O volume é a magnitude física que expresa a cantidade de espazo que ocupa un obxecto. A súa ecuación de dimensións é [V]=L3. A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro cúbico (m3). Outra unidade moi empregada é o litro (l). Equivalencias: 1m3=1000l; 1l=10−3m3=1dm3
Unidades de volume
Pódense clasificar en tres categorías:
- Unidades de volume sólido. Miden o volume dun corpo utilizando unidades de lonxitude elevadas á terceira potencia. Dise volume sólido porque en xeometría emprégase para medir o espazo que ocupan os corpos tridimensionais, e dáse por entendido que o interior destes corpos non está oco, senón que é sólido.
- Unidades de volume líquido. Estas unidades foron creadas para medir o volume que ocupan os líquidos dentro dun recipiente.
- Unidades de volume de áridos, tamén chamadas tradicionalmente unidades de capacidade. Estas unidades foron creadas para medir o volume que ocupan as colleitas (legumes, tubérculos, forraxes e froitas) almacenadas nos celeiros. Estas unidades foron creadas porque antes non existían métodos adecuados para pesar todas as colleitas nun tempo breve, polo que era máis práctico facelo usando o volume. Actualmente estas unidades son pouco utilizadas.
Unidades de volume sólido
Sistema Internacional de Unidades
O metro cúbico é a unidade fundamental do SI para volumes. Debe considerarse cos seguintes múltiplos e submúltiplos:
Múltiplos
- Quilómetro cúbico
- Hectómetro cúbico
- Decámetro cúbico
Submúltiplos
- Decímetro cúbico
- Centímetro cúbico
- Milímetro cúbico
Sistema inglés de medidas
- Polgada cúbica
- Pé cúbico
- Iarda cúbica
- Acre-pé
- Milla cúbica
Unidades de volume líquido
Sistema Internacional de Unidades
A unidade máis usada é o litro, pero debe ser considerada cos seguintes múltiplos e submúltiplos:
Múltiplos
- Quilolitro
- Hectolitro
- Decalitro
Submúltiplos
- Decilitro
- Centilitro
- Mililitro
Sistema inglés de medidas
Medidas usadas na cociña
- Culleradiña
- Cullerada
- Cunca
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.