Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada).[1] Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).[2] Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.
Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.[3]
Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras.[4]
Teatro
- A proclama (1996). Cadernos de Teatro. Elsinor.
- A cerna (2013). Fundación Cultural da Estrada. ISBN 978-84-695-8828-4.
- Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016). Agrasar Editores. ISBN 9788445341766.[17]
- O proceso a Lucía Fidalgo (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 96 páxs. ISBN 978-84-17094-11-9.
- Auto do demo e da viñateira (2017). Silleda: Fervenza ed. Ilustracións de Juan José Lomarti. 16 páxs. ISBN 978-84-17094-14-0.
- Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
- Unha cunca de caldo quente (2022). Silleda: Fervenza ed.[18] 96 páxs. ISBN 978-84-18136-84-9. Ilustracións de Juan José Lomarti.
Edicións
- Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco.
- Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte) (1985). Ediciós do Castro.
- Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba (1990). Ediciós do Castro.
- Nova Galiza (1990). Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
- Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral (1999). Laiovento.
- Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro (2004). Ediciós do Castro.
- Antoloxía dos poetas galegos en Cuba (2008). Toxosoutos.
- Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra (2013) Fundación Uxío Novoneyra.
Literatura infanto-xuvenil
Obras colectivas
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro.
- Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya) (1999) Ediciós do Castro.
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán (2003). Edicións do Cumio.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
- Erato bajo la piel del deseo (2010). Sial Ediciones.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón.
- Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais.
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza.
Poesía
- Os indícios do sol (1988). Braga: Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM.
- Labirinto incendiado (1989). Amarante: Edições do Tâmega. 56 páxs.
- O som das águas lentas (1999). Campo das Letras. Dedicado aos azulexos da estación ferroviaria de Caminha.[19]
Edicións
- Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia (1993). Espiral Maior.
- Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000) (2001). Ediciós do Castro.
Poesía
- Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006). Edición en liña.[20]
Teatro
- Desguiament de guiats (2014). Ajuntament Sant Andreu de la Barca.
Traducións
- El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao (1983). Edicions 62.
Ensaio
- Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
- Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
- Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
- Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
- La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
- La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
- Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
- L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
- Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
- Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
- L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
- L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
- La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
- Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)
Traducións
- Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX) (1992). Ediciós do Castro.
- Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña (2001). Laiovento.
Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "No vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige". Grial LXII (241): 101, 102. ISSN 0017-4181.
Mariño Davila, Esperanza (xullo, agosto, setembro 2021). "Alefato... o orgullo da herdanza hebrea". Grial LIX (231): 118–119. ISSN 0017-4181.
Mariño Davila, Esperanza L. (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "Na posguerra: sobre a miseria e a caridade". Grial LXII (241): 112, 113. ISSN 0017-4181.
Bibliografía
- Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
- A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.