numismático francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Michel Amandry, nado en 1949, é un numismático francés, especializado en moeda imperial romana, que compaxinou o cargo de director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia entre 1991 e 2013, co seu labor como profesor en diversas universidades francesas.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Francia |
Director de museo | |
Presidente Société Française de Numismatique | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa |
Educación | - Universidade de Estrasburgo - Universidade da Sorbona |
Q89547790 | - Publicacións numismáticas. - Conservador e director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | bibliotecario, profesor universitario, numismático |
Empregador | Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, director de museo (1991–2013) École pratique des hautes études, adjunct professor (en) |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Pierre Amandry |
Premios | |
- 1988: Premio Delapierre. - 1993: Medalla Bjornstad. - 1989 e 1999: Premio Allier de Hauteroche. 2001: Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito. - 2002: Premio Duchalais. - 2004: Medalla Huntington. - 2004: Medalla da Royal Numismatic Society - 2006: Premio Ya'akov Meshorer. - 2013: Premio Jeanine el Roland Plottel. - 2013: Cabaleiro da Orde da Lexión de Honor. - (2017) Medalla Gunnar Holst. | |
Michel Amandry é fillo do arqueólogo Pierre Amandry. Logo da súa graduación na Universidade de Estrasburgo, en 1979 acadou na Sorbona, en París, o doutoramento en historia da arqueoloxía do antigo Mediterráneo, cunha tese sobre as emisións do diuumviro en Corinto (45 a. de C. - 69 d. de C.).[1][3]
Logo de exercer diversos traballos ingresou no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente en prácticas. En 1980 foi nomeado conservador especialista da Biblioteca e en 1992 conservador xefe. Entre 1991 e 2013 ocupou ademais na Biblioteca o posto de director do Gabiniete de Medallas, do que continúa a ser director honorario.[1][4]
Ademais de conferencias e lectorados impartidos en entidades como a Sorbona e a Escola do Louvre, Amandry foi tamén profesor visitante da American Numismatic Society e na Universidade de Oxford.[1] Tamén foi profesor de numismática na Escola Práctica de Altos Estudos de París, da que é director de estudos emérito.[5]
O seu interese como investigador céntrase na moeda e a circulación monetaria do Imperio Romano.[2]
Foi secretario da Sociedade Francesa de Arqueoloxía Clásica (1990-1998), presidente da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia (2012) e presidente do Centro de Estudos Chipriotas (1997-2002), e desde 2015 preside a Sociedade Francesa de Numismática.[1] Amandry é membro correspondente da Academia Austríaca das Ciencias, desde 2008, e do Instituto alemán de Arqueoloxía, así como dun bo número de asociaións numismáticas nacionais e internacionais, como a Sociedade Numismática de Chipre, a Sociedade Numismática de Israel, a Sociedade Real de Numismática de Bélxica, a Real Academia da Historia, de España, ou a Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos, do Reino Unido.[6][7][8] Entre 2003 e 2009, foi presidente do Consello Internacional de Numismática.[1][9]
Michel Amandry participou na publicación de numerosos traballos numismáticos a partir de 2003. Entre outros, foi coeditor do Survey of Numismatic Research, coautor de dous volumes de Roman Provincial Coinage e tamén coautor e editor do Dictionnaire de numismatique publicado en 2001. Foi director da Revue Numismatique e editor de Trésors Monétaires a partir de 1992. Entre 1995 e 2002, foi o responsible das Pratiques monétaires dans le monde (”Prácticas monetarias no mundo") do Centro Nacional da Investigación Científica de Francia.[1]
En 2004 foi merecedor de dúas das máis prestixiosas condecoracións internacionais no ámbito da numismática: a medalla Huntington, da American Numismatic Society, e a medalla da Royal Numismatic Society.[10][11] Ademais, no seu país foi nomeado cabaleiro da Orde Nacional do Mérito (2001) e da Orde da Lexión de Honor (2013).[1][8] En Austria foi nomeado socio de honra da Sociedade Numismática Austríaca.[12]
Algúns outros dos numerosos recoñecementos de Amandry son os seguintes:[1]
Xunto con outros autores, Amandry participou no proxecto Roman Provincial Coinage, da Universidade de Oxford e apoiado polo Museo Británico e a Biblioteca Nacional de Francia, do que foi o seu editor xeral, xunto con Andrew Burnett. Este proxecto estuda e cataloga as moedas provinciais romanas desde a morte de César ata o século II d. de C. Algúns dos seus volumes previstos (e os seus suplementos de actualización) están publicados e outros aínda en proceso, aínda que accesibles a través da web.[18][19]
Estes son os volumes publicados da serie Roman Provincial Coinage coa participación de Amandry:[20]
Desde 1979, o Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia publica unha serie de lribros que recolle os achados monetarios producidos en Francia. Trátase dun proxecto no que interveñen os servizos arqueolóxicos rexionais e entidades locais e provinciais de conservación[21]. Lístanse a seguir os volumes desta serie cuxo autor é Michel Amandry:
Ademais dun bo número de artigos publicados fundamentalmente en revistas do ámbito numismático, Amandry é autor de diversas monografías, entre as que se poden destacar as seguintes:[22][23][24]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.