Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes).
Accipitriformes Rango fósil: 50 Ma-0 Ma Eoceno-presente[1] | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No sentido das agullas do reloxo, desde arriba á esquerda: Haliaeetus leucocephalus, Circus cinereus, Clanga clanga, Harpia harpyja, Sagittarius serpentarius, Pandion haliaetus, Buteogallus schistaceus, Buteo galapagoensis, Gyps africanus (centro) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Mapa de diversidade de Accipitriformes (258 especies). O gradiente de cor (de claro a escuro) indica a riqueza en especies.[3] | |||||||||
Familias | |||||||||
|
Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes.[4][5][6][7] Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes.[8] Desde entón, adoptouse a separación en dúas ordes taxonómicas e a colocación dos falcóns próximos aos papagaios de acordo co Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC)[9][10] e co Comité de Clasificación Suramericano (SAAC) da Sociedade Ornitolóxica Americana,[11][12][13] así como co seu Comité de Clasificación Norteamericano (NACC),[14][15]. A Unión de Ornotólogos Británicos xa recoñeceu como orde a Accipitriformes,[16] e adoptou o movemento de Falconiformes.[17] A proposta baseada no ADN e as clasificacións da IOC e NACC inclúen os voitres do Novo Mundo en Accipitriformes,[8][14], mentres que a SACC clasifícaos nunha orde separada, os Cathartiformes.
Os Accipitriformes coñécense desde a metade do Eoceno[Cómpre referencia] e caracterízanse por ter un bico moi ganchudo cunha cera nos orificios nasais. As ás son longas e bastante anchas, axeitadas para o voo planado, coas catro plumas primarias externas emarxinadas.
Teñen fortes patas e pés con gadoupas raptoras e garras posteriores opoñibles. Case todos os Accipitriformes son carnívoros, cazando utilizando a vista durante o día ou ao solpor. Teñen unha duración da vida excepcionalmente longa e a maioría teñen baixas taxas reprodutivas.[Cómpre referencia]
As crías pasan por unha etapa longa para adquirir a plumaxe adulta pero de rápido crecemento, seguida de 3–8 semanas de coidados no niño despois de que fixeron o primeiro voo, e de 1 a 3 anos como adultos inmaturos. Os sexos teñen tamaños claramente diferentes e ás veces unha femia pesa o dobre que o macho. Este dimorfismo sexual é ás veces máis extremo en especies especializadas en cazar outras aves, como os Accipiter. A monogamia é a regra xeral, aínda que seleccionan unha parella alternativa se a outra morre.
Accipitriformes, actualmente con 262 especies e 75 xéneros e 4 familias existentes e posiblemente 1 familia extinta, é a orde de aves de presa diúrnas máis grande. As análises de secuencias de ADN suxiren que as diverxencias dentro de Accipitriformes empezaron aproximadamente no límite Eoceno/Oligoceno hai uns 34 millóns de anos, cunha división do grupo que incluía os xéneros Elanus e Gampsonyx do resto de xéneros de Accipitriformes.[18]
A orde inclúe as seguintes familias:
Orde Accipitriformes
Neoaves |
| ||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.