78ª edición do Trofeo Teresa Herrera From Wikipedia, the free encyclopedia
O Trofeo Teresa Herrera de 2023 foi a 78ª edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 5 de agosto de 2023 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que logrou o seu 25º título ao derrotar por 4-0 ao Red Bull Bragantino II do Brasil.[1]
Tipo | torneo amistoso de fútbol |
---|---|
Organizador | Deportivo da Coruña Concello da Coruña |
Parte de | Trofeo Teresa Herrera |
Número de participantes | 2 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O |
País | España |
Número de edición | 78 (2023) |
Competición | |
Árbitro | Daniel Pastoriza Iglesias |
Primeiro posto | Deportivo da Coruña |
Datos estatísticos | |
Máis goles marcados | Iván Barbero↔ Deportivo da Coruña (2) |
Número de espectadores | 16.127 |
Deportivo da Coruña | Club anfitrión. 4º na Primeira División RFEF 2022/23 |
Red Bull Bragantino II | 2º no Campionato Brasileiro Sub-23 de 2022 e 10º no Campionato Paulista Serie A3 de 2022 |
Nos momentos previos ao partido foron homenaxeados os exfutbolistas brasileiros Bebeto e Mauro Silva, dous dos mellores xogadores da historia do Deportivo da Coruña e os únicos que gañaron a Copa do Mundo mentres militaban no club.[1] Mauro Silva xogara ademais dous anos e medio no Bragantino, antes de ser traspasado en 1992 ao Deportivo.[2] Gardouse ademais un minuto de silencio polo falecemento de Luis Suárez, antigo xogador e adestrador do equipo coruñés e único Balón de Ouro nacido na Península Ibérica.[3] Durante o partido rendéuselle tamén unha homenaxe ao capitán Álex Bergantiños, que vestiu por última vez a camiseta do Deportivo despois de 21 anos ao servizo do club. Ingresou ao campo como titular e foi substituído no minuto 21, acompañado polos seus fillos e sendo ovacionado por todo o estadio.[4][5]
Deportivo da Coruña | 4–0 | Red Bull Bragantino II | 5 de agosto de 2023 – Riazor, A Coruña Asistencia: 16.127 Árbitro: Pastoriza Iglesias |
Barbero 36' 63' Davo 59' José Ángel 79' (p.) |
Informe |
Caetano 78' | |
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.