Numismático inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Carol Humphrey Vivian Sutherland, nado o 5 de maio de 1908 en Merton Park, no condado inglés de Surrey, e finado o 14 de maio de 1986, durante unha viaxe a Australia, foi un numismático inglés. Coñécese máis comunmente pola forma reducida Humphrey Sutherland.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1908 Surrey, Reino Unido |
Morte | 14 de maio de 1986 (78 anos) Australia |
19º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1948 – 1953 ← Harold Mattingly – Michael Grant → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Museo Ashmolean |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | historiador , numismático |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
- Medalla Huntington da American Numismatic Society (1950). - Comendador da Orde do Imperio Británico (1970). - Medalla de prata da Royal Numismatic Society (1954) | |
Sutherland era o irmán máis novo do pintor Graham Sutherland. Recibiu a súa educación inicialmente na Westminster School, en Londres, e posteriormente na Christ Church, en Oxford.
En 1932 ocupou o posto de conservador axudante no gabinete numismático do Museo Ashmolean, e a partir de 1939 foi profesor de numismática na Universidade de Oxford. En 1957 foi ascendido no Museo Ashmolean ao posto de conservador titlular do gabinete numismático, cargo que exerceu ata a súa xubilación en 1975.[2]
Entre os diversos recoñecementos recibidos ao longo da súa carreira son de salientrar o de comendador da Orde do Imperio Británico, en 1970, e a medalla da Royal Numismatic Society en 1954.[3]
En asociación co numismático inglés Harold Mattingly, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Sutherland participou na elaboración do catálogo monumental titulado The Roman Imperial Coinage ("A moeda imperial romana") que recolle toda a produción monetaria do Imperio Romano desde a Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade tardía, no ano 491 d. de C.[4] En concreto, Mattingly e Sutherland encargáronse do volume IVb, de Macrino a Pupieno (217-238), publicado en 1938, e do volume IVc, de Gordiano III a Uranio Antonino (238-253), publicado en 1949.[5] Posteriormente, logo do falecemento de Mattingly en 1964, Sutherland e R. A. G. Carson asumiron conxuntamente a dirección editorial dos traballos.[6]
En 1978, R. A. G. Carson e outros autores editaron unha obra conxunta en homenaxe a Sutherland, titulada Scripta Nummaria Romana. Essays Presented to Humphrey Sutherland, que agrupa contribucións de máis dunha ducia de autores sobre numismática romana, así como unha bibliografía de Sutherland compilada por J. M. Trafford.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.