From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph Antoine Marie Hubert Luns, nado en Róterdam, Países Baixos, en 1911 e finado en Bruxelas, Bélxica, en 2002, foi un político holandés, ministro de Asuntos Exteriores no seu país e secretario xeral da OTAN entre 1971 e 1984.
(1979) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (nl) Joseph Marie Antoine Hubert Luns 28 de agosto de 1911 Rotterdam, Países Baixos |
Morte | 17 de xullo de 2002 (90 anos) Bruxelas, Bélxica |
Lugar de sepultura | The Hague Roman Catholic Cemetery (en) |
5º Secretário-geral da Organização do Tratado do Atlântico Norte (pt) | |
1 de outubro de 1971 – 25 de xuño de 1984 ← Manlio Brosio – Peter Carington, 6.º Barão Carrington (pt) → | |
Membro da Cámara de Representantes dos Países Baixos | |
11 de maio de 1971 – 1 de outubro de 1971 | |
Ministro dos Negócios Estrangeiros (pt) | |
13 de outubro de 1956 – 6 de xullo de 1971 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Leiden Universidade de Ámsterdam London School of Economics Ignatius Gymnasium (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, diplomático |
Partido político | Catholic People's Party (en) (1948–1974) |
Familia | |
Pai | Huib Luns |
Irmáns | Theo Luns |
Premios | |
Estudou xurisprudencia na Universidade de Ámsterdam e Leiden, e máis tarde aumentou os seus estudos na London School of Economics e na Universidade de Berlín.
En 1938 obtivo unha praza de funcionario no Ministerio de Asuntos Exteriores, pero durante a Segunda guerra mundial traballou no goberno holandés no exilio en Londres, así como como diplomático dos aliados en Suíza, Portugal e o Reino Unido.
Entre 1933 e 1936 foi membro do Partido Nacional Socialista dos Países Baixos (Nationaal-Socialistische Beweging in Nederland, NSB), partido con tendencias nazis pero que aínda non falaba abertamente do seu posterior antisemitismo.[1]
Entre 1949 e 1952 foi o representante do seu país na Organización das Nacións Unidas con sede en Nova York.
Máis tarde foi membro do Partido Popular Católico ( Katholieke Volkspartij, KVP) e en 1956 foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou até 1971, baixo os sucesivos gobernos de Willem Drees, Louis Beel, Jan de Quay, Victor Marijnen, Jo Cals, Jelle Zijlstra e Piet de Jong. Durante os seus mandatos negouse a entregar a Nova Guinea Occidental, a parte occidental da illa de Nova Guinea baixo mandato neerlandés, ás autoridades indonesias até que se viu obrigado a facer esta entrega pola administración do presidente estadounidense John F. Kennedy.
En 1967 foi galardoado co Premio Internacional Carlomagno, concedido pola cidade de Aquisgrán, polos seus esforzos a favor da unidade europea. Dous anos despois foi o home máis popular do seu país segundo unha enquisa.[2]
Asinante no lado holandés do Tratado de Roma que marcou a fundación da Comunidade Económica Europea (CEE), bloqueou posteriormente varios intentos de Charles de Gaulle e Konrad Adenauer de crear unha unión política por temor a crear un "condominio europeo franco-alemán".
En outubro de 1971, foi nomeado quinto secretario xeral da OTAN, en substitución do italiano Manlio Brosio.[3][4] Durante a súa etapa á fronte da Secretaría Xeral da OTAN avogou por un rearme europeo a grande escala mediante a instalación de mísiles de cruceiro para facer fronte ao bloque do leste.
O seu apoio explícito á política colonial do portugués Antonio de Oliveira Salazar nas colonias de Mozambique e Angola valeulle as críticas de moitos países africanos, pero ao mesmo tempo recibiu o apoio dos Estados Unidos de América. En decembro de 2022, documentos desclasificados do Servizo Nacional de Seguridade neerlandés (BVD) sobre obxectivos de investigación entre 1948 e 1998, mostraron que Luns rompeu o embargo de armas ao goberno salazarista do Estado Novo.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.