ave da subfamilia dos voitres do Vello Mundo From Wikipedia, the free encyclopedia
O voitre negro[2] (Aegypius monachus) é unha ave da subfamilia dos voitres do Vello mundo (Aegypiinae), un dos poucos voitres que viven en Europa.
Voitre negro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Aegypius monachus' (Linnaeus, 1766) | |||||||||||||||||
Área de distribución. En azul área de invernada.. |
Mide ata máis dun metro de longo, cunha envergadura de ás de 250 a 295 cm. é un peso de 7 a 12 kg, o que o fai unha das aves voadoras máis pesadas é a falconiforme de maior tamaño. A plumaxe é uniformemente marrón escura, e ó lonxe parece negra. O pescozo, non moi longo, é rosa-azulado rodeado por plumas escuras. As ás son anchas e a cola ten unha lixeira forma de cuña. Non amosa dimorfismo sexual. Os inmaturos son algo máis escuros cós adultos.
Viven no sur de Europa e na Asia central. En Europa encóntranse actualmente na Península Ibérica, en Mallorca, e no sur dos Balcáns. En Asia vive de Oriente Medio e norte da India ata o sur de Siberia, norte da China e Mongolia. Invernan no Sudán, no medio oriente, noroeste da India, Paquistán e Corea. As aves do sur de Europa son sedentarias; en Asia son en xeral as poboacións das zonas máis ó norte as que viaxan ó sur nos invernos fríos. Sobre todo en Europa reduciuse moito ou desapareceu en case tódalas áreas da súa antiga distribución. Xa non vive en Marrocos, Portugal, Italia a ex-Iugoslavia, Albania, Romanía, Moldavia e Israel.
En España a poboación medrou de 200 parellas reprodutoras en 1970 a case 1000 en 1992. En Mallorca hai unha organización para a protección da especie, que intenta tamén restablecela en Macedonia do Norte e o sur de Francia, mediante a solta de exemplares novos. En Mallorca había en 1991 uns 51 exemplares. En Grecia habería 16 parellas, unha en Bulgaria, de 3 a 6 na península de Crimea, na Rusia europea ó redor de 50. A situación en Asia é pouco coñecida. O IUCN calcula que a poboación total é de entre 7.200 e 10.000 parellas reprodutoras.
Viven en xeral en montañas e outeiros arborados, pero voan en campo aberto cando procuran alimento. En España prefire áreas de bosque mediterráneo; en Mallorca frecuenta os acantilados. Son máis axiña solitarios.
Estas aves preeiras aliméntanse de cadáveres de animais de tamaño mediano e grande. En ocasións, sobre todo no verán, cando falta o alimento, capturan lagartos ou tartarugas e nalgunhas ocasións pequenos mamíferos, coma esquíos e coellos. Ó redor dun cadáver é a variedade de voitre dominante. O seu bico forte permítelle comer partes duras coma músculos e coiros, cos que ás veces traga ósos pequenos. Evitan comer vísceras e expulsan as partes indixeribles en forma de egagrópilas.
Voa planeando, coa cabeza recollida e poucas veces bate as ás.
Son monógamos e fan os niños nas árbores, utilizan o mesmo niño, que van renovando ata que chega a ter un gran tamaño, varios anos. Non crían cada ano. A femia pon un ovo só, que incuban alternativamente os dous pais durante uns 55 días. Ata que o polo comeza a voar ten sempre a compañía dun adulto no niño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.