From Wikipedia, the free encyclopedia
António Agostinho Neto, nado en Catete, Icolo e Bengo, Angola, o 17 de setembro de 1922 e finado en Moscova o 10 de setembro de 1979, foi un político e escritor angolano e o primeiro presidente de Angola, entre 1975 e 1979.
Converteuse nunha figura prominente na década de 1940 dentro dos movementos nacionalistas angolanos, ao tempo que estudaba medicina en Lisboa. Á súa volta a Angola, logo de se doutorar, converteuse axiña nunha figura problemática pola súa oposición ao goberno colonial, que o arrestou, aínda que conseguiu escapar a Marrocos, onde se converteu nun dos líderes da resistencia angolana no exilio.
Foi un dos primeiros membros do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA) e asumiu a presidencia de Angola o 11 de novembro de 1975 cando Angola obtivo a independencia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agostinho Neto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.