Andrew Burnett

numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia

Andrew Burnett

Andrew Michael Burnett, nado o 23 de maio de 1952, é un numismático e conservador museístico británico especializado na moeda da Antiga Roma.[1][2]

Burnett graduouse na Universidade de Oxford e formouse tamén no Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Londres.[3]

Burnett dirixiu o Museo Británico desde 2003 ata 2013, e anteriormente fora conservador do Departamento de Moedas e Medallas desta institución entre 1992 e 2003.[1]

En 2013 foi elixido presidente da Real Sociedade de Numismática, de Londres, cargo que ocupou ata 2018.[4]

Recoñecementos

O 6 de maio de 1982, Burnett foi elixido membro da prestixiosa Sociedade de Anticuarios de Londres e un ano máis tarde, en 2003, da Academia Británica, que é a academia do Reino Unido para as humanidades e as ciencias sociais.[1][3][5]

En 2012 recibiu o nomeamento como Comendador da Orde do Imperio Británico "polos seus servizos ao Museo Británico e á numismática".[6]

En 2006 outorgóuselle o premio Ya’akov Meshorer, do Museo de Israel, en Xerusalén.[7]

En 1993 recibiu a medalla da Royal Numismatic Society.[8] Desa mesma entidade xa recibira o premio Lhotka nas edicións de 1978, 1987 e 1991.[9]

En 2020 foi galardoado co premio Derek Allen, da Academia Británica, "pola súa salientable contribución ao desenvolvemento do estudo das cuñaxes do Imperio Romano e unha carreira de servizo público".[10]

Burnett é profesor honorario de arqueoloxía da universidade pública londiniense University College London.

En 2016 foi elixido membro honorífico da Real Sociedade Numismática de Bélxica, con ocasión do 175 aniversario da institución.[11]

Na súa honra publicouse ademais un Festschrift académico en 2015, que foi editado por Roger Bland e Dario Calomino co título de Studies in Ancient Coinage in Honour of Andrew Burnett.[12][13]

Publicacións numismáticas

Roman Provincial Coinage

Artigo principal: Roman Provincial Coinage.

Xunto con outros autores, participa no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, e do que foi editor xeral. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[14][15]

Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Burnett:[16]

  • (1992): The Roman Provincial Coinage. Vol. I. From the death of Caesar to the death of Vitellius (44 BC–AD 69). Con P. P. Ripollès e M. Amandry. Londres. ISBN 0 7141-0871-5
  • (1999): Roman Provincial Coinage. Vol. II. From Vespasian to Domitian (AD 69–96). Con M. Amandry e I. Carradice. ISBN 978-0714108988
  • (2015): Roman Provincial Coinage. Vol. III. From Nerva to Hadrian (AD 98–138). Con M. Amandry, W. Metcalf et al.
  • (1998): Roman Provincial Coinage. Supplement 1. Con M. Amandry e P. P. Ripollès.
  • (2006): Roman Provincial Coinage. Supplement 2. Con M. Amandry, P. P. Ripollès e I. Carradice. ISBN 978-84-690-5987-6. Texto en liña.
  • (2014): Roman Provincial Coinage. Supplement 3. Con M. Amandry, P. P. Ripollès, I. Carradice et al. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-333-1. Texto en liña
  • (2015): Roman Provincial Coinage. Consolidated supplement I-III. Con M. Amandry, A. Burnett, I. Carradice et al. General Editors. ISBN 978-1-910807-06-4. Texto en liña.
  • (2017): Roman Provincial Coinage. Supplement 4. Con M. Amandry, A. Burnett et al. Texto en liña.

Coin Hoards from Roman Britain

Andrew Burnett foi tamén autor e editor dalgúns volumes da serie Coin Hoards from Roman Britain, publicada polo Museo Británico, na que se catalogan e se analizan os achados de moedas romanas nas Illas británicas. Estes son os volumes da serie que contaron coa súa participación:

Outras obras

Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Burnett é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[17][18][19]

  • (1977): The coins of late antiquity AD 400-700. British Museum. Londres. ISBN 9780714100678
  • (1981): Coin hoards from Roman Britain. Vol. 2. British Museum. Londres. Con R. A. G. Carson. ISBN 9780861590315
  • (1987): The Coinage of the Roman world in the Late Republic : Proceedings of a colloquium held at the British museum in September 1985. Bar Publishing. Oxford. Con M. H. Crawford. ISBN 9780860544203
  • (1987): Coinage in the Roman world. Spink & Son Ltd. Londres. ISBN 978-0900652844
  • (1998): Coins of Macedonia and Rome: essays in honour of Charles Hersh. Spink. Londres. Con R. Witschonke et al. ISBN 9781902040028
  • (1991). Coins (Interpreting the Past). University of California Press. Berkeley. ISBN 978-0520076280
  • (1991): La numismatique romaine. De la République au Haut-Empire. Ed. Errance. ISBN 978-2903442699
  • (2001): Behind the scenes at the British Museum. British Museum Press. Londres. Con J. Reeve. ISBN 978-0714121963
  • (2005): Coinage and Identity in the Roman Provinces. Oxford University Press. Con C. Hougego e V. Heuchert.
  • (2017): Roman coins, money, and society in Elizabethan England : Sir Thomas Smith's On the wages of the Roman footsoldier. American Numismatic Society. Nova York. Con R. Simpson et al. ISBN 9780897223522
  • (2018): Coins of the Roman revolution (49BC-AD14) : evidence without hindsight. Classical Press of Wales. Con A. Powel. ISBN 9781910589762

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.