Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha galaxia elíptica é un tipo de galaxia, cunha forma aproximadamente elipsoidal e unha imaxe suave e case sen trazos característicos. De xeito distinto das galaxias espirais en que hai organización e estrutura, as galaxias elípticas están distribuídas mais igualmente entre as tres dimensións do espazo, sen posuír moita estrutura. As súas estrelas posúen órbitas aleatrias, en contraste coas órbitas planas e organizadas das galaxias espirais. A gran maioría desas galaxias teñen pouco gas, pouco po e poucas estrelas novas. Dunha forma máis expresa, parécense moito ao núcleo e ao halo das galaxias espirais. Algunhas son moi alongadas e outras moi planas se se ven desde a Terra.
A pesar de parecer simples, crese que as galaxias elípticas sexan o resultado da unión complexa de dúas ou máis galaxias espirais.
É posíbel notar un achatamento nesas galaxias principalmente nas de maior masa; ese achatamento non se debe á súa rotación, senón á anisotropía da distribución da velocidade das estrelas que as integran. Na dirección do semieixo maior as estrelas móvense con maior velocidade que no semieixo menor.
Nas galaxias elípticas, as estrelas orbitan dunha forma aleatoria, moi diferente das galaxias espirais onde as estrelas do disco se moven de xeito ordenado arredor do centro galáctico.
Como nese tipo de galaxia hai pouco gas en comparación con outras galaxias,[1] non hai unha gran formación estelar;[2] por iso presenta un tipo de poboación estelar vella, despois resulta nunha coloración amarelo-vermello.[3]
Debido a esas disparidades inmensas de tamaño, as galaxias elípticas dividíronse en varias clases morfolóxicas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.