Diario de Ferrol
xornal galego From Wikipedia, the free encyclopedia
xornal galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
Diario de Ferrol é un xornal galego fundado na cidade de Ferrol en 1998 e editado por El Ideal Gallego na Coruña.
Diario de Ferrol | |
---|---|
Sede de Diario de Ferrol na rúa Galiano. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1998 |
Matriz | Editorial La Capital S.L. |
Localización | Rúa Galiano, 31 Ferrol |
Fundador | Germán Castro Tomé |
Industria | Comunicación |
Número de empregados | 27[1] |
Na rede | |
https://www.diariodeferrol.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Antes da fundación de Diario de Ferrol houbo na cidade outros xornais. Entre os anos 1969 e 1980 editouse Ferrol Diario. Coincidindo coa crise do sector naval e a súa reconversión a desaparición do xornal. Editouse posteriormente El Norte entre 1980 e 1981.[2] Esta crise afectou duramente á cidade de Ferrol é a toda a comarca. Da mobilización social e laboral destes anos fíxose evidente a necesidade dunha prensa local. La Voz de Galicia era o xornal de referencia na cidade. O xornal coruñés tiña e aínda ten unha importante delegación en Ferrol pero co seu discurso centrado na cidade da Coruña e lonxe da defensa dos intereses de Ferrol. Estas diferenzas e en moitos casos sen prestar atención a problemas locais distanciou á cidade do xornal que chegou a ser boicoteado polos traballadores que se negaron a mercalo en protesta pola cobertura que daba ás súas protestas. En 1998 El Ideal Gallego xornal fundado en Ferrol pero editado na Coruña decidiu converter a súa edición local de Ferrol que sempre tivo boa acollida, aínda que non era quen de competir con La Voz de Galicia, nun novo xornal co nome de Diario de Ferrol[3]. O xornal tivo boa acollida dende os seus inicios esgotando a súa primeira edición. O xornal non foi quen de solucionar as carencias informativas de La Voz de Galicia pero soubo achegar máis as novas da cidade pero mantendo a distancia cos conflitos políticos e sociais. Co idioma galego o xornal mantivo a liña pasiva aparecendo en situacións moi concretas e máis forzado polo contexto das novas que trata.
Chegou a acadar unha tirada máxima de 10.000 a 12.000 exemplares[4]. En 2004 saíu a versión web do xornal pero con contidos moi limitados. Non habendo primeiramente hemeroteca dispoñible para consultar xa que actualizábase a web cada xeira e as novas deixaban de estar dispoñibles.