Tribunal Supremo de Israel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tribunal Supremo de Israelmap

O Tribunal Supremo de Israel é a máxima institución xudicial do Estado de Israel. A Lei Básica: o poder xudicial (1984) regula as súas competencias, composición e funcionamento. A súa sede está en Xerusalén.

Datos rápidos Tipo, Personalidades ...
Tribunal Supremo de Israel
Thumb

Tipocorte suprema
Personalidades
Cargo dirixentePresident of the Supreme Court of Israel (en)
Presidente/aUzi Vogelman (en) 16 de outubro de 2023
Esther Hayut (pt) 26 de outubro de 2017 - 16 de outubro de 2023
Data
Fundación1948
Localización
Thumb
 31°46′51″N 35°12′13″L
PaísIsrael
SedeSupreme Court of Israel building (en)
XurisdiciónIsrael
Contacto
Páxina WEBsupreme.court.gov.il
[ Wikidata ]
Pechar

Características

O Tribunal Supremo está á cabeza do sistema xudicial do Estado de Israel e ten unha dupla función. Dunha parte é a máxima instancia de apelación en material civil e penal e doutra encárgase da revisión xudicial das medidas do goberno.[1][2]

Os fallos do Tribunal Supremo son de obrigado cumprimento no país agás para ela mesma, seguindo o principio de stare decisis.[3] As súas decisións gañan notoriedade internacional cando se pronuncian sobre cuestións derivadas do conflito árabe-israelí, os dereitos dos árabes de Israel ou a corrupción no goberno.

O número de xuíces determínao a Knesset, actualmente está fixado en 15. Os seus membros son designados polo Presidente do Estado de Israel seguindo o consello dunha comisión especial composta por xuíces do Tribunal Supremo, do Colexio de Avogados e personalidades públicas.[4] Os xuíces son cargos vitalicios pero cesan ao cumprir os 70 anos de idade, aquel que leve máis tempo servindo no Tribunal é o presidente.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.