Litro

unidade de volume From Wikipedia, the free encyclopedia

Litro

Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso.

Datos rápidos Instancia de, Semellante a ...
Litro
Thumb

Instancia deunidade de volume (pt) , unidade aceptada polo SI, unidade non incluída no SI pero mencionada e aceptada e unidade derivada UCUM
Semellante adecímetro cúbico (pt) e Maß
Magnitude físicavolume
Símbolo da unidadel, L, ל', லீ., л, لتر, l, l, л, л, l, l, L, l, l, L e l
Conversión a SI0,001 m³
Conversión a unidade estándar1 dm³, 1.000 cm³, 0,1 dal e 0,01 hl
Non confundir con
Descrito pola fonte
[ Wikidata ]
Pechar
Thumb
Recipiente con indicacións do volume de contido líquido até 1 litro.
Thumb
Probeta de laboratorio con capacidade dun litro.

Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico. O símbolo L foi adoptado en 1979 na 16a Conferencia Xeral de Pesos e Medidas. Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, o SI acepta o seu emprego, se ben recomenda a utilización das unidades do SI no campo da ciencia.[1]

Trátase dunha unidade moi empregada na vida diaria e adoita usarse xunto con unidades do SI, tal e como se fai actualmente coas unidades da hora e do día.[2]

Un litro de auga líquida ten unha masa de case exactamente un quilogramo, xa que o quilogramo foi definido orixinariamente en 1795 como a masa dun decímetro cúbico de auga á temperatura de fusión do xeo. Definicións posteriores do metro e do quilogramo fixeron que esta relación deixara de ser exacta.[3][4]

Historia

Etimoloxía

O nome da unidade deriva dunha antiga unidade de volume francesa, o litron, que evolucionou a través da unidade medieval litra (do latín). Este último termo provén á súa vez da litra como unidade grega de masa que equivale a 12 onzas (onkia). O sistema métrico francés tomou o litro como unidade básica na creación dun sistema propio de medidas.[5]

Invención e evolución da medida

Thumb
O suízo Charles Edouard Guillaume, director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas dende 1915 ata 1936.

A orixe do litro ten lugar trala unificación de medidas propulsada durante a Revolución Francesa pola Asemblea Constituínte de 1791. Esta unificación foi debida á gran diversidade de medidas que daquela había. O litro apareceu por vez primeira como medida de capacidade na lei do 18 germinal an 3[4] (7 de abril de 1795), definido en función do metro[6] como "a medida de volume, tanto para líquidos como para sólidos, dun cubo de aresta igual a unha décima parte dun metro" (art. 5).

No ano 1879, o Comité Internacional de Pesos e Medidas adoptou o litro e a súa abreviatura, a l minúscula[7] En 1901, a terceira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas definiu o litro como "o volume ocupado pola masa dun quilogramo de auga pura na súa máxima densidade e baixo presión atmosférica normal", isto quería dicir: auga pura a 1 atm e a unha temperatura lixeiramente por enriba de 3,98 °C.[8] O litro era, segundo esta definición, equivalente a 1.000028 dm³ (inicialmente 1.000027 dm³), aceptando deste xeito a discrepancia detectada segundo a definición co centímetro cúbico.

Máis tarde, especificouse que 4 °C sería a temperatura que serviría como punto de referencia da densidade da auga, cunha densidade da auga pura lixeiramente inferior a 1,0000 kg/litro.

Un dos investigadores que comprobou as desviacións da medida do litro con estes cambios foi o físico Charles Edouard Guillaume,[9] que en 1904 probou experimentalmente que a densidade da auga a 4 °C era de 1.000028 dm³.[10]

Finalmente, a causa da complexa definición do litro, no ano 1964 vaise recuperar a definición de 1793, na 12a reunión do CGPM[11] tras constatarse en 1960 que había unha diferenza de 28 millonésimas con respecto ó decímetro cúbico[12], o litro pasou a ser só un nome especial para o decímetro cúbico.

