Pere Pau Ripollès Alegre, nado en Castelló de la Plana en 1953, é un recoñecido arqueólogo e numismático español, catedrático da Universidade de Valencia.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 Castelló de la Plana, España |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade de Valencia |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía |
Ocupación | arqueólogo, historiador, numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Valencia |
Membro de | |
Influencias | Martín Almagro-Gorbea |
Obra | |
Doutorando | Tomás Hurtado, Núria Lledó, Manuel Gozalbes, Rosario Cebrián, Marivi Gomis, María M. Llorens, Carmen Delegido, David Martínez Chico [1] |
Premios | |
- 1998: Jeton de Vermeil, da SFN . - 2016: Medalla da Royal Numismatic Society. | |
Sitio web | uv.es… |
Traxectoria
Ripollès concluíu na Universidade de Valencia os seus estudos superiores de Historia e Xeografía en 1978, e posteriormente doutorouse en Arqueoloxía, cunha tese titulada La circulación monetaria en la Tarraconense Mediterránea(1982), dirixida por Martín Almagro-Gorbea e centrada nas emisións monetarias na cidade ibera de Saetabis (Xàtiva).[3]
Nesa universidade desenvolveu a súa actividade académica entre 1980 a 1984 como profesor axudante no Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía, posteriormente como profesor asociado (1984-1986) e finalmente como profesor titular, posto que ocupa desde (1986).[4]
Malia a súa estreita vinculación á universidade valenciana, os seus estudos numismáticos estendéronse por todo o mundo; Ripollès foi profesor e investigador visitante en diversos centros científicos e de ensino superior como a Universidade de Oxford, a Universidade de Boloña, A Escuela Española de Historia y Arqueología de Roma, o Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, o Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, a American Numismatic Society ou o Kungliga Myntkabinettet ("Gabinete Real de Moedas") de Estocolmo.[5]
Ademais da súa dedicación académica, é moi salientable a súa actividade dentro da comunidade numismática internacional, fundamentalmente como membro correspondente da Real Academia de la Historia (Madrid) desde 2000, como editor do Internacional Numismatic e-Newsletter do Consello Internacional de Numismática (2009-2015) e, desde 2015 a 2022, como vicepresidente desta institución.[6][7][8]
Publicacións
Roman Provincial Coinage
- Artigo principal: Roman Provincial Coinage.
Xunto con outros autores, Ripollès participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[9][10]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Ripollès:[11]
- (1992): The Roman Provincial Coinage. Volume I. Con A. Burnett e M. Amandry. British Museum. Londres. ISBN 0 7141-0871-5
- (2006): Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Con M. Amandry, A. Burnett e I. Carradice. ISBN 978-84-690-5987-6. Texto en liña
- (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Con M. Amandry, A. Burnett, I. Carradice et al. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-333-1. Texto en liña
- (2015): Roman Provincial Coinage. Consolidated supplement I-III. Con M. Amandry, A. Burnett, I. Carradice et al. General Editors. ISBN 978-1-910807-06-4. Texto en liña
- (2017): Roman Provincial Coinage. Supplement 4. Con M. Amandry, A. Burnett et al. Texto en liña
Outras publicacións
Ademais, a Ripollès débenselle centos de artigos e colaboracións en obras colectivas sobre tema numismático. Esta é unha escolla, non exhaustiva, das súas obras monográficas máis salientables:[12][13][14][15]
- (1977): Sinopsis de Epigrafía Latina Castellonense, Monografías de Prehistoria y Arqueología Castellonenses 1. Castellón de la Plana.
- (1980): La circulación monetaria en las Tierras Valencianas. Asociación Numismática Española. Barcelona. ISBN 9788485060160
- (1982): La circulación monetaria en la Tarraconense Mediterránea. Deputación Provincial de Valencia. ISBN 84-500-8390-7. Texto en liña
- (1986): Le monete ispaniche nelle collezioni italiane. Con E. A. Arslan e M. Almagro. 2 vol. Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato. Roma.
- (1988): La ceca de Valentia. Generalitat Valenciana. Valencia. ISBN 84-7579-502-1. Texto en liña
- (1994): Hallazgo numismático en la calle Libertad -Seu de Les Corts Valencianes-. Con M. Llorens e C. Matamoros. Corts Valencianes. Valencia. ISBN 84-482-0783-1. Texto en liña
- (1996): Las monedas de la ciudad romana de Segobriga (Saelices, Cuenca). Con J. M. Abascal. Asociación Numismática Española / Museo Casa de la Moneda. Barcelona / Madrid.
- (1997): El tesoro de la familia Ferrer de Plegamans. Con A. Martínez. Generalitat Valenciana. Valencia. ISBN 84-482-1542-7. Texto en liña
- (1997): Monedes d'ahir, tresors de hui. Con M. Llorens e C. Doménech. Catálogo de exposición. Diputació de València. ISBN 84-7795-121-7 Texto en liña
- (1998): Les encunyacions ibèriques de Lauro. Con M. Llorens. Ajuntament de Granollers e Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Granollers. ISBN 84-930014-0-6
- (1999): Els diners van i vénen. Con M. Llorens. Catálogo de exposición. Museu de Prehistòria. Valencia. ISBN 84-7795-207-8 Texto en liña
- (2000): Monedas Hispánicas. Con J. M. Abascal. Real Academia da Historia. Madrid. Texto en liña
- (2002): Arse-Saguntum. historia monetaria de la ciudad y su territorio. Con M. Llorens. Fundación Bancaja. Sagunto. ISBN 84-8471-027-0
- (2005): Monedas Hispánicas de la Bibliothèque nationale de France. Real Academia da Historia. Madrid. ISBN 84-95983-52-4. Texto en liña
- (2007): Las acuñaciones de la ciudad ibérica de Saitabi. Universidade de Valencia. ISBN 978-84-370-6789-6
- (2010): Las acuñaciones provinciales romanas de Hispania. Real Academia da Historia. Madrid.
- (2013): Ancient Iberian Coinage. Publicación electrónica. Museu de Prehistòria de Valéncia. ISSN 2254-2493 Texto en liña
- (2013): The Archaic Coinage of Emporion. Con J-A. Chevillon. Separata de The Numismatic Chronicle. The Royal Numismatic Society. Londres. Texto en liña
- (2017): The Iberian Coinages, 6th-1st century BC. Separata de The Numismatic Chronicle. The Royal Numismatic Society. Londres. Texto en liña
Recoñecementos
Pere Pau Ripollès foi galardoado en 1998 co Jeton de Vermeil, recoñecemento outorgado pola Société Française de Numismatique.[16]
Foi recoñecido tamén, en 2016, coa prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society, da que foron merecedores no seu día numismáticos da relevancia internacional de Ernest Babelon, Barclay Head, Harold Mattingly, Humphrey Sutherland ou Robert Carson.[17][18][19][20]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.