From Wikipedia, the free encyclopedia
Reuven «Rubi» Rivlin (hebreo: ראובן ריבלין), nado en Xerusalén o 9 de setembro de 1939, é un avogado e político israelí, e presidente de Israel desde o 24 de xullo de 2014 ata o 9 de xullo de 2021. Forma parte do partido político conservador Likud.[1]
(2014) | |
Nome orixinal | (he) ראובן ריבלין |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de setembro de 1939 (85 anos) Xerusalén |
10º Presidente de Israel | |
24 de xullo de 2014 – 7 de xullo de 2021 ← Shimon Peres – Isaac Herzog → | |
Membro de Knesset | |
5 de febreiro de 2013 – 10 de xuño de 2014 – Carmel Shama (pt) → Lexislatura: 19th Knesset (en) | |
Speaker of the Knesset (en) | |
10 de marzo de 2009 – 22 de febreiro de 2013 ← Dalia Itzik (pt) – Yuli Edelstein (pt) → | |
Membro de Knesset | |
24 de febreiro de 2009 – 5 de febreiro de 2013 Lexislatura: 18th Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
17 de abril de 2006 – 24 de febreiro de 2009 Lexislatura: list of members of the seventeenth Knesset (en) | |
Speaker of the Knesset (en) | |
28 de febreiro de 2003 – 28 de marzo de 2006 ← Avraham Burg (pt) – Dalia Itzik (pt) → | |
Membro de Knesset | |
17 de febreiro de 2003 – 17 de abril de 2006 Lexislatura: list of members of the sixteenth Knesset (en) | |
Minister of Communications (en) | |
7 de marzo de 2001 – 28 de febreiro de 2003 | |
Membro de Knesset | |
7 de xuño de 1999 – 17 de febreiro de 2003 Lexislatura: list of members of the fifteenth Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
4 de marzo de 1999 – 7 de xuño de 1999 Lexislatura: list of members of the fourteenth Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
1 de setembro de 1996 – 4 de marzo de 1999 ← Eliyahu Ben-Elissar (pt) Lexislatura: list of members of the fourteenth Knesset (en) | |
Membro de Knesset | |
21 de novembro de 1988 – 13 de xullo de 1992 Lexislatura: 12th Knesset (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Hebrea de Xerusalén Gymnasia Rehavia (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e dereito |
Lugar de traballo | Xerusalén |
Ocupación | político, avogado, xurista |
Partido político | Likud |
Movemento | Solução de Um Estado (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | Comandante |
Familia | |
Cónxuxe | Nechama Rivlin (1971–2019), Thanasis |
Premios | |
| |
Páxina web | president.gov.il… |
Reuven Rivlin naceu en Xerusalén no ano 1939. É descendente de Gaon de Vilna. Rivlin pertence a unha extensa familia que chegou á Palestina otomá a principios do século XIX, e cuxos membros ocupan, dous séculos despois, varios estratos das elites israelís.
Desde moi novo estivo identificado co movemento xuvenil Beitar e coa ideoloxía de Zeev Jabotinsky e de Menachem Beguin representada polo partido político Likud[2][3].
En 1957, logo de rematar a educación media, ingresou nas Forzas de Defensa de Israel sendo oficial de intelixencia. Foi mobilizado tamén na Guerra dos Seis Días, en 1967[4]. Licenciouse en dereito pola Universidade Hebrea de Xerusalén, comezou posteriormente unha carreira profesional como avogado do Beitar, o equipo de fútbol máis importante de Xerusalén, e na compañía de aviación El Al.
Entrou na política en 1978 como concelleiro de Xerusalén, en 1988 foi escollido deputado do Likud na Knesset, onde centrou a súa actividade pública ata 1993.[5] Ao Parlamento entrou por primeira vez na décimo segunda lexislatura (1988-1992) e coa única excepción do período comprendido entre 1992 e 1996, sendo deputado até o ano 2014.
