From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Carlomagno (Internationaler Karlpreis der Stadt Aachen, e desde 1998 Internationaler Karlspreis zu Aachen) é un premio outorgado desde 1950 pola cidade alemá de Aquisgrán. É o premio máis antigo e coñecido co que son distinguidas as personalidades ou institucións no ámbito europeo en xeral e da Unión Europea en particular.[1]
A orixe do premio sitúase o 19 de decembro de 1949 cando un comerciante da cidade de Aquisgrán, o Dr. Kurt Pfeiffer, que fundara un círculo cultural co nome de ‘’Corona Legentium Aquensis’’ coa intención de fomentar o diálogo entre políticos, científicos e os personaxes culturais de toda Europa, anuncia a creación dun premio que bautiza co nome do emperador Carlomagno quen no século VIII fixara a súa residencia en Aquisgrán[2].
O obxectivo do Premio Carlomagno definiuse polo seu fundador nos seguintes térmos:
O premio actúa cara o futuro e carrexa un deber de contido sumamente ético. Diríxese, rexenerado por unha nova forza, á unificación dos pobos europeos para defender os máis altos valores humanos: a liberdade, a humanidade e a paz, para axudar aos pobos oprimidos e marxinados, e para asegurar o futuro dos fillos e dos netos.
No ano 2004, ademais do premio ordinario, concedeuse un premio especial ao papa Xoán Paulo II que non se entregou en Aquisgrán, senón na Cidade do Vaticano. Ó ano seguinte unha iniciativa cidadá intentou sen éxito retirar o premio a Henry Kissinger, quen obtivera o galardón en 1987. A súa xestión no goberno estadounidense foi criticada pola súa responsabilidade no golpe de Estado contra o presidente chileno Salvador Allende en 1973.[3]
O Premio Carlomagno outorgase á contribución (anual) máis valiosa para a comprensión e o desenvolvemento da comunidade en Europa Occidental e polos servizos á humanidade e á paz mundial. A contribución pode estar encadrada nos campos da literatura, das ciencias, da economía ou a política.
O xurado que outorga o Premio Carlomagno está formado por 17 persoas, entre as que se encontran o alcalde de Aquisgrán, o deán da Catedral e reitor da Escola Técnica Superior de Renania-Westfalia, radicada de igual xeito en Aquisgrán, así como representantes dos partidos políticos.
O premio consiste nun premio en metálico de 5.000 euros, unha medalla coa imaxe de Carlomagno no trono, e un certificado.[4]
A súa entrega realízase no mes de maio no interior da Sala da Coroación da Casa do concello de Aquisgrán, logo do cal, fanse tres discursos, un polo alcalde da cidade, outro de louvanza por un convidado especial e o terceiro polo propio premiado.
Ano | Premiado | Actividade | Nacionalidade | Galería |
---|---|---|---|---|
1950 | Richard Coudenhove-Kalergi | Fundador do movemento europeísta | Austria | |
1951 | Hendrik Brugmans | Reitor do Colexio de Europa | Bélxica | |
1952 | Alcide de Gasperi | Primeiro Ministro de Italia | Italia | |
1953 | Jean Monnet | Presidente da Alta Autoridade da CECA | Francia | |
1954 | Konrad Adenauer | Chanceler da República Federal Alemaña | Alemaña | |
1956 | Winston Churchill | Primeiro Ministro do Reino Unido | Reino Unido | |
1957 | Paul Henri Spaak | Secretario Xeral da OTAN | Bélxica | |
1958 | Robert Schuman | Presidente do Parlamento Europeo | Francia | |
1959 | George Marshall | Secretario de Estado dos Estados Unidos | Estados Unidos | |
1960 | Joseph Bech | Primeiro Ministro de Luxemburgo | Luxemburgo | |
1961 | Walter Hallstein | Presidente da Comisión Europea | Alemaña | |
1963 | Edward Heath | Membro da Cámara dos Lores | Reino Unido | |
1964 | Antonio Segni | Presidente de Italia | Italia | |
