Cetus
constelación do hemisferio sur From Wikipedia, the free encyclopedia
constelación do hemisferio sur From Wikipedia, the free encyclopedia
Cetus ou Balea[1] é unha constelación do hemisferio sur, nunha rexión coñecida coma Mar, cerca doutras constelacións coma Acuario, Pisces e Eridanus.
Cetus | |
---|---|
Nome latino | Cetus |
Abreviatura | Cet |
Xenitivo | Ceti |
Simboloxía | A Balea ou Monstro mariño |
Ascensión recta | 1.42 h |
Declinación | −11.35° |
Área | 1231 graos cadrados
Rango 4° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
3 |
Estrela máis brillante | β Cet (Diphda ou Deneb Kaitos)†
(magnitude ap. 2.04) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +70° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro | |
Nota: †Mira (ο Cet) ten magnitude 2.0 cando acada o seu máximo brillo. |
Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. Casiopea estaba tan fachendosa da beleza da súa filla que, por rivalizar coas Nereidas, estas pedíronlle a Poseidón, deus dos mares, vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) á costas do país causando grandes males.
Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consultou ó oráculo de Amón, quen lle aconsellou sacrifica-la súa filla Andrómeda expoñéndoa atada a unha rocha nun acantilado para que fose vítima do monstro. Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e namorouse no acto dela. Propúxolle a Cefeo liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man. Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.