From Wikipedia, the free encyclopedia
O parlamentarismo é un sistema de goberno no cal o Xefe de Estado (que pode ser un monarca ou presidente) non exerce as funcións de Xefe de Goberno.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
O xefe de Goberno, xeralmente co título de primeiro ministro, é escollido polo parlamento entre o partido ou bloque de partidos que conforman a coalición maioritaria, pero nada impide que a oposición venza. Se unha crise política dinamita a base sobre a que se sustenta o goberno, o parlamento poderá destituír o xefe de goberno do poder executivo e substituílo por outro. Teoricamente, o líder do partido ou coalición que obteña a maioría das cadeiras parlamentarias terá o dereito de escoller o xefe de goberno e compor o gabinete de goberno. Mais, ás veces, iso non ocorre. Unha desas excepcións aconteceu en Europa, co Gabinete Español, no ano 2004, pois, no mesmo, a oposición, con minoría simple no novo sufraxio, gañou as eleccións e montou un novo goberno parlamentarista, outra denominación do parlamentarismo.
A orixe do parlamentarismo remonta ao Reino de León,[1] cando o soberano Afonso IX compartiu o poder cun parlamento (Cortes de León, 1188).[2] Os primeiros consellos dese tipo reuníanse ó redor dunha grande mesa, na cal o rei ficaba na cabeceira en posición máis alta, e as persoas influentes ocupaban ámbolos lados. Canto máis rico, íntimo ou influente fose, máis próximo do rei podería o nobre sentar.
Pódese dicir que Inglaterra foi o berce do parlamentarismo moderno, sendo o primeiro país en limitar os poderes do seu monarca, chegando mesmo a decapitar un rei absolutista, Carlos I en 1649, transferindo o poder de goberno á Cámara dos Lores. Actualmente o Consello dos Lores é a Cámara dos Lores ou Cámara Alta para os ingleses. En Francia é o parlamento, no cal o Primeiro Ministro é elixido por un período de 6 anos. Outro exemplo é Israel, onde o principal partido do parlamento dende o 2004 é o Likud.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas acordou en 2018 celebrar cada 30 de xuño o Día Internacional do Parlamentarismo, conmemorando que nesa data, do ano 1889, se constituíu a Unión Interparlamentaria (UIP)[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.