From Wikipedia, the free encyclopedia
A Knesset (en hebreo: הַכְּנֶסֶת haˈkneset, a reunión ou a asemblea) é o poder lexislativo do Estado de Israel. É un parlamento unicameral composto por 120 membros escollidos cada catro anos.
O 14 de maio de 1948, o día antes da declaración de Independencia de Israel, constituíuse o Consello Estatal provisional de Israel. Un órgano con competencias lexislativas e executivas baixo a dirección de David Ben-Gurion pero integrado por diferentes partidos. Logo da Guerra árabe-israelí, en xaneiro de 1949 celebráronse as primeiras eleccións lexislativas en Israel, e quedou constituída o 14 de febreiro, como unha asemblea constituínte. Nesas primeiras sesións adoptou o nome de Knesset, escolleu a Chaim Weizmann como primeiro presidente de Israel e confirmou o primeiro goberno de David Ben-Gurion.[1]
As competencias da Knesset son as de elaborar, discutir e aprobar as leis, confirmar o goberno e controlar a súa acción executiva, ademais de escoller o presidente do Estado. O funcionamento do parlamento de Israel están regulada pola primeira das leis básicas de Israel (1958).[2] Os seus 120 membros, gozan de inmunidade e deben ser escollidos por sufraxio universal da cidadanía israelí maior de idade en voto secreto e mediante un sistema proporcional. Os membros do parlamento intégranse en comités para facer o seguimento das diferentes políticas do Estado.
Durante os primeiros anos de existencia do Estado de Israel, diferentes edificios de Xerusalén albergaron a súa sede. Mais a Lei Básica: A Knesset (1958) establece no seu artigo segundo que a sede debe estar localizada en Xerusalén, polo que finalmente foi construído un edificio para albergar o parlamento israelí. O predio está localizado no barrio de Givat Ram nun terreo arrendado ao patriarcado ortodoxo grego de Xerusalén e foi custeado por James de Rothschild, xudeu británico.[3]
O edificio foi inaugurado en 1966. No interior destaca a sala do pleno que está presidida pola tribuna central ocupada polo presidente da Knesset e a palestra para os oradores. Fronte á presidencia, sentan os deputados, cuxa disposición se inspira na forma da menorá. As paredes da sala, de pedra calcaria de Galilea, contan cun baixorrelevo de Dani Karavan inspirado no versículo 6, "Saudade así a Xerusalén" do salmo 122.[4] Tamén hai un retrato de Theodor Herzl, fundador do sionismo.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.