Ian Carradice

numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Ian A. Carradice, nado en Kendal, Cumbria, Reino Unido, o 10 de xullo de 1953 é un numismático inglés considerado como unha das máximas autoridades nas cuñaxes da Grecia antiga, Roma, Persia e Cartago, e na historia dos museos.[1][2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ian A. Carradice
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1953
Cumbria, Reino Unido
Director de museo
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
Educación- Universidade de Liverpool
- Universidade de St Andrews
Q89547790- Estudos de numismática antiga.
- Conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico
Actividade
Campo de traballoNumismática e museística
Ocupaciónnumismático
EmpregadorUniversidade de St Andrews
Familia
CónxuxeInes Urioste
Premios
Lhotka Memorial Prize: 1978, 1988 e 1990
Pechar

Traxectoria

Ian Carradice graduouse en Arte na Universidade de Liverpool en 1973, e obtivo o seu doutoramento en 1980 na Universidade de St Andrews, en Escocia.[3]

Igresou en 1977 no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, no que exerceu o seu labor de conservador das moedas antigas de Oriente Medio ata 1989, cando ingresou en Saint Andrews para exercer docencia.[4][5]

En 1987 foi o relator invitado para os seminarios de verán da American Numismatic Society.[6]

En Saint Andrews ocupou o posto de profesor de numismática antiga e dirixiu os museos da institución, ata que se xubilou en 2012, motivo polo que a universidade organizou un simposio na súa honra.[3][7]

Logo do seu retiro, Carradice entrou a formar parte do Comité de Valoración de Tesouros, do Goberno británico, en febreiro de 2012.[8]

Ao longo da súa carreira académica, Ian Carradice foi un dos colaboradores no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, concibido inicialmente para a publicación dos catálogos das moedas da Antiga Grecia presentes tanto nas coleccións públicas como nas privadas de Gran Bretaña e posteriormente ampliado a diferentes países do mundo.[9][10][11]

Vida persoal

Carradice casou en 1982 con Ines Urioste e tivo tres fillas: Alice, Ellen e Grace.[12]

Recoñecementos

Ian Carradice foi merecedor en tres ocasións do premio Lhotka Memorial, outorgado pola Royal Numismatic Society de Londres a autores de publicacións en inglés que resulten de particular relevancia para a introdución no ámbito numismático. As obras premiadas foron Ancient Greek Portrait Coins (1978), Coinage in the Greek World (1988) e The Coin Atlas (1990).[13]

Publicacións

Roman Provincial Coinage

Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, Carradice participou no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]. Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Carradice:[16]

Outras publicacións

  • (1978): Ancient Greek portrait coins. British Museum. Londres, ISBN 0714108499
  • (1982): A catalogue of Roman coins, Augustus to Commodus, in the collections of the Royal Scottish Museum, Edinburgh. Royal Scotish Museum. Edimburgo.[17]
  • (1983): Coinage and finances in the reign of Domitian. British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860542285
  • (1987): Coinage and administration in the Athenian and Persian Empires. The Ninth Oxford Symposium on Coinage and Monetary History (St. Hilda's College in April 1986). British Archaeological Reports. Oxford. ISBN 9780860544425
  • (1988): Coinage in the Greek world. Spink. Londres. Con Martin Price. ISBN 0900652829
  • (1990): The coin atlas: The world of coinage from its origins to the present day. Macdonald. Londres. Con Joe Cribb e Barrie Cook. ISBN 978-0816020973
  • (1992): Sylloge Nummorum Graecorum: Volume VI: The Lewis Collection in Corpus Christi College, Cambridge, Part II, The Greek Imperial Coins. Oxford University Press. ISBN 978-0197260890
  • (1995): Greek coins. British Museum. Londres. ISBN 0714122106
  • (2007): The Roman imperial coinage. Volume II, part 1, From AD 69-96, Vespasian to Domitian. Spink, Londres. Con T. V. Buttrey. ISBN 9781902040844
  • (2010): Les monedes de Vespasià de la Provincia Tarraconensis : 69-70 dC. Societat Catalana d'Estudis Numismàtics. Barcelona. Con Sanahuja, X. e Benagues, J. ISBN 9788492583874

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.