Cumbria

condado administrativo do noroeste de Inglaterra From Wikipedia, the free encyclopedia

Cumbriamap

Cumbria[1] é un condado administrativo situado na zona noroeste de Inglaterra, no Reino Unido. Os seus límites están no mar de Irlanda ao oeste e o cordal dos Peninos ao leste. A súa capital é Carlisle. Ocupa unha área de 6.768 km² e a súa poboación aproximada é de 489.829 habitantes. A segunda cidade maior de Cumbria é Barrow-in-Furness cunha poboación de 71.980 habitantes.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Cumbria
Imaxe

Localización
 54°30′N 3°15′O
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNoroeste de Inglaterra
CapitalCarlisle
Contén a división administrativa
Allerdale (en) (–2023)
Barrow-in-Furness (en) (–2023)
Carlisle (en) (–2023)
Copeland (en) (–2023)
Cumberland (en) (2023–)
Eden (en) (–2023)
South Lakeland (en) (–2023)
Westmorland and Furness (en) (2023–)
Poboación
Poboación499.781 (2020) (73,86 hab./km²)
Número de fogares240.149 (2011)
Xeografía
Superficie6.766,5996 km²
Punto máis altoScafell Pike (pt) (978 m)
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1974
Organización política
Órgano lexislativocouncil of Cumbria County Council (en) ,
ISO 3166-2GB-CMA
Código NUTSUKD1

Sitio webcumbria.gov.uk
Pechar

Cumbria limita cos condados de Northumberland, Durham, North Yorkshire, Lancashire e as zonas administrativas escocesas de Dumfries and Roxburgh, Ettrick e Lauderdale.

Componse de seis distritos: Allerdale, Barrow-in-Furness, Carlisle, Copeland, Eden e South Lakeland.

Cumbria creouse en 1974 e cobre os condados tradicionais de Cumberland e Westmorland, máis a zona dos Furness do condado de Lancashire e unha zona de Yorkshire. O nome "Cumbria" utilizouse para designar a rexión durante séculos.

Despois da creación do condado administrativo de Cumbria, algúns habitantes, sobre todo os que naceron ou medraron na zona, seguen referíndose á zona de Furness polo nome tradicional do seu condado: Lancashire.

A cultura da zona foi céltica e o seu nome deriva do nome da área en lingua cúmbrica. Está conectado etimoloxicamente co termo galés Cymru que significa Gales. Cumbria é unha das zonas máis celtas de toda Inglaterra.

A abadía de Furness.

En Cumbria encóntrase o Parque Nacional Lake District, considerado unha das zonas máis fermosas de toda Gran Bretaña. O punto máis alto do condado (e de toda Inglaterra) sitúase en Scafell Pike cunha altura de 978 metros sobre o nivel do mar.

Demografía

Poboación: 496.200 habitantes,[cando?] densidade: 73 hab./km².

Lugares de interese

  • Abadía de Furness
  • Castelo de Hartley
  • Castelo de Sizergh

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.