xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Accipiter é un xénero de aves de presa das familia Accipitridae (accipítridos). O xénero comprende unhas 50 especies, das cales en Galicia viven dúas: o azor (Accipiter gentilis) e o gabián (Accipiter nisus). Poden distinguirse anatomicamente dos seus parentes pola falta de forame (burato) procoracoide. Non obstante, hai dúas especies un tanto anormais que se sitúan tamén neste xénero que posúen dito forame pero que se distinguen pola secuencia de ADN. Isto garantiza a súa diferenciación do antigo xénero Hieraspiza.[1]
Accipiter | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Azor (Accipiter gentilis) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Hieraspiza Kaup, 1844 (but see text) |
Os Accipiter existentes oscilan en tamaño desde o A. minullus, no cal os machos máis pequenos miden 20 cm de longo, 39 cm de envergadura alar e pesan 68 g, ao A. gentilis, no cal as femias máis grandes miden 64 cm de longo, cunha envergadura alar de 127 cm e un peso de 2.200 g.[2] Estas aves son delgadas, con ás arredondadas, anchas e curtas e unha longa cola que lles axuda a manobrar en voo. Teñen longas patas e longas e agudas gadoupas que usan para matar as presas, e un bico agudo e ganchudo na punta co que se alimentan. As femias adoitan ser máis grandes que os machos. A miúdo emboscan as sñuas presas, principalmente pequenos paxaros e mamíferos, capturándoos despois dunha curta persecución. O seu patrón de voo típico é unha serie de batidos de ás seguidos dun curto planeo. Encóntranse xeralmente en áreas de bosques ou arbustos.
O xénero Accipiter foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[3][4] O nome procede da palabra latina que significaba 'falcón', procedente de accipere, que significaba 'agarrar, atrapar'.[5]
Entre as especies extintas están:
A presenza ou ausencia de forame ou burato procoracoide (tamén forame coracoide ou fenestra coracoide) é unha das características nas que hai que fixarse para distinguir este xénero. Trátase dun burato no proceso frontal do óso coracoide, por onde pasa o nervio supracoracoide. Nalgúns grupos de paxaros pode estar presente como unha simple amosega ou incisura; ou a amosega pode estar parcialmente ou debilmente pechada con tecido óseo. Noutros grupos de aves esta característica está completamente ausente.
Este burato está xeralmente presenta na maioróia das aves e presa, pero está ausente en case todos os maioría Accipiter estudados, polo que esta ausencia propúxose como unha cracterística de diagnóstico.
Un estudo dos esqueletos dos accipítridos encontrou incisuras procoracoides (diferentes dos buratos) nalgúns espécimes das aguias Aquila gurneyi e A. chrysaetos, pero non noutras catro especies de Aquila. A amosega está variablemente aberta ou debilmente osificada en Spizastur melanoleucos, Lophoaetus occipitalis, Spizaetus ornatus e Stephanoaetus coronatus. Tamén Buteo brachyurus e B. hemilasius teñen incisuras, diferindo doutras 17 especies de Buteo.[7]
En Circus o forame é variable, non só entre as especies senón nos ósos de distinto lado dun mesmo individuo. Xeralmente está aberto ou ausente, per opode estar pechado por unha trabécula ósea. As investigacións realizadas en filoxenia xenética indican que Circus está relacionado con Accipiter.
A amosega está tamén ausente ou practicamente indistinguible en Harpagus bidentatus.
Urotriorchis macrourus ten un burato procoracoide ben desenvolvido, o que suxire unha separación de Accipiter. Pode estar relacionado coa tribo Melieraxini.[8]
Análises de xenética molecular indican que Accipiter é parafilético cos Circus, mesmo se os dous grupos difiren en hábitos de caza e forma corporal.[9] Hai tres ou catro clados de Accipiter, con Circus, Megatriorchis e Erythrotriorchis mesturados.
John Boyd propuxo dividir Accipiter en catro xéneros distintos, que chamou: Aerospiza, Tachyspiza, Accipiter e Astur.[10] Neste esquema Tachyspiza queda coa maioría das especies, e Accipiter quedaría reducido a só seis, que son: A. nisus (especie tipo), A. rufiventris, A. striatus, A. chionogaster, A. ventralis, A. erythronemius.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.