escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1947 (77 anos) Miguelturra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - grao en enxeñaría de telecomunicación Universidade da Coruña - Doutor en filosofía |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro, escritor |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | tres (en 1975, 1978 e 1981) |
Irmáns | Alfredo Alcalá |
Premios
| |
Viviu en Ferrol dende a infancia,[1] e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
Traballou como auxiliar de laboratorio en Generale di Telefonia de Elettronica (1973-74), foi enxeñeiro de mantemento en Onuba (Teledyne Isotopes) (1974-75), director técnico rexional da Compagnie Xeral de Radiologie (Thomson-CSF) (1975-77), delegado rexional de Hispano Electrónica (1977-81), director comercial de Gaélico (1981-84), delegado técnico-comercial de Sintel (1984-86), director técnico da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (1986-88), subdirector de Sintel Noroeste (1988-94), consultor asociado a Lógica Sistemas de Información (1994-95), director técnico do Centro de Innovación e Servizos de Galicia (1995-2003), conselleiro de Emetel Sistemas e asesor de Tecnoloxías da Información e a Comunicación do Centro de Innovación e Servizos de Galicia.[2]
Colaborou con xornais como El Correo Gallego, El Mundo, Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, con series como «Os xuramentados», «Desde a última trincheira», «O impaís», «Do caderno ó prelo». Entre 1976 e 1979 foi responsábel da sección Arco da Vella en El Ideal Gallego.[3] No Grial 229: O país dos alcumes.[4]
Foi o primeiro presidente da AGAL. Escribiu cancións para Andrés do Barro, como "Teño saudade",[5][6] "A uns ollos verdes",[7] "Rapaciña" ou "Fogar de Breogán".
É irmán do arquitecto Alfredo Alcalá. Ten tres fillos: Santiago (1975), Luis (1978) e Inés Alcalá Baillie (1981).[8]