Tamén ocupou o cargo de ministro de Comunicación (2001-2003) e, en dúas ocasións, o de presidente do poder lexislativo; a primeira de 2003 a 2006 e a segunda entre 2009 e 2013, na que se converteu en presidente da Knesset con 90 votos sobre 120.[6] Dende esa tribuna consolidou a súa imaxe de demócrata sen concesións, en contraste coa súa forte ideoloxía nacionalista.[7][8] Durante os seus dous mandatos como presidente do Parlamento, Rivlin gañouse moito aliados pero tamén inimigos, sobre todo, porque non dubidou en enfrontarse á coalición de Netanyahu e ao sector máis nacionalista do Likud e Israel Beitenu.[9]
No 2007 foi candidato á presidencia do país; con todo, retirouse na primeira rolda de votacións debido ao inminente triunfo do seu rival Shimon Peres.[10]
No 2014, postulouse de novo á presidencia. Aínda que inicialmente aparecía como o principal candidato a suceder a Shimon Peres, a aposta de Rivlin pola presidencia complicouse pola rivalidade persoal e que mantén con Netanyahu, cuxos denodados esforzos para buscar outro candidato foron amplamente relatados pola prensa. Só no último momento, cando os seus esforzos fracasaran, Netanyahu ofreceu de mala gana o seu apoio a Rivlin.[11] Tras as eleccións presidenciais de Israel, ningún do cinco candidatos iniciais obtivo a maioría absoluta na primeira votación, na que Rivlin, do partido Likud, terminou en primeiro lugar, con 44 votos, mentres que Sheetrit, do HaTnuha, obtivo o apoio de 31 dos 120 deputados da Knesset.[12]
En segunda volta, Rivlin impúxose con 63 votos ao seu rival, o centrista Meir Sheetrit, quen recibiu o apoio de 53 dos 120 deputados do Parlamento.[13]
Sucedeu a Shimon Peres o 24 de xullo de 2014[14] e dende o comezo os analistas confiaron en que a súa xeira se centraría en asuntos de política interior[15], logo do exercicio de Peres, premio Nobel e recoñecido internacionalmente.
O seu rol como mediador da política nacional gañou peso debido á crise política na que entrou Israel dende 2019. As sospeitas políticas e xornalísticas sobre a corrupción do primeiro ministro Netanyahu concretáronse nunha acusación da fiscalía en decembro de 2018, malia as manobras para adiar o xuízo[16] este comezou en 2021[17]. A acusación contra o Benjamin Netanyahu e a súa familia fixo que moitos sectores políticos se distanciasen del e que a sociedade israelí se fose polarizando. Os resultados das eleccións de 9 de abril de 2019 foron moi igualados, aínda que Netanyahu conseguiu quedar por diante do antigo xeneral Benny Gantz en votos, ambos quedaron empatados con 35 deputados. Netanyahu fracasou á hora de poder conformar unha coalición parlamentaria que respaldase o seu goberno polo que a Knesset se disolveu, volvéndose a convocar eleccións anticipadas. A situación de bloqueo político volveuse a producir en setembro de 2019, escoitados aos partidos, Rivlin encomendou a Netanyahu a exploración dunha maioría, sen éxito[18], polo que Rivlin delegou a tarefa en Gantz, quen tampouco foi quen. Esta situación obrigou a repetición das eleccións lexislativas, agora o 2 de marzo de 2020. A resistencia de Netanyahu a abandonar o cargo de primeiro ministro foi interpretada por manter as salvagardas xudiciais que leva asociado o cargo, quen non ten obriga de dimitir ata que haxa sentenza firme do Tribunal Supremo[19]. As eleccións de 2020 devolvéronlle ao Likud de Netanyahu a posición de forza máis votada, aínda que Rivlin encargou a Gantz intentar conformar unha maioría por contar con máis respaldo parlamentario. Novamente sen resultaados, Rivlin encargou á propia Knesset a procura dun candidato antes de 21 días para evitar unhas novas eleccións. A situación ocasionada pola pandemia de covid-19 facilitou que finalmente Netanyahu e Gantz formaran un goberno de coalición[20]. Mais, poucos meses despois, o executivo non contou con apoio parlamentario para aprobar os orzamentos, razón pola que a Knesset se disolveu e fixáronse eleccións para marzo de 2021[21]. O resultado , novamente axustado fixo que Rivlin optase primeiro por Netanyahu para fomar un goberno, de novo sen éxito, polo que delegou en Yair Lapid, político progresista que conseguira a segunda posición, a exploración dunha coalición[22]. Lapid logrou un pacto que incorporará ao goberno a unha coalición heteroxénea de partidos (dende a extrema dereita xudía ata representantes da minoría árabe)[23] e que fará que o cargo de Primeiro Ministro rote entre Bennett, líder do partido dereitista Yamina, e el mesmo[24]. Durante eses meses, Rivlin instou repetidas veces a superar o bloqueo[25] e alertou das consecuencias do mesmo como a perda de confianza cidadá no sistema político[26].
