futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Brais Val Alonso, nado en Vigo o 1 de xuño de 2002, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Villarreal B, da Primeira División RFEF.
Brais Val | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Brais Val Alonso | ||
Nacemento | 1 de xuño de 2002 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Villarreal B | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlántida Matamá | |||
2010–2017 | Celta de Vigo | ||
2017–2020 | Valencia | ||
2020–2021 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021–2024 | Fabril | 95 | (0) |
2022 | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
2024– | Villarreal B | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de xullo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Nado en Vigo, comezou a xogar ao fútbol no Atlántida de Matamá, incorporándose á canteira do Celta de Vigo con oito anos.[1] En 2017 fichou polo Valencia, permanecendo na súa canteira durante tres anos, ata que no 2020 regresou a Galicia para ingresar no equipo xuvenil do Deportivo da Coruña. Na tempada 2020/21, con Óscar Gilsanz como adestrador, foi unha das principais figuras do equipo que conquistou a División de Honra Xuvenil e tamén a Copa de Campións, despois de derrotar na final ao FC Barcelona.[2][3]
Na tempada 2021/22 subiu ao Fabril, onde tivo como adestrador de novo a Gilsanz, e afianzouse no centro do campo titular do equipo. O 23 de maio de 2022 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, da man de Borja Jiménez, na derradeira xornada da Primeira División RFEF ante o Unionistas, substituíndo na segunda parte ao capitán Bergantiños.[4] Continuou no filial o resto da campaña e disputou sen éxito a promoción de ascenso á Segunda RFEF.
Con todo, o Fabril conseguiu ascender na seguinte tempada ao proclamarse campión do Grupo I, cun Brais Val que disputou como titular todos os partidos do campionato, regularidade que mantivo na 2023/24, xa na Segunda RFEF. No verán de 2024 decidiu non aceptar a oferta de renovación do club e fichou polo Villarreal B, equipo que viña de descender á Primeira División RFEF.[5] O seu balance final no Fabril foi dun total de 95 partidos en tres campañas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.