Movemento Popular de Liberación de Angola

From Wikipedia, the free encyclopedia

O Movemento Popular de Liberación de Angola (Movimento Popular de Libertação de Angola, MPLA) é o partido político que goberna Angola dende a súa independencia en 1975.

Datos rápidos Nome curto, Tipo ...
Movemento Popular de Liberación de Angola
Thumb
Thumb
Nome curtoMPLA
Tipopartido político
Ideoloxía políticaSocialdemocracia, marxismo-leninismo, Socialismo democrático e comunismo
Personalidades
Fundador/aAgostinho Neto, Mário Pinto de Andrade (pt) e Viriato Clemente da Cruz (pt)
Presidente/aJosé Eduardo dos Santos (-)
Viriato Clemente da Cruz (pt) (-)
Mário Pinto de Andrade (pt) (-)
João Lourenço (-)
Agostinho Neto (-)
Secretario/aPaulo Kassoma (pt)
Entidades
Data
Fundación10 de decembro de 1956
Localización
SedeLuanda
Contacto
Páxina WEBmpla.ao
[ Wikidata ]
Pechar

Historia

Fundouse en 1956 despois da fusión do Partido da Luta Unida dos Africanos de Angola (PLUA) co Partido Comunista Angolano (PCA). Outros partidos fundíronse despois, como o Movemento para a Independencia Nacional de Angola (MINA) e a Frente Democrática de Liberación de Angola (FDLA).

En 1975 tres partidos reivindicaban a independencia de Angola, o MPLA, a UNITA (Unión Nacional para a Independencia Total de Angola) e a Frente Nacional para a Liberación de Angola (FNLA). Destes, o MPLA tiña orientación marxista e estaba apoiado pola URSS. Agrupara, desde finais dos anos 50 e principios dos 60 as principais figuras do nacionalismo angolano, entre estudantes no exterior, sobre todo en Portugal e loitadores contra o colonialismo que fuxían do interior de Angola.

Dirixido por Antônio Agostinho Neto, o MPLA organizou e dirixiu a loita armada contra o colonialismo. Terminada a loita de liberación, a seguir o 25 de abril en Portugal, o MPLA proclamou a independencia do país, sen que tivese acontecido a pacificación interna coa FNLA e a UNITA. É frecuente ligar o MPLA á rexión de Kumbundo, tendo sido, porén o movemento angolano que máis aproveitou e incentivou o sentido nacional. Á súa dirección pertencían elementos non orixinarios do grupo dominante e o movemento non tiña as connotacións tribais e racistas atribuídas aos outros días. Por causa disto recibiu o apoio maioritario durante a transición para a independencia do país.

O MPLA gobernou Angola como partido único até a apertura política en 1991. No ano seguinte venceu nas primeiras eleccións, mais esa vitoria non foi aceptada e o país entrou en guerra civil.

Hoxe, o MPLA é un partido ex-marxista e politicamente constitúe algo entre a socialdemocracia e o socialismo. O seu mandato vese agora prolongado polas Nacións Unidas até que se consideren creadas as condicións para a realización das próximas eleccións. Depende da realización dos acordos asinados entre o goberno e a Unita en Lusaka visando o fin da guerra que aínda hoxe ameaza o país.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.