1966 | Jens Otto Krag | Primeiro Ministro de Dinamarca | Dinamarca | |
1967 | Joseph Luns | Ministro de Asuntos Exteriores dos Países Baixos | Países Baixos | |
1969 | A Comisión Europea | Unión Europea | ||
1970 | François Seydoux de Clausonne | Embaixador francés na RFA | Francia | |
1972 | Roy Jenkins | Político británico | Reino Unido | |
1973 | Salvador de Madariaga | Filósofo e historiador español | España | |
1976 | Leo Tindemans | Primeiro Ministro de Bélxica | Bélxica | |
1977 | Walter Scheel | Presidente da RFA | Alemaña | |
1978 | Konstantin Karamanlis | Primeiro Ministro de Grecia | Grecia | |
1979 | Emilio Colombo | Presidente do Parlamento Europeo | Italia | |
1980 | Non se concedeu | |||
1981 | Simone Veil | Presidente do Parlamento Europeo | Francia | |
1982 | Juan Carlos I | Rei de España | España | |
1984 | Karl Carstens | Presidente da RFA | Alemaña | |
1986 | O pobo de Luxemburgo | Luxemburgo | ||
1987 | Henry Kissinger | Secretario de Estado dos Estados Unidos | Estados Unidos | |
1988 | François Mitterrand | Presidente da República Francesa | Francia | |
1988 | Helmut Kohl | Chanceler de Alemaña | Alemaña | |
1989 | Roger Schutz | Fundador da Comunidade de Taizé | Suíza | |
1990 | Gyula Horn | Ministro de Asuntos Exteriores de Hungría | Hungría | |
1991 | Václav Havel | Presidente de Checoslovaquia | Checoslovaquia | |
1992 | Jacques Delors | Presidente da Comisión Europea | Francia | |
1993 | Felipe González Márquez | Presidente do Goberno de España | España | |
1994 | Gro Harlem Brundtland | Primeiro Ministro de Noruega | Noruega | |
1995 | Franz Vranitzky | Chanceler de Austria | Austria | |
1996 | Beatriz I | Raíña dos Países Baixos | Países Baixos | |
1997 | Roman Herzog | Presidente de Alemaña | Alemaña | |
1998 | Bronisław Geremek | Ministro de asuntos exteriores de Polonia | Polonia | |
1999 | Tony Blair | Primeiro Ministro do Reino Unido | Reino Unido | |
2000 | Bill Clinton | Presidente dos Estados Unidos | Estados Unidos | |
2001 | György Konrád | Escritor e sociólogo | Hungría | |
2002 | O Euro | Unión Europea | ||
2003 | Valéry Giscard d'Estaing | Presidente da Convención Europea | Francia | |
2004 | Pat Cox | Presidente do Parlamento Europeo | Irlanda | |
2004 | Xoán Paulo II [5] | Papa da Igrexa Católica | Polonia | |
2005 | Carlo Azeglio Ciampi | Presidente de Italia | Italia | |
2006 | Jean-Claude Juncker | Primeiro Ministro de Luxemburgo | Luxemburgo | |
2007 | Javier Solana | Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade | España | |
2008 | Angela Merkel | Chanceler de Alemaña | Alemaña | |
2009 | Andrea Riccardi | Italia | ||
2010 | Donald Tusk | Primeiro Ministro de Polonia | Polonia | |
2011 | Jean-Claude Trichet | Presidente de Banco Central Europeo | Francia | |
2012 | Wolfgang Schäuble | Alemaña | ||
2013 | Dalia Grybauskaitė | Presidente de Lituania | Lituania | |
2014 | Herman Van Rompuy | Presidente do Consello Europeo | Bélxica | |
2015 | Martin Schulz | Presidente do Parlamento Europeo | Alemaña | |
2016 | Francisco | Papa da Igrexa Católica | Arxentina | |
2017 | Timothy Garton Ash | Profesor de estudos europeos na Universidade de Oxford | Reino Unido | |
2018 | Emmanuel Macron | Presidente de Francia | Francia | |
2019 | António Guterres | Secretariado das Nacións Unidas | Portugal | |
2020 | Klaus Iohannis | Presidente de Romanía | Romanía | |
2022 | Sviatlana Cichanoŭskaja, María Kalesnikava, Verónica Zepkalo | Políticos da oposición bielorrusa | Belarús | |
2023 | Volodymyr Zelenskyi | Presidente de Ucraína | Ucraína |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.