Rivlin é contrario á existencia dun Estado palestino independente[27] e é defensor da solución dun único estado para o conflito con Palestina[28]. Con todo, ten sona de tolerante[29] e destacouse como un defensor das minorías de Israel[30], especialmente dos árabes[31]. Deste xeito, fixo pública a súa reticencia á chamada lei do Estado-Nación de 2018 que define a Israel como o estado nación dos xudeus. Durante a tramitación parlamentaria reuniuse con representantes das distintas minorías para coñecer as súas preocupacións sobre o contido da futura lei[32] e expresou o seu temor a que dese orixe a desigualdades[33]. Así, nunha carta aberta aos membros da Knesset, Rivlin afirmou que consideraba algúns dos artigos do proxecto de lei como discriminatorios, citando como exemplo a posibilidade de reservar determinadas localidades só para xudeus[34]. Unha vez a lei superou o voto da Knesset, e aínda que algúns puntos foron suavizados, Rivlin mostrou a súa disconformidade con ela asinándoa en árabe[35], lingua que perdeu o status de oficial con esa lei[36]. En maio de 2021, no contexto dunha nova crise entre Israel e Gaza, producíronse enfrontamentos entre xudeus e árabes israelís, entón Rivlin amosou a súa inquietude por esta situación e alertou do risco de guerra civil[37][38].
Dado que o seu mandato remata o 9 de xullo de 2021, a Knesset escolleu como sucesor ao laborista Isaac Herzog o 2 de xuño dese ano[39].
Aínda que como Presidente da Knesset procurou que Israel recoñecese a existencia do xenocidio armenio[40], como xefe do Estado moderou as súas declaracións sobre esta cuestión para evitar controversias con Turquía[41].
Rivlin e a súa dona visitaron España en novembro de 2017, naquela altura, apenas un mes despois do referendo de independencia de Cataluña, o goberno de Mariano Rajoy interpretaba como equidistante a posición da diplomacia israelí. Mais no brinde na cea de gala ofrecida polo rei Filipe VI, Rivlin reafirmou o apoio israelí á unidade de España[42]. A prensa española destacou que esas declaracións foron por insistencia do propio Rivlin, fronte a posición, menos categórica, defendida por Netanyahu[43].
O goberno de Netanyahu procurou cultivar relacións cordiais con gobernos europeos de talante populista[44][45], mais, en 2018, nunha entrevista na CNN, Rivlin alertou do pulo recente das ideoloxías antisemitas en Europa[46] Pouco despois, alegando problemas de axenda non recibiu o italiano Matteo Salvini, líder da Liga Norte e naquela altura ministro do Interior. Analistas e xornalistas contrastaron o xesto de Rivlen coa cordialidade amosada por Netanyahu ao italiano[47][48].
Tamén, en 2018 o goberno polonés propuxo unha lei que declaraba ilegal suxerir a responsabilidade polonesa no Holocausto[49], o que xerou unha forte controversia entre as comunidades xudías e en Israel[50]. Neste asunto, Rivlin interpelou persoalmente o seu homólogo polonés, Andrzej Duda, recordándolle que houbo poloneses que participaron no Holocausto[51][52].
Nos días previos a rematar o seu exercicio numerosos líderes internacionais agradecéronlle o seu traballo como Barack Obama, o príncipe de Gales, Carlos, Filipe VI de España ou Filipe dos Belgas.[53] Tamén mantivo unha conversa telefónica con Mahmoud Abbas de despedida.
Reuven Rivlin casou en 1971 con Nechama Rivlin, bióloga que traballou na Universidade Hebrea de Xerusalén, e é pai de catro fillos[54]. Quedou viúvo logo do falecemento da súa dona, doente de fibrose pulmonar[55] e sometida a un transplante de pulmón[56], o 4 de xuño de 2019. É vexetanariano dende a década de 1960 e é seareiro do Beitar de Xerusalén[54] do que foi directivo[57].
Tamén é coñecido polo seu humor[58] e austeridade. Sendo xefe do Estado de Israel usou transportes públicos para desprazarse súas viaxes o estranxeiro.[59] O rematar o seu mandato, o servizo de seguridade interior, Shin Bet, deu a coñecer que se procedía a disfrazar a Reuven Rivlen para dotalo de anonimato nalgunhas desas ocasións.[60]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.