actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.[1]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis López Tosar 13 de outubro de 1971 (53 anos) Xustás, España |
Altura | 176 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, produtor de cinema |
Período de actividade | 1994 - |
Premios | |
| |
|
Comeza no campo da curtametraxe. Aparece no videoclip da canción "Os Ghalisáns" do grupo Korosi Dansas, emitido no Xabarín Club[2]. Acadou sona tras a súa aparición na serie Mareas vivas, emitida na Televisión de Galicia entre 1999 e 2003, que deu fama aos seus protagonistas.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Elenco no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Cela 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola súa defensa da lingua galega no Bierzo.
En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie Miami Vice dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.
Alén da súa faceta no mundo do cine, Luís Tosar é membro do trío cómico "The Magical Brothers" (con César Goldi e Piti Sanz). É integrante do grupo musical Di Elas, que lidera xunto con Piti Sanz. O 29 de marzo de 2011 publicaron o seu primeiro disco de nome homónimo.
Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do petroleiro Prestige (13 de novembro de 2002), da que posteriormente se distanciaría directamente ó considerala politizada.[3]
Foi militante do BNG, participando nas listas da coalición Galeusca-Pobos de Europa en representación do BNG nas eleccións europeas de 2004 e nas municipais de 2007 por Castro de Rei.[4]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1998 | Atilano, presidente | Cazorla | |
1999 | Flores de otro mundo | Damián | |
1999 | Celos | Luis | |
2000 | El corazón del guerrero | Detective 1 | |
2000 | Sei quen es | Estévez | |
2000 | Leo | Paco | |
2000 | La comunidad | Gómez | |
2000 | Besos para todos | El Bombilla | |
2000 | El váter susurra | Teodoro | |
2001 | Lena | Xitano | |
2001 | Visionarios | Delegado do goberno | |
2001 | Sin noticias de Dios | Oficial de policía | |
2002 | Semana Santa | Antonio | |
2002 | Os luns ó sol | Jose | |
2002 | Trece badaladas | Mateo | |
2003 | O lapis do carpinteiro | Herbal | |
2003 | O agasallo de Silvia | Carlos | |
2003 | Te doy mis ojos | Antonio | |
2003 | La flaqueza del bolchevique | Pablo López | |
2004 | A vida que che espera | Rai | |
2004 | ¡Hay motivo! | Segmento Por tu bien | |
2004 | Inconscientes | Salvador | |
2004 | O ano da carracha | Cameo como el mesmo | |
2005 | Galatasaray-Dépor | Fan do Deportivo | |
2005 | La noche del hermano | Lorenzo | |
2005 | Aupa Etxebeste! | Ladrón | |
2005 | El mundo alrededor | Florindo | |
2006 | Cargo | Baptist | |
2006 | O don da dúbida | Baptist | |
2006 | Miami Vice | Arcangel de Jesús Montoya | |
2006 | Las vidas de Celia | Miguel Ángel | |
2007 | Hotel Tívoli | Suso | |
2007 | Casual Day | Cholo | |
2007 | Normal con alas | Padre Serafín Amigo | |
2008 | A noite que deixou de chover | Spleen | |
2009 | The Limits of Control | Home co violín | |
2009 | Afranio | Siñor Afranio | |
2009 | Cela 211 | Malamadre | |
2010 | Mr. Nice | Craig Lovato | |
2010 | 18 comidas | Edu | |
2010 | Lope | Fray Bernardo | |
2010 | También la lluvia | Costa | |
2011 | Crebinsky | Comandante | |
2011 | Mientras duermes | Comandante | |
2012 | O Apóstolo | Xavier | Voz |
2012 | Operación E | José Crisanto | |
2012 | Una pistola en cada mano | L | |
2012 | Que pena tu familia | Manuel Añón | |
2012 | 100 % CEF | Celso Emilio Ferreiro | documental sobre o escritor |
2013 | Encallados | Telefilme | |
2013 | Una noche en el Viejo México | Panamá | |
2014 | Os fenómenos | Lobo | |
2014 | El Niño | Jesús | |
2014 | Musarañas | Pai de Montse | |
2015 | A cambio de nada | Pai de Darío | |
2015 | Ma ma | Arturo | |
2015 | O descoñecido | Carlos | |
2016 | Cen anos de perdón | Gallego | |
2016 | Toro | López | |
2016 | Plan de fuga | Posprodución | |
2016 | 1898: Los últimos de Filipinas | ||
TBA | Galaicus[5] | Décimo Xunio Bruto Galaico |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1994 | Xabarín Club | ||
1997 | Galicia terra única | ||
