocha nun acantilado para que fose vítima do monstro.
Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e no acto namorouse dela. Propúxolle ó rei liberala, a cambio de que lle concedese a súa man; Perseo mata o monstro e posteriormente casa con Andrómeda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.