Theodore V. Buttrey
numismático estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Theodore V. Buttrey, nado o 29 de decembro de 1929 en Havre, Montana, e finado o 9 de xaneiro de 2018 foi un profesor de linguas clásicas, investigador e divulgador numismático estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1929 Havre, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 9 de xaneiro de 2018. |
28º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1989 – 1994 ← John Kent – David Michael Metcalf → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | ![]() |
Q89547790 | Estudos de numismática antiga. |
Actividade | |
Campo de traballo | Linguas clásicas, numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Míchigan |
Membro de | |
Premios | |
1983: Medalla da RNS. 1996: Medalla Huntington (ANS). 2011: Medalla W. Hahn (UV). | |
Lista
|
Traxectoria
Buttrey concluíu a súa educación secundaria en 1946 na Philips Exeter Academy, en Exeter, Nova Hampshire. Posteriormente cursou Estudos Clásicos na Universidade de Princeton, onde se graduou en 1950 e acadou o seu doutoramento en 1953 coa tese Studies in the Coinage of Marrk Antony, publicada o ano seguinte pola American Numismatic Society (ANS) nunha versión abreviada.[1][2][3]
Xa en 1952 interveu na primeira edición dos seminarios estivais da American Numismatic Society. Logo da súa graduación foi profesor na Universidade Yale (1954-1964), na que, ademais da docencia, exerceu como conservador da súa colección numismática entre 1962 e 1964. Ese último ano deixou Yale e continuou o seu labor académico como profesor asociado de Linguas Clásicas na Universidade de Míchigan, onde logrou o posto de profesor titular en 1968. Nesta universidade encargouse tamén de dirixir o Museo Kelsey de Arqueoloxía entre 1969 e 1971.[1][2][3]
O centro de interese das súas investigacións foi sempre o mundo antigo, sobre o que versan practicamente todas as súas publicacións, e tamén participou en diversas escavacións arqueolóxicas. En 2007 encargouse, xunto con Ian Carradice, dunha reedición do volume segundo de Roman Imperial Coinage.[1]
Buttrey xubilouse en 1985 e, a partir dese momento, trasladouse a Cambridge, Inglaterra, onde exerceu como conservador do Museo Fitzwilliam entre 1998 e 1991.[1][3]
En paralelo á numismática antiga, Buttrey foi tamén un experto na moeda Mexicana, e é autor do catálogo Guidebook of Mexican Coins (1969).[1][3][4]
Entre outras sociedades científicas e entidades académicas, foi membro da American Academy in Rome, a American Numismatic Society, a American School in Athens, a American Philological Association, o Archaeological Institute of America, a Royal Numismatic Society (Londres) e a Société française de numismatique (París).[2]
Theodore V. Buttrey converteuse nun personaxe moi coñecido nos EEUU a partir dunha serie documental sobre o mundo antigo conducida por el e producida polo centro de medios audiovisuais da Universidade de Míchigan, que foi emitida por máis de 75 canles de televisión por todo o país.[1][2]
Recoñecementos
- (1983): Medalla da Royal Numismatic Society.[5]
- (1996): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[6]
- (2011): Medalla Wolfgang Hahn, do Instituto de Numismática e Historia Monetaria de Viena.[7][8][9]
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Theodore V. Buttrey ao longo da súa carreira académica:[10][11][12]
- (1956). The triumviral portrait gold of the 'quattuorviri monetales' of 42 B.C. American Numismatic Society, Nova York.
- (1963). A guide book of Mexican decimal coins, 1863-1963. Whitman Pub. Co., Racine.
- (1969). A guide book of Mexican coins, 1822 to date (con H. Wallace e N. Shafer). Whitman Pub. Co., Racine.
- (1973). Coinage of the Americas. American Numismatic Society, Nova York.
- (1980). Cosa: the Coins (con M. T. Marabini). American Academy in Rome. ISBN 9788870060171.
- (1980). Documentary evidence for the chronology of the Flavian titulature. Hain, Meisenheim. ISBN 9783445021151
- (1981). Greek, Roman, and Islamic coins from Sardis. Harvard University Press. ISBN 9780674363052
- (1981). More on the Athenian coinage law of 375 / 4 B.C. Gaggiani-Bizzozero, Lugano
- (1989). Morgantina studies. Results of the excavations conducted at Morgantina by Princeton University, the University of Illinois and the University of Virginia. Vol. 2: the coins. Princeton University Press. ISBN 9780691200637
- (1993). The Sanctuary of Santa Venera at Paestum (con J. G. Griffiths e M. Torelli). Bretschneider, Roma. ISBN 9788876890758
- (1997). The Extramural sanctuary of Demeter and Persephone at Cyrene, Libya. Volume 6. The Coins (con I Donald Macphee). The University Museum, Filadelfia. ISBN 9780924171482
- (2004). Roman Egyptomania (con S-A. Aston e A. Popescu). Golden House, Londres. ISBN 9780954721855.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.