1997 | O tesouro | Pedro de Levaste | Acreditado como Luís L. Tosar |
1997 | La casa de los líos | Operario | 2 episodios |
1999 | El comisario | Psicópata do desaparafusador | 1 episodio: "El caso del destornillador" |
1999 | Mareas vivas | Andrés Domínguez | Personaxe regular: 49 episodios |
2014 | La ley del mar | José Durá “Pepe” | Personaxe protagonista nos 3 episodios |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1994 | Contos de Alentraia: Tornabón | Simón | |
1994 | As xoias da señora Bianconero | Simón | |
1995 | Mofa e Befa en Gran liquidación | ||
1995 | ¡Aproba! | ||
1996 | Mátame unos cuantos | Pedro | |
1996 | O matachín | Fran | |
1996 | Cabeza de boi | ||
1996 | Afonía | ||
1997 | El origen del problema | Vendedor | |
1998 | Una extraña mirada | Simón | |
1998 | Antonio, Jorge y Luís | ||
1998 | Que me queres, amor? | ||
1999 | Amor serrano | Xefe | |
1999 | El cumplido | Daniel | |
1999 | Si lo sé no vengo (a mi propio entierro) | Vendedor | |
2000 | Alzheimer | ||
2000 | O río ten mans | Enterrador | |
2000 | Amores que matan | Antonio | |
2001 | Un asunto pendente | Esteban | |
2001 | Clases de ruso | Pedro | |
2002 | Ciclo | Paisano | |
2003 | El barbero ciego | El que no tiene nombre | |
2003 | Lentura | Xenro / Arturo | |
2004 | El último peldaño | Fran/Rush Magical | |
2007 | Taxi? | ||
2010 | En el insomnio | Narrador | |
2013 | Cólera | Líder |
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Mellor actor revelación | Flores de otro mundo | Nomeado |
2002 | Mellor interpretación masculina secundaria | Os luns ó sol | Gañador |
2003 | Mellor interpretación masculina protagonista | Te doy mis ojos | Gañador |
2009 | Mellor interpretación masculina protagonista | Cela 211 | Gañador |
2010 | Mellor interpretación masculina protagonista | También la lluvia | Nomeado |
2011 | Mellor interpretación masculina protagonista | Mientras duermes | Nomeado |
2015 | Mellor interpretación masculina protagonista | O descoñecido | Nomeado |
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Mellor interpretación revelación | Flores de otro mundo | Nomeado |
2002 | Mellor actor secundario de cine | Os luns ó sol | Gañador |
2003 | Mellor actor protagonista de cine | Te doy mis ojos | Gañador |
2009 | Mellor actor protagonista de cine | Cela 211 | Gañador |
2012 | Mellor actor protagonista de cine | Operación E | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actor de cine | Te doy mis ojos | Gañador |
2009 | Mellor actor de cine | Cela 211 | Gañador |
2011 | Mellor actor de cine | Mientras duermes | Nomeado |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Cuncha de Prata ó mellor actor | Te doy mis ojos | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor Actor (ex aequo) | O lapis do carpinteiro | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor actor protagonista | Os luns ó sol | Gañador |
2003 | Mellor actor protagonista | O lapis do carpinteiro, Trece badaladas e O agasallo de Silvia | Gañador |
2004 | Mellor actor protagonista | A vida que che espera | Nomeado |
2006 | Mellor actor protagonista | Cargo | Gañador |
2008 | Mellor actor protagonista | A noite que deixou de chover | Nomeado |
2009 | Mellor actor protagonista | Cela 211 | Gañador |
2010 | Mellor actor secundario | 18 comidas | Nomeado |
Premio de Honra "Fernando Rey" | Gañador | ||
2012 | Mellor actor protagonista | Operación E | Gañador |
2014 | Mellor actor protagonista | El Niño | Nomeado |
2015 | Mellor actor protagonista | O descoñecido | Gañador |
2016 | Mellor actor protagonista | Cen anos de perdón | Gañador |
2018 | Mellor actor protagonista | A sombra da lei | Gañador |
2020 | Mellor actor protagonista | Quen a ferro mata | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actor protagonista | Hamlet | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor Actor Iberoamericano | La flaqueza del bolchevique | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Mellor Actor Protagonista | Cela 211 | Gañador |
Ano | Categoría |
---|---|
2005 | Defensa da lingua galega no Bierzo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.