Distintos símbolos usados para representar o litro

Orixinariamente o único símbolo para o litro era l (L minúsculo), seguindo a convención do Sistema Internacional de que só as unidades que abrevian un nome de persoa empregan como símbolo unha letra maiúscula. Porén, en moitos lugares, a forma máis común do díxito arábigo manuscrito 1 é unicamente un trazo vertical e polo tanto o algarismo "1" pode ser confundido coa letra "l". Ademais, nalgunhas máquinas de escribir antigas a tecla do L era empregada tamén para o numeral 1. Mesmo nalgunhas fontes informáticas os dous caracteres son apenas distinguibles. Isto causou problemas, especialmente na comunidade médica.

Antes de 1979, o símbolo (l pequeno manuscrito, U+2113), fíxose de uso común en varios países; por exemplo, era recomendado pola publicación M33 da South African Bureau of Standards en Suráfrica na década de 1970, e pode atoparse aínda nalgúns países de fala inglesa. O seu uso é ocasional nalgúns países europeos, e habitual no Xapón e Corea do Sur. Algunhas fontes non só empregan o carácter ℓ senón que tamén o usan en caracteres compostos: ㎕, ㎖, ㎗ e (do U+3395 ao U+3398) para o microlitro, mililitro, decilitro e quilolitro. Noutros países como Canadá, recomendaban utilizar a minúscula ℓ sempre que fose posíbel, ou por defecto, cando non houbera confusión co número 1. Este uso entra en contradición coas principais organizacións internacionais (ISO, NIST, NPL, IAU, IUPAC e IUPAP), que establecen que os símbolos deben imprimirse en tipografía romana independentemente da fonte empregada no resto do texto.[13] Na actualidade, este símbolo non se emprega na maioría dos países e nunca foi recoñecido pola CGPM nin pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO).[14]

Na 16a reunión do CGPM celebrada en 1979, decidiuse utilizar tanto a abreviatura en minúscula l como a L maiúscula para evitar confusións entre a letra e o número 1,[15] ou coa letra "i" maiúscula. Aínda que había a intención de restrinxir nun futuro a abreviatura a un dos dous símbolos, esta dualidade persiste na actualidade. O Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) dos Estados Unidos recomenda o emprego deste símbolo,[16] práctica estendida tamén no Canadá e Australia. Nestes países tamén se emprega o símbolo L con prefixos, como en mL e μL, en lugar dos tradicionais ml e μl. No Reino Unido e Irlanda, así como no resto de Europa, a letra minúscula l adoita empregarse con prefixos, mentres que os litros completos a miúdo aparecen coa palabra completa (é dicir, "750 ml" pero "1 litro" en recipientes de líquidos). A L maiúscula é a que se utiliza na práctica.

Hoxe en día non hai razón técnica algunha para esta excepción na nomenclatura dos sistemas de medidas, xa que nos sistemas de escritura informáticos é doada a utilización de sistemas de codificación máis distinguíbeis. Porén, en 1990, o CIPM considerou que aínda era demasiado pronto para elixir un único símbolo para o litro.[17]

Múltiplos e submúltiplos

Thumb
Xeringa con medida en ml, un dos submúltiplos do litro máis empregados.

Ós múltiplos e submúltiplos do litro aplícanselles os prefixos do Sistema Internacional de Unidades. O máis utilizado é o mililitro, que equivale a unha milésima parte dun litro. Na seguinte táboa atópanse os múltiplos e submúltiplos do litro coas súas respectivas equivalencias en volume. É destacábel que tanto os múltiplos como os submúltiplos aumentan e diminúen respectivamente nunha orde de magnitude en base dez. Os de uso máis frecuente están marcados en negra.

