Víctor Narro
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Narro Valero, nado en Palma o 27 de maio de 1999, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.
Víctor Narro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Víctor Narro Valero | ||
Nacemento | 27 de maio de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Palma | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Extremo dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Carreira xuvenil | |||
–2017 | Mallorca | ||
2015–2016 | → La Salle | ||
2017–2018 | Villarreal | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2018–2019 | Roda | 35 | (3) |
2019–2020 | Villarreal C | 27 | (4) |
2020–2021 | Villarreal B | 21 | (0) |
2021–2022 | Valladolid B | 27 | (6) |
2021–2022 | Valladolid | 3 | (0) |
2022–2023 | Deportivo da Coruña | 14 | (0) |
2023 | → Atlético Baleares | 17 | (1) |
2023–2024 | Lugo | 30 | (2) |
2024– | Gimnàstic | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 5 de xullo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Mallorca e máis tarde no La Salle,[1] antes de incorporarse á canteira do Villarreal CF en xaneiro de 2017.[2]
Na tempada 2018/19 militou na Terceira División nas filas do CD Roda, club co que o Villarreal mantén un convenio de colaboración.[3] Debutou nunha vitoria por 2-1 ante o Paterna CF e disputou un total de 35 partidos, marcando 3 goles.[4] A continuación regresou ao Villarreal para xogar no equipo C, tamén de Terceira División.[5] Na tempada 2020/21 xogou co Villarreal B na Segunda División B, disputando 21 partidos.
O 31 de xullo de 2021 deixou definitivamente o club e tres días despois o Real Valladolid Promesas, filial do Real Valladolid, oficializou a súa fichaxe para xogar na nova Primeira División RFEF.[6][7] Xogou 27 partidos co filial e o 13 de novembro de 2021 debutou co primeiro equipo na Segunda División, da man do adestrador Pacheta, nunha vitoria por 3-0 sobre o Fuenlabrada, entrando nos instantes finais como substituto de Álvaro Aguado.[8][9] Xogou catro partidos máis co primeiro conxunto valisoletano ata o final da tempada.
O 24 de xuño de 2022 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña, tamén de Primeira RFEF, co que asinou un contrato por dúas tempadas.[10] Participou en todos os partidos mentres tivo como adestrador a Borja Jiménez, pero perdeu protagonismo trala chegada de Óscar Cano ao banco, polo que en xaneiro saíu cedido ao Atlético Baleares.[11] No equipo palmesano contou con máis tempo de xogo e contribuíu cun gol e cinco asistencias á salvación do equipo.[12]
Ao remate da tempada o seu contrato co Deportivo foi rescindido e uns días despois anunciouse a súa fichaxe polo Lugo, equipo que viña de descender á Primeira RFEF.[13] No club lucense disputou un total de 32 encontros, 20 deles como titular, pero o equipo acabou lonxe do seu obxectivo do ascenso.
En xullo de 2024 fichou polo Gimnàstic de Tarragona, da mesma categoría.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.