From Wikipedia, the free encyclopedia
Os nefrozoos (Nephrozoa) son un dos grandes clados en que se dividiron os animais bilaterais, subdividido en protóstomos e deuteróstomos, que contén case todos os filos de animais con aproximadamente un millón de especies. O seu clado irmán é o dos Xenacoelomorpha. Os Ambulacraria (convencionalmente deuteróstomos) eran antes considerados un grupo irmán dos Xenacoelomorpha, formando os Xenambulacraria como Deuteróstomos basais ou Bilateria basais, o que invalidaba os Nephrozoa e os Deuteróstomos en previos estudos.[1][2][3] O celoma, o tracto dixestivo, os órganos excretores (nefridios), e os cordóns nerviosos están desenvolvidos nos Nephrozoa.[4] Argumentouse que, debido a que os protonefridios só se atopan nos protóstomos, non poden considerarse como unha sinapomorfía deste grupo. Isto faría que Nephrozoa fose un nome inapropiado, quedando Eubilateria como nome deste clado.[5]
Nefrozoos Rango fósil: Ediacárico - Holoceno, 558 Ma-0 Ma | |||||
---|---|---|---|---|---|
Diversidade dos nefrozoos | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Filos | |||||
| |||||
Sinonimia | |||||
Eubilateria Peter Ax, 1987 |
Os cordados (que inclúen todos os vertebrados) son deuteróstomos.[6] Parece moi probable que o fósil de hai 555 millóns de anos Kimberella fose un protóstomo.[7][8] De ser así, isto significa que as liñaxes dos protóstomos e os deuteróstomos deberon de separarse algún tempo antes de que aparecese Kimberella, polo menos hai 558 millóns de anos e, por tanto, bastante antes do comezo do Cámbrico hai 538,8 millóns de anos.[6]
Bilateria |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.