Unha galaxia anana é unha pequena galaxia composta por desde uns 100 millóns ata varios miles de millóns de estrelas, o que é unha cifra pequena comparada cos 200 a 400 mil millóns de estrelas que ten unha galaxia grande como a Vía Láctea. A Gran Nube de Magalláns, que orbita moi próxima á Vía Láctea e contén uns 30 mil millóns de estrelas, é ás veces clasificada como galaxia anana, aínda que outros a consideran unha galaxia normal de pleno dereito. A formación de galaxias ananas e a súa actividade crese que están moi influenciadas polas interaccións con galaxias grandes. Os astónomos identificaron numerosos tipos de galaxias ananas, baseándose na súa forma e composición.

Thumb
A Gran Nube de Magalláns, unha galaxia satélite da Vía Láctea. Foto tomada polo Telescopio espacial Hubble.

Formación

Thumb
Galaxias ananas como NGC 5264 posúen tipicamente arredor de mil millóns de estrelas.[1]

Unha teoría vixente afirma que a maioría das galaxias, incluíndo as galaxias ananas, fórmanse en asociación coa materia escura, ou a partir de gas que contén metais. Porén, a sonda espacial da NASA Galaxy Evolution Explorer (Explorador da Evolución das Galaxias) identificou novas galaxias ananas que se formaban a partir de gases con baixa metalicidade. Estas galaxias estaban localizadas no Anel de Leo, unha nube de hidróxeno e helio arredor de dúas galaxias masivas na constelación de Leo.[2]

Debido ao seu pequeno tamaño, observouse que galaxias ananas eran atraídas cara a galaxias espirais veciñas e desgarradas, o que ten como resultado unha fusión de galaxias.[3]

Galaxias ananas locais

Thumb
A galaxia Anana de Phoenix é unha galaxia anana irregular, que ten esrelas máis xoves nas súas rexións centrais e máis vellas na periferia.[4]

Hai moitas galxias ananas no Grupo Local onde se encontra a Vía Láctea; estas pequenas galaxias orbitan frecuentemente arredor de galaxias máis grandes, como a Vía Láctea, Andrómeda e Triangulum. Un traballo de 2007[5] suxeriu que moitas galaxias ananas foron creadas por mareas galácticas durante a evolución inicial da Vía Láctea e Andrómeda. As galaxias ananas mareais prodúcense cando as galaxias colisionan e as súas masas interaccionan gravitatoriamente. Correntes de material galáctico sepáranse das galaxias parentais e dos halos de materia escura que as rodean.[6]

Arredor da Vía Lácea orbitan máis de 20 galaxias ananas coñecidas, e observacións recentes[7] fixeron pensar aos astrónomos que o cúmulo globular máis grande da Vía Láctea, Omega Centauri, é, de feito, o núcleo dunha galaxia anna cun burato negro no seu centro, o cal foi hai algún tempo absorbido pola Vía Láctea.

Tipos comúns

Thumb
UGC 11411 é unha galaxia anana compacta azul irregular.[8]

Galaxias ananas compactas azuis

Thumb
Anana compacta azul PGC 51017.[10]

En astronomía, unha galaxia anana compacta azul ou galaxia BCD (do inglés Blue Compact Dwarf) é unha pequena galaxia que contén grandes cúmulos de estrelas masivas, quentes e novas. Como as máis brillantes destas estrelas son azuis, isto causa que a propia galaxia apareza predominantemente de cor azul.[11] A maioría das galaxias ananas compactas azuis son tamén clasificadas como ananas irregulares ou como ananas lenticulares. Como están compostas por cúmulos de estrelas, as galaxias BCD carecen de forma uniforme. Consomen gas moi intensamente, o que fai que as súas estrelas sexan moi violentas cando se forman.

As galaxias BCD arrefrían no proceso de formación de novas estrelas. As estrelas das galaxias fórmanse en diferentes períodos de tempo, polo que as galaxias teñen tempo de arrefriar e de acumular materia para formar novas estrelas. A medida que pasa o tempo, esta formación de estrelas cambia a forma das galaxias.

Exemplos próximos son: NGC 1705, NGC 2915, NGC 3353 e UGCA 281.[12][13][14][15]

Ananas ultracompactas

As galaxias ananas ultracompactas ou galaxias UCD (do inglés Ultra-compact Dwarf) son unha clase de galaxias moi compactas con densidades estelares moi altas, descubertas[16][17][18] na década do 2000. Crese que conteñen uns 100 millóns de estrelas.[19] Teorízase que son os núcleos de galaxias ananas elípticas nucleadas que foron despoxadas de gas e de estrelas periféricas polas interaccións mareais, e viaxaron a través do corazón de ricos cúmulos.[20] Atopáronse UCD no Cúmulo de Virgo, cúmulo de Fornax, Abell 1689 e no Cúmulo de Coma, entre outros lugares.[21] Nunha particular e sen precedentes gran mostraxe o equipo da Next Generation Virgo Cluster Survey atopou ~ 100 UCD na rexión central do cúmulo de Virgo. Os primeiros estudos relativamente robustos das propiedades das UCD de Virgo indican que as UCD teñen unha distinta dinámica[22] e propiedades estruturais[23] con respecto aos cúmulos globulares. Un exemplo extremo de UCD é M60-UCD1, situada a uns 54 millóns de anos luz de nós, que contén aproximadamente 200 millóns de masas solares dentro dun raio de 160 anos luz; a súa rexión central está ateigada de estrelas situadas unhas 25 veces máis xuntas que as estrelas da rexión da Vía Láctea onde está a Terra.[24][25] M59-UCD3 é de aproximadamente o mesmo tamaño que M60-UCD1 cun raio de luz media, rh, de aproximadamente 20 parsecs pero é un 40% máis luminosa cunha magnitude aparente relativa de aproximadamente −14.6. Isto fai a M59-UCD3 a galaxia coñecida máis densa.[26] Baseándose nas velocidades orbitais estelares, dous UCD do cúmulo de Virgo se cre que teñen buratos negros supermasivos con pesos do 13% e 18% das masas desas galaxias.[27]

Lista de exemplos de galaxias ananas

Thumb
LEDA 677373 está localizada a uns 14 millóns de anos luz.[28]
Thumb
Galaxia anana DDO 68.[29]
  • Anana de Aquarius
  • Galaxia Anana de Canis Major
  • Anana de Crater 2
  • Eridanus II
  • Henize 2-10
  • I Zwicky 18
  • IC 10
  • Gran Nube de Magalláns
  • NGC 1569
  • NGC 1705
  • NGC 2915
  • NGC 3353
  • Galaxia irregular anana de Pegasus
  • Anana de Phoenix
  • Galaxia elíptica anana de Sagittarius
  • Galaxia irregular anana de Sagittarius
  • Galaxia Anana de Sculptor
  • Galaxia irregular anana de Sculptor
  • Sextans A
  • Anana esferoidal de Sextans
  • Pequena Nube de Magalláns
  • Anana de Tucana
  • Anana de Ursa Minor
  • Willman 1
  • Anana de Carina
  • Anana de Draco
  • Aanan de Fornax
  • Leo I
  • Leo II

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.