Presidente de Israel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Presidente de Israel

O Presidente de Israel (en hebreo, נְשִׂיא הַמְּדִינָה, Nesí Hamediná) é o Xefe de Estado de Israel. Como adoita ser habitual nas repúblicas parlamentarias, o cargo ten función protocolaria,[1] quedando o poder executivo en mans do primeiro ministro. O Parlamento ou Knesset elixe ao presidente por maioría simple para un único período de sete anos.

Datos rápidos Presidente de Israel נְשִׂיא הַמְּדִינָה (en hebreo: עברית), Residencia ...
Presidente de Israel
נְשִׂיא הַמְּדִינָה (en hebreo: עברית)

Titular
Reuven Rivlin
ראובן ריבלין (en hebreo: עברית)

Dende o 24 de xullo de 2014

ResidenciaBeit HaNassi
Xerusalén
Duración7 anos
Creación16 de febreiro de 1949
Sitio web
Pechar


No ano 2007 Dalia Itzik ocupou o cargo de forma interina substituíndo a Moshe Katsav, que dimitiu.

Presidentes do Estado de Israel

Todos os presidentes de Israel que accederon ao cargo desde a política, desde Jaim Weizmann até o seu sobriño Ezer Weizman, foron membros ou estiveron conectados co Partido Laborista Israelí. Moshé Katsav, foi o primeiro membro do Likud que accedeu á presidencia do Estado de Israel. Shimon Peres, foi membro do partido laborista e pertenceu ao partido Kadima.

Funcións

O presidente do Estado de Israel mantén o antigo título de xefe do Sanedrín, é dicir, a entidade xudicial suprema do pobo xudeu na Terra de Israel durante os tempos antigos.[1]

Case todas as funcións da presidencia son protocolarias e formais.[1] É función do presidente chamar a un membro da Knesset (Parlamento) para que inicie o proceso de formación dun novo goberno tras as eleccións, ou ben pola renuncia do goberno anterior. Tamén é a súa función aceptar as credenciais dos embaixadores estranxeiros, asinar tratados e leis aprobadas pola Knesset. Tamén é tarefa do presidente o nomeamento de xuíces, do gobernador do Banco de Israel e dos xefes de misións diplomáticas no estranxeiro, todo iso de acordo coas recomendacións do organismo correspondentes.

O presidente do Estado de Israel, asesorado polo ministro de Xustiza, ten capacidade para conceder indultos a presos e conmutar penas.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.