Máis información Múltiplo, Nome ...
Múltiplo Nome Símbolos Volume equivalente Submúltiplo Nome Símbolos Volume equivalente
100 Llitrol L dm³ decímetro cúbico    
101 Ldecalitrodal daL   10−1 Ldecilitro dldL  
102 Lhectolitro hlhL   10−2 Lcentilitro clcL  
10³ Lquilolitro klkL metro cúbico 10−3 Lmililitro mlmL cm³ centímetro cúbico (cc)
106 LmegalitroMl ML dam³ decámetro cúbico 10−6 Lmicrolitro µlµL mm³ milímetro cúbico
109 LxigalitroGl GL hm³ hectómetro cúbico 10−9 Lnanolitronl nL 106 µm³ 1 millón de micrómetros cúbicos
1012 LteralitroTl TL  km³ quilómetro cúbico 10−12 Lpicolitropl pL 10³ µm³ 1 millar de micrómetros cúbicos
1015 LpetalitroPl PL 10³ km³ 1 millar de quilómetros cúbicos 10−15 Lfemtolitrofl fL µm³ micrómetro cúbico
1018 LexalitroElEL 106 km³ 1 millón de quilómetros cúbicos 10−18 Lattolitroal aL 106 nm³ 1 millón de nanómetros cúbicos
1021 LzettalitroZl ZL Mm³ megámetro cúbico 10−21 Lzeptolitrozl zL 10³ nm³ 1 millar de nanómetros cúbicos
1024 LyottalitroYl YL 10³ Mm³ 1 millar de megámetros cúbicos 10−24 Lyoctolitroyl yL nm³ nanómetro cúbico
Pechar

Mililitro

Thumb
Dosificador en cm³.

O mililitro, de símbolo ml, ou o que é o mesmo, un centímetro cúbico de símbolo cm³, é unha unidade de volume que equivale a unha millonésima parte dun metro cúbico. É o volume ocupado por un cubo que ten as arestas dun centímetro de lonxitude. Ás veces tamén se abrevia (incorrectamente) como cc (sobre todo no eido automobilístico) e como ccm.

Aínda que non é unha unidade de medida do Sistema Internacional, é unha unidade moi empregada na ciencia. A unidade de medida do volume no SI é o metro cúbico (m³). É a unidade base de volume no antigo sistema de medidas CGS.

  • 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,1 cl
  • 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,01 dl
  • 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,001 litros
  • 1 mililitro = 1 centímetro cúbico = 0,000 001

Centilitro

O centilitro (abreviado cL) é o segundo submúltiplo do litro. Trátase dunha orde de magnitude que foi usada, nalgúns casos, para medir pequenos consumos, como os da auga en caso de perdas,[18] ou ben o consumo de combustíbel nalgúns vehículos.[19] Con todo, a súa utilización depende da orde de magnitude das cantidades volumétricas que se describen.

Decilitro

O decilitro (abreviado dL) é o primeiro submúltiplo do litro. Adóitase empregar para taxas de contido de substancias en análises médicos, dando os resultados en cantidades por decilitro de sangue.

Decalitro

O decalitro (abreviado daL) é unha unidade para líquidos que a súa medida equivale a dez litros. Non adoita utilizarse na vida cotiá.

Hectolitro

Thumb
Construción dun tanque de 100 qL para recoller auga dos tellados das casas e aproveitala na xardinaxe.

O hectolitro (abreviado hL) é unha unidade para líquidos cuxa medida equivale a cen litros. Utilízase habitualmente na industria de bebidas.

Quilolitro

O quilolitro (abreviado qL) é unha unidade de medida para líquidos cuxa medida equivale a mil litros. Emprégase para medir ou dar resultados de grandes cantidades de auga como a que se pode atopar en encoros, ríos, lagoas, lagos, mares ou océanos.

Equivalencias co litro das medidas tradicionais galegas de capacidade para líquidos

Na seguinte táboa amósanse os valores en litros das medidas tradicionais galegas de capacidade de líquidos. Tamén aparecen as variantes do nome principal, e os nomes de medidas homónimas en portugués e en castelán, se os houbese. Cando as medidas portuguesa e castelá non coincidan en valor coa galega, indícase entre paréntese o seu valor, exacto ou aproximado, en litros.

Equivalencias co litro das medidas galegas de capacidade para líquidos[20]
Nome da medidaVarianteNome portuguésNome castelánEquivalencia en litrosComentarios
Moio128Uniforme en toda Galicia (1 moio = 8 olas)
CanadoCañado (37 l)32Bastante uniforme en toda Galicia (1 canado = 2 olas), porén pode variar nalgunhas zonas.
Ola16Equivalente á cántara, á arroa e ao cabazo. Uniforme e maioritaria en toda Galicia.
CántaraCántaroCántaro
()
Cántara
(16,13 l)
16Equivalente á ola, á arroa e ao cabazo. Uniforme e maioritaria en toda Galicia, aínda que se poden achar pequenas variacións.
ArroaArrobaArroba16Equivalente á ola, á cántara e ao cabazo. Moi pouco usada, se cadra pola coincidencia no nome coa medida de peso. Usada fundamentalmente como medida para o viño.
CabazoCalabazo16Equivalente á ola, á cántara e á arroa. Moi antiga e aínda menos usada cá arroa. Constantino García identifícaa nun só lugar (Goián) e Eladio Rodríguez nalgunhas comarcas da provincia de Ourense.
CartaCuarta8Valor variante, segundo as zonas, entre 8 e 10 litros. Defínese como a cuarta parte do canado, de aí o seu nome e polo cal se escolle o valor de 8 l.
CanadaCanada
(2 l)
Cañada
Colodra
4Moi variable, segundo as zonas. Eladio Rodríguez dálle un valor de 2 litros equiparándoa á medida portuguesa homónima. Constantino García recolle medidas de 1, 2, 4 e ata 32 litros. Sarmiento documenta valores dos 4 ata os 24 litros. Dáselle o valor de 4 litros por ser este o maioritario (70%) nas enquisas do ALGa.
CuartillaCuartilla4Definida como a cuarta parte da ola. É bastante uniforme en toda Galicia.
AzumeAzumbre2É igual a catro netos. Está moi en desuso, aínda que é moi antigo, o pai Sarmiento documenta a súa existencia no século XIII. Eladio Rodríguez dálle un valor de 2,016 litros.
Neto1/2Bastante uniforme en toda Galicia, aínda que nalgunhas zonas ten un valor dun litro. Contén dous carteiróns.
CuartilloQuartilhoCuartillo1/2Practicamente uniforme en toda Galicia, probablemente por derivar do cuartillo castelán.
CarteirónCuarteirón1/4Equivalente a medio neto. Practicamente uniforme en toda Galicia. As enquisas do ALGa só documentan dous lugares cun valor dun cuarto de neto, é dicir, 1/8 de litro.

Conversións non métricas

A adopción do Sistema Internacional de medidas fixo que moitas das anteriores unidades de medida de volume ficasen obsoletas. Ó quedar nun status de aceptación por parte da CGPM tras considerarse a súa equivalencia co decímetro cúbico, á hora de trazar as antigas medidas tómase o litro como base. Nos seguintes apartados e táboas atópanse algunhas equivalencias de unidades.

Sistema Convencional Estadounidense

Máis información Valor aproximado, Unidade non métrica ...

Unidade
métrica
Valor aproximado
Unidade non métrica
Sistema
Unidade non métrica
Equivalencia métrica
1 L≈ 0.87987699cuartoImperial1 quart≡ 1.1365225 L
1 L≈ 1.056688cuarto (fluído)U.S.1 cuarto (fluído)≡ 0.946352946 L
1 L≈ 1.75975326pintaImperial1 pinta≡ 0.56826125 L
1 L≈ 2.11337641pinta (fluído)U.S.1 pinta (fluído)≡ 0.473176473 L
1 L≈ 0.2641720523galón líquidoU.S.1 galón líquido≡ 3.785411784 L
1 L≈ 0.21997galónImperial1 galón≡ 4.54609 L
1 L≈ 0.0353146667pé cúbico pé cúbico≡ 28.316846592 L
1 L≈ 61.0237441polgada cúbica 1 polgada cúbica≡ 0.01638706 L
1 L≈ 33.8140onza líquida convencionalU.S.1 onza líquida convencional≡ 29.5735295625 mL
1 L≈ 35.1950onza líquidaImperial1 onza líquida≡ 28.4130625 mL
Véxase tamén: Unidades Imperiais e Sistema Convencional Estadounidense
Pechar

Relación co litron

O litron é unha antiga unidade francesa de volume que se empregaba para medir áridos de construción. Desta unidade deriva etimoloxicamente o nome do litro. O volume dun litron é equivalente a 0,813 l.[21][22]

Relación co cuartillo

Un litro é equivalente a 1,984 cuartillos de líquido, unidade de medida castelá tamén coñecida como neto, pola que se estendeu o emprego do cuartillo en Castela como equivalencia do medio litro. Na medida de áridos, o litro equivale a 0,865 partes de cuartillo, ou ben á cantidade de áridos ou líquidos que collen nesta medida.[23]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.