Fernando Fernández Rego

profesor e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando Fernández Rego

Fernando Fernández Rego, nado en Ferrol o 25 de maio de 1979, é un profesor, xornalista e escritor galego.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Fernando Fernández Rego
Thumb
Biografía
Nacemento25 de maio de 1979 (45 anos)
Ferrol, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupacióncatedrático, xornalista
Obra
Obras destacables

Dialnet: 5145893
Pechar

Traxectoria

Licenciouse en Química na Universidade de Santiago de Compostela e é docente no IES Castro Alobre.[2] É administrador da web musical LaFonoteca.net.[3] Escribe en Mondosonoro[4], Rockdelux,[5] Luzes e colabora con múltiples plataformas tanto dixitais como impresas. Tamén colaborou en Grial como coordinador da sección de música.[6]

Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records.[7]

Obra

Narrativa

  • Desorden (2009). Ediciones Oblicuas. Un tratado de existencialismo pospunk. Novela.[8]
  • Blues From A Gun: Secuencias Interiores (2011). Relato e poesía.

Ensaio

  • 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (2010). Toxosoutos. Libro e CD.[9]
  • Galicia en Clips (2012), Con Pablo Portero. Volta.
  • Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 (2019). Galaxia. 848 páxs. ISBN 978-84-9151-337-7.[10]
  • Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo, Underground (2024). Vigo: Galaxia. 360 páxs. ISBN 978-84-1176-332-5.

Biografía

  • Cuando Ríes. Los Contentos (Unos malditos pioneros del ga­ra­ge) (2014). Xonix. Sobre a banda luguesa Los Contentos. Con Piti Sanz e prólogo de Luís Tosar.
  • Andrés do Barro. Saudade. El músico que llevó el pop en gallego al número uno de ventas en España (2015). La­fonoteca.[11]
  • Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo (2022). Vigo: Galaxia, Col. Reportaxe